O mércores 15 de Maio celebrouse en
Trabada unha xuntanza da comisión xestora da Reserva da Biosfera
Oscos Eo e Terras de Burón. Sabemos algo desa xuntanza por unha nota
de prensa. O día 31 de Maio celebrouse unha nova xuntanza no
concello de Ribadeo, pero deste acto non se deu nota de prensa polo
tanto descoñecemos quen estivo na xuntanza, cal foi a orde do día,
os acordos se os houbo, etc.

Na
xuntanza de Trabada un dos obxectivos prantexados é aprobar o
documento básico da Reserva das Biosfera.

Pois
ben, se non se cambiou a redacción do documento inicial, neste
figura 18 veces a denominación Ría del Eo e unha vez a fórmula Ría
del Eo o de Ribadeo.

Como
xa empeza a saberse, pesie aos reiterados esforzos por ocultalo, o
día 12 de Marzo de 2008 a Comisión de Nombres Geográficos do
Consejo Superior Geográfico ratificou sen nengún xénero de dúbidas
que o único toponímico legal era Ría de Ribadeo e ainda engadiu “…
no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la de
Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado
recientemente y erroneo…”.

Este
acordo foi rexeitado por unanimidade polo Parlamento asturiano tras
unha moción de Izquierda Unida, pero curiosamente non foi recurrido
en via administrativa e tampouco foi recollido nen publicitado polo
concello de Ribadeo. Despois saeu o libriño, editado pola
Asociaciación Puente de los Santos, en versión galega e castelá
baixo os tiduos “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e
“La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas” redactado no outono do
2008 e repartido polo Sr. Alcalde de Ribadeo aos colexios, foto na
porta do concello incluida, o día 18,05,09. O devadito libriño
utiliza, na edición castelá, a formula Ría del Eo e na edición
galega a fórmula Ría do Eo ou de Ribadeo en aberta contradiccón co
acordo da GENC. Xa teño publicado que centos ou miles de escolantes
e profesores terán ocasión de aprender ao longo de moitos anos que
esta ría ten dous nomes, gracias a colaboura inapreciable do Sr
Alcalde de Ribadeo, D. Fernando Suárez Barcia.

Recentemente
o concello de Ribadeo ven de aprobar unha rua co nome de Ría de
Ribadeo, mesmo hai poucos días ven de aprobarse por unanimidade una
moción sobre o nome legal da ría e mais sobre o uso preceptivo dos
toponímicos oficiais por toda a administración pública española.

Efectivamente
o art 19-2 do RD. 1545/07 que regula o Sistema Cartográfico Nacional
di textualmente: “… Salvaguardando los intereses y necesidades de
la Defensa nacional, la Cartografía Oficial Registrada será
de uso obligatorio para todas las administraciones públicas…”
.
Enténdese que se refire a actos e documentos de carácter oficial, o
que tamén está perfectamente definido na Lei 7/1986 de Ordenación
da Cartografía.

Dito
o anterior volvemos ao comezo. A documentación básica da Reserva da
Biosfera utiliza 18 veces a expresión Ría del Eo e unha vez a
expresión Ria del Eo o de Ribadeo. Suponse que o Sr. Alcalde de
Ribadeo será a persoa mais indicada para lembrarlle aos membros da
xestora que os documentos da Reserva están obrigados a utilizar os
topónimos legais e neste caso o da Ria de Ribadeo. Para ésto non
fai falla provocar polémicas, nen aspaventos dos que xa estamos ben
sobrados, abonda con poñer a cada un no seu sitio.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/06/06/a-reserva-da-biosfera-e-o-nome-da-ria/

#ReservaDaBiosfera #sociedade

A RESERVA DA BIOSFERA E O NOME DA RIA. Artigo de Evaristo Lombardeo Rico – Ribadeando

Ben conservada está a reserva da biosfera… Sete anos despois da súa creación constitúese o órgano que ten que rexila. Reserva da biosfera do Eo, Oscos e Terras de Burón. Se un pasa cara a Madrid, por exemplo, recorre pola reserva uns oitenta km dende Ribadeo, con paisaxes e terras que pouco teñen que ver, amalgamados na protección dunha mesma figura.

Unha curiosidade na wikipedia española: La reserva sigue el curso del río Eo
hasta su desembocadura. Tiene más de 97 familias de plantas y 219
taxones de aves. Algunas empresas han mostrado el interés en explotar
los yacimientos de metales preciosos que parece contiene la Reserva.

A mesma wikipedia, na mesma páxina, establece un pouquiño máis enrriba: (Elemento de la futura Reserva de la Biosfera Gran Cantábrica).

Sumémoslle a esa amplitude tanto en extensión como en diversidade a ambición de xerme nunha reserva aínda maior, xunto coa diversidade de intereses dos concellos que a integran, encadrados en dúas comunidades autónomas que compiten máis que colaboran, e teremos un elemento difícil de controlar.

A extensión é comparable á dalgunha provincia, e a diversidade que presenta, maior tamén que algunha provincia. Un rasgo máis fai que se poda dividir en zonas comerciais diferentes (e polo tanto de influencias diverxentes).

E ben, constituiuse o órgano rector hai uns poucos días. Agora, a traballar… que non hai previsto unha folla de ruta de traballo? Esperemos que se faga pronto. Hai algún tipo de proxecto xeral, a máis de exprimir a reserva? Esperemos que se faga pronto. Algún tipo de acehgamento das tres zonas? Ejm. Hai información á cidadanía, intento de implicación da xente na xestión, recabado de ideas, algo? Mellor, remato a entrada.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/10/07/a-reserva-da-biosfera-do-rio-eo-oscos-e/

#Medio #ReservaDaBiosfera

Anexo:Reservas de la biosfera en España - Wikipedia, la enciclopedia libre

XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA

O Diario Oficial de Galicia do xoves, 14 de xaneiro de 2016
publica a convocatoria dunha xuntanza que se celebrará na Casa da
Cultura da Pontenova o proxímo día 27 ás 19, 00 h para elexir a dous representantes de Asociacións Protectoras do Ambiente que formarán parte do Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Rio Eo, Oscos e Terras de Burón.

Temos particular interés por informar
ás asociacions ecoloxistas e similares que teñan interés por estes
asuntos para que participen nesta elección e se chegue a constituir un
grupo de traballo o mais amplo posible cara a conquerir melloras no eido
medioambiental tanto na conca do Eo como na Ría de Ribadeo que a fin
de contas é a receptora final de tódalas emisións.

Dase a
coincidencia de que nestes días estivemos falando con varias persoas
interesadas en revitalizar a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo e
proximamente anunciaremos unha xuntanza pública a celebrar a semana que
ven con esta finalidade.

Evaristo Lombardero Rico

Ribadeo, 15 de xaneiro de 2016

Coido que é unha oportunidade para poñer en marcha unha figura de protección que leva anos de retraso en relación ó que debera ser legalmente, e máis tempo aínda en relación á súa necesidade. Verase a operatividade da figura, rectora dun espazo definido o 19 de setembro de 2007 e do que se definiu a súa rectoría o 11 de decembro de 2013, sen consecuencias ata o momento.

Como preparación, terá lugar unha xuntanza no Cantón o venres 22 ás 20:30 de persoas relacionadas interesadas no tema:

O próximo venres, 22 de xaneiro, celebrarase no Cantón Bar de Ribadeo a
anunciada xuntanza de refundación da Plataforma pola Defensa da Ría de
Ribadeo. Terá lugar ás 20,30 horas do serán e están invitadas todalas
persoas que desexen participar. A Plataforma
pola Defensa da Ría de Ribadeo foi un colectivo que iniciou as suas
actividades no ano 1.992 prantexando temas de protección da ría e outros
relacionados co medioambiente ou de tipo sociocultural. Agora non se
trata de repetir o vello modelo modelo organizativo
senón de organizar a sensibilidade social pola protección da ria acarón
doutros métodos como son as redes sociais e formas de participación
adaptadas aos costumes e medios actuais. A idea sería aproveitar as
bases administrativas da antiga plataforma para
comezar a traballar e incorporar novas persoas e no prazo de seis-doce
meses constituir unha nova organización con persoas, métodos e
prantexamentos renovados según as decisións que se dopten
colectivamente. A curto prazo prantexase a participación no Foro
Social da Reserva da Biosfera que se constitue nunha xuntanza a
celebrar na Pontenova o próximo dia 27 de xaneiro. Contacto
Evaristo Lombardero Rico

Entrada na Galipedia da Reserva da Biosfera

Ficha da reserva da biosferan da UNESCO

Web asturiana sobre a reserva

Previo á Reserva da Biosfera.

Un resume do que é.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/01/19/un-aviso-xuntanza-de-asociacions/

#Medio #ReservaDaBiosfera

DOG 8 do 14/01/2016 - ANUNCIO do 21 de decembro de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se convocan as asociacións interesadas en integrarse no Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.

Está ben que se usen como atractivo turístico, mentres non resulten danados. Pero para mantelos así, os ribadenses necesitamos coñecelos tamén, para poder aprezalos nós en primeiro lugar.

O pasado día 5 de febreiro foi o día dos humedais, pero en xeral pouco deu que falar nunha terra onde teñen a súa importancia, e non só polo espazo que ocupan. Certo que coincide co que en estatísticas de temperaturas tócalle o día máis frío do ano (que non deste), o que puido, xunto con ser día de semana, restar atractivo a unha saída polas zonas húmidas do noso arredor, a pesar da súa lembranza por unha exposición sobre aves recollida poucos días antes da biblioteca Viejo Pancho ou o mesmo día nas redes sociais por xente como Óscar Chao ou Enrique Sampedro, amantes de Ribadeo, a natureza, as aves

Pero voltemos ó noso. Coñeces as zonas naturais protexidas de Ribadeo?

Para comezar un recorrido por elas pódese ver unha entrada do blog sobre zonas naturais protexidas de hai dous anos, ou a web de espazos naturais de Ribadeo Turismo, que comeza co humidal protexido da ría de Ribadeo. A zona da ría de Ribadeo, que aglutina humedal (5,63 km2), zona RAMSAR (11,92 km2 segundo algunhas informacións, pero non todas) LIC (do que na páxina do concello especifícase que inclúe a illa Pancha) e ZEPA, parece que dispón de protección para a súa beleza, biodiversidade ou ecosistema en xeral. Desfrutamos dela, e por iso ás veces non nos decatamos que esa protección necesita defensa, que se non, é letra morta. E remítome ás probas, dede os sucesivos impactos na zona de portos ata o ‘aproveitamento’ da illa Pancha, pasando pola variación provocada das correntes na ría debido á acción humana, a agresión extra que significan as altas velocidade que alcanzan motoras, motos acuáticas ou esquís e outras ‘actividades de ocio’, etc. E isto da protección, aínda que se levan, ademáis, descubrindo restos diversos no fondo, que parece deberan sumarse para ter aínda máis coidado do noso entorno próximo.

Poderiamos seguir coa reserva da biosfera, 1 588,83 km2 (quince veces a superficie do concello de Ribadeo) en catorce concellos entre Galicia e Asturias con preto de 33 000 habitantes (algo máis de tres veces os de Ribadeo) vivindo no seu interior, ou con as outras figuras de protección. Mais coido que é mellor para todos o tomar conciencia delas, desfrutalas, valoraralas e a partir de aí, actuar se se ve necesario…

… Por suposto, hai máis zonas naturais que aínda que non están protexidas sería cousa de mantelas. Ocórreseme o Pozo Mouro (ou aquí, entre outras entradas no blog) ou, relacionados coa historia no medio desa natureza, os mútliples castros (ver o libro de José Mª Rodríguez editado por O Tesón) ou o marco da Pena Verde (ou aquí). Ou podería aproveitarse para comezar con algún paseo nas rutas previstas da costa, da ría ou Ribadeo-Remourelle.

As parroquias de Ribadeo. Obtido de http://ribadeo.gal/imxd/arbore_web/doc/1225801618mapa_parroquias.pdf

Algunha ligazón subministrada polo concello na súa web:

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/02/16/coneces-os-espazos-naturais-protexidos/

#EnriqueSampedro #Medio #oRibadeoQueQueremos #ÓscarChao #ReservaDaBiosfera #ría

Aves E Natureza En Ribadeo

Aves E Natureza En Ribadeo is on Facebook. Join Facebook to connect with Aves E Natureza En Ribadeo and others you may know. Facebook gives people the power to share and makes the world more open and...

‘Secuencia de encendido’: Distinta significación en distintos contextos.

Nun, o do vídeo a continuación, está claro, pero, por se acaso, unha pequena explicación dun vídeo que xa ten máis de cinco anos. Nel vense os tres primeiros faros de entrada na ría de Ribadeo: o da punta da Cruz, vermello, á dereita, o da illa Pancha, amarelo, no centro da imaxe, e o das Carrallas, verde, cara á esquerda da imaxe, tomados con tempo abondo para ver a súa cadencia.

Outro, en sentido menos literal, o encendido ou apagado dun hotel na illa, resulta máis difuso e moito menos claro. Para ilustrar isto, dous correos electrónicos enviados ó concello e un documento. O primeiro, onte mesmo:

(…)

Me dirijo de nuevo a usted, en nombre de la plataforma “Por nuestro faro”.

En
primer lugar quisiera agradecerle las informaciones recibidas. No
obstante, me pongo en contacto con usted para obtener ciertas
precisiones.

Aunque el otorgamiento de la concesión no sea competencia del Concello,
éste debe tramitar el permiso de obras, y dichas obras deben tener como
base el contrato de concesión.

Nosotros consideramos que la
suspensión del expediente anterior conlleva la tramitación de un nuevo
expediente, es decir, que el solicitante debe reiniciar los trámites de
una nueva concesión al presentar dos nuevos proyectos de obra, puesto
que éstos non encajarían en las condiciones del expediente inicial.

Entendemos
que no se trata de dos proyectos de los cuales uno ya estaría aprobado,
ya que el efecto sumatorio de ambos tiene un impacto muy superior al
del proyecto inicial y debe ser tenido en cuenta como un nuevo proyecto
que serviría de base a una nueva concesión. De no hacerse así, en un
espacio tan reducido como es la isla podrían ir sumándose nuevos
proyectos que tendría un impacto multiplicador sobre los efectos
iniciales.

En consecuencia, ¿podría aclararnos si el Concello ha solicitado a Puertos nuevos informes sobre un nuevo contrato de concesión?

Por
otro lado, quisiéramos saber cuáles son las pautas a seguir para
acceder al expediente que se encuentra en el Concello de Ribadeo, en el
departamento correspondiente : si disponemos de tiempo ilimitado para su
consulta, si el acceso puede efectuarse de manera reiterada, y si
existe un lugar en concreto para consultarlo. También quisiéramos saber a
quién debemos dirigirnos para ello.

(…)

E, para entrar máis en contexto, o anterior:(…)

Le
escribo como miembro del grupo “Por nuestro faro” para solicitar cierta
información con respecto a la evolución del proceso de petición de
licencia de obras por parte del concesionario, y que nos aclarase
ciertas dudas.

En efecto, en el contrato de concesión, redactado el 30 de junio de
2015, se estipula que “las obras se iniciarán en un plazo máximo de dos
meses y se finalizarán en un plazo máximo de seis meses, ambos a contar
desde el día siguiente a la fecha de notificación de la resolución de
otorgamiento”. Es decir, que han pasado más de 8 meses después de la
fecha de otorgamiento, y a día de hoy el concesionario aún no dispone de
licencia de obras. 

Por
otro lado, la prensa ha informado, durante el mes de marzo, que el
concesionario había retirado la solicitud de licencia de obra original
en el Ayuntamiento de Ribadeo y presentado dos independientes con dos
proyectos (uno de hotel y otro de bar-terraza). Sin embargo, en un
correo que hemos recibido de Puertos de Ferrol-San Cibrao se cita
textualmente : “las obras deberán llevarse a cabo conforme al proyecto
básico presentado y que sirvió de base al otorgamiento y al proyecto
constructivo que lo desarrolle en el detalle necesario para su
ejecución” 

Por todo ello,
y en vista de la falta de información oficial hecha pública,
acogiéndonos a la Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia,
acceso a la información pública y buen gobierno, quisiéramos saber : 

 –
si, dado que el plazo para el inicio de las obras estipulado por
contrato ha sido ampliamente superado, el concesionario debe retomar los
trámites desde el principio, es decir, si necesitaría un nuevo contrato
de concesión, y, si es así, en qué etapa del proceso se encuentra. 


sabiendo que las obras deben llevarse a cabo basándose en el proyecto
constructivo previo al otorgamiento de la concesión, cómo sería posible
que según la prensa el concesionario haya solicitado del Concello de
Ribadeo dos licencias de obra para dos proyectos independientes.

(…)

E o documento, de onte tamén:

Documento que presenta a PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE
RIBADEO ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera OSCOS EO E
TERRAS DE BURON para o seu debate urxente dado o risco inminente de
deterioro dun dos espazos mais significativas da Ria de Ribadeo e da
propia RESERVA.

Trátase do proxecto de construír un
minihotel de dúas habitacións no edificio do antigo faro, máis unha
cafetería fóra do mesmo, aparcadoiro para automóbiles, carteis de
publicidade e de aviso de riscos, ampliación de pasamáns e estruturas de
protección , sinalización, bandeiras, alumeado, etc. ó abeiro da
proposta do Ministerio de Fomento, Jefatura de Puertos e Concello de
Ribadeo.

Desde a plataforma Pola Defensa da Ría pensamos
que a instalación dun minihotel e cafetería na Illa Pancha, mais os
elementos de promoción e as condicions de seguridade previstas pola
Autoridade Portuaria supoñen un impacto negativo moi considerable para o
conxunto Illa-Faro que contradí algunhas de directrices e criterios do
Plan de Xestión para o Desenvolvemento Sostible da Reserva, como imos
resumir deseguido:

1.- No que atinxe ás estratexias transversais
consideramos que a transformación que supón o proxecto é contraria á
proposta de “Creación dunha marca de calidade…” que tería como primeiro
obxectivo a conservación de espazos tan singulares como o afectado.

2.- Tamén choca abertamente ca redacción dun “Inventario e catalogación de elementos de interés natural e cultural”.

3.-
No punto referente ao “Desenvolvemento dun turismo sostible” suliñamos
os párrafos seguintes: Uno de los efectos esperados tras la designación
de un lugar como Reserva de la Biosfera es la mejora de su imagen, a
través de una mayor proyección exterior y difusión de sus valores. Esto
tiene frecuentemente un efecto positivo en la afluencia de visitantes al
lugar y en el desarrollo turístico del área. Esta circunstancia debe
hacerse compatible con los objetivos de conservación de la Reserva, a la
vez que el uso público y el turismo constituyen un potente elemento
dinamizador de la misma.

Ordenación del uso público que dirija
las actividades de recreo hacia zonas menos sensibles, a través de un
plan de excelencia turística del territorio de la Reserva.

Mejora
y desarrollo de la oferta turística, haciendo especial hincapié en el
apoyo a las modalidades de turismo rural, la mejora de la calidad y la
sostenibilidad de los alojamientos, y la potenciación del turismo
cultural, gastronómico y de naturaleza.

Promoción de programas
destinados a la desestacionalización de la actividad y a la creación de
nuevas actividades de ocio, prestando especial atención a mercados de
visitantes extra-regionales.

Faise patente que o proxecto
que discutimos está inspirado nunha concepción utilitaria, depredadora,
dificillmente sostible, marcadamente estacional, que afectará
negativamente a imaxen exterior da reserva e á atracción de visitantes e
é radicalmente contraria ao espíritu conservacionista e sostible dos
párrafos anteriores.

Pola outra banda a zona afectada por
este proxecto está incluida na Zona ZEPA da Ría de Ribadeo, Convenio
Internacional de RAMSAR, Rede Natura 2000, con especial implicación na
normativa galega asi como na lexislación e Catálago de paisaxes da Xunta
de Galicia, actualmente en fase de tramitación.

Por todos
este motivos que consideramos perfectamente fundamentados e tendo en
conta que este proxecto está actualmente en fase de tramitación e no
caso de comezar as obras o impacto sería dificilmente reversible
propoñemos ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera que
tome un acordo preventivo sobre este tema propoñendo ás autoridades
implicadas (Ministerio de Fomento, Xefatura de Portos e Concello de
Ribadeo) que suspendan definitivamente este proxecto por contravenir
directamente varias das directrices desta reserva e particularmente por
xenerar un impacto exterior altamente negativo para tódolos concellos e
sectores implicados contribuindo a desvirtuar, degradar e empobrecer os
obxectivos, esforzos e investimentos actuais e futuros para conquerir os
beneficios previsiblemente derivados das actividades dos grupos de
traballo da reserva.

Ado.: Evaristo Lombardero Rico

Presidente da Plataforma Pola Defensa da Ria de Ribadeo

Ribadeo (Lugo), 25 de Abril de 2016

Este último documento foi remitido onte ao Director General de Recursos Naturales de Asturias (convoxcante do Foro para xoves desta semana). Hai xa novas de que o incluirán no
orde do dia da xuntanza do xoves, en rogos e preguntas

Como vemos, neste caso o encendido é máis dubidoso, aínda que xa haxa abonda información dispoñible (e máis que sairá á luz) sinaturas…

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/04/26/secuencia-de-encendido-na-illa-pancha/

#IllaPancha #ReservaDaBiosfera

Ribadeando

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno ... )

Onte, 28 de abril
celebrouse en Vegadeo a primeira xuntanza de constitución do Foro Social
de participación da Reserva da Biosfera “Eo, Oscos e Terras de Burón”,
con presencia do D. X. de Recursos Naturais do Principado de Asturias, a
Da. X de Medio Ambiente
da Xunta de Galicia, os codirectores da reserva por Asturias e Galicia,
a maioría dos alcaldes e representantes de sectores e movementos
sociais. Como punto principal quedou constituído o Foro e presentouse o
Plan de Xestión da Reserva que de seguido deberá
ser sometido a un período de exposición e presentación de alegacións
previo á sua aprobación definitiva. No apartado de Rogos e preguntas, a
Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo presentou duas propostas “in
voce”. A primeira propoñía que a Reserva se
dirixise ao Ministerio de Fomento, Autoridade Portuaria e Concello de
Ribadeo (que non enviou representación) para que quedase en suspenso o
proxecto de construír un hotel na Illa pancha por ser contrario aos
obxectivos e directrices da reserva, ademais de
a Illa Pancha formar parte dunha zona “nucleo”, onde se aconsella
extremar as medidas de protección. A segunda propoñía a creación dun
grupo de traballo para a recuperación da cultura do castiñeiro
(plantación, enfermidades, enxerto, cultivo, variedades, etc)
nos concellos incluídos na reserva. Non se tomou ningún acordo por non
ser o intre acaído, pero as dúas propostas tiveron moi boa acollida e
varias intervencións favorabeis sen nengunha en contra.

Plataforma pola defensa da Ría de Ribadeo

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/04/29/nota-de-prensa-sobre-xuntanza-da/

#IllaPancha #Medio #ReservaDaBiosfera

Nota de prensa sobre a xuntanza da Reserva da Biosfera e a illa Pancha – Ribadeando

   O pasado venres, 13 de Maio, celebrouse en Castropol unha xuntanza sectorial do Foro de participación Social da Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Buron, ca participación entre outros colectivos dunha representación da Plataforma. O obxectivo desta xuntanza era o debate do Plan de Acción, se ben se trataron moitos temas colaterais que non son doados de resumir agora. A Plataforma prantexou a necesidade de iniciar a curto prazo un estudo polo miudo dos verquidos incidentes en toda a conca do Eo que, obviamente,veñen afectar dun xeito ou outro á Ria de Ribadeo.

   No momento actual estase redactando o documento saido das xuntanzas sectoriais que, en principio será publicado nos boletíns oficiais galego e asturiano o 25 de Maio para ser sometido a un periodo de exposición pública e posteriormente pasar á aprobación definitiva.

   O que pretendemos suliñar no momento actual e que tódalas asociacions interesadas polos temas ambientais – entendidos en senso moi amplo – poden participar nesta fase do proceso e presentar alegacións ou propostas que deben ser atendidas e respostadas pola equipa redactora do plan.

   Pola nosa banda ofrecémonos a facilitar información, contactos e mesmo participar en grupos de traballo relacionados os temas devanditos.

   Para ponerse en contacto connosco temos o móvil 669752495, email [email protected].

   Plataforma pola Defensa da Ria de Ribadeo

Algunhas entradas anteriores relacionadas coa reserva da Biosfera (as últimas en data):

20160426

20160416

20160216

20160123

20160119

20141007

20140401

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/05/19/nota-informativa-da-plataforma-pola/

#Medio #ReservaDaBiosfera

Secuencia de encendido na illa Pancha

'Secuencia de encendido': Distinta significación en distintos contextos. Nun, o do vídeo a continuación, está claro, pero, por se acaso, un...