A ría de Ribadeo é fonte de paz, é asemade lugar que facilita o comercio. É un atractivo turístico. É moitas cousas. Entre elas, un lugar de paso de aves e invernada. Hai dúas semanas unha pequena nova daba fe da contabilidade de aves na ría de Ribadeo, feita polo goberno do Principado de Asturias no fin de semana do 15/16 de xaneiro. A nova, tal como a vin, carecía de datos para saber detalles, como se por exemplo a contabilidade se reduxo ó territorio baixo administración asturiana (o que considero máis probable) ou abrangueu o conxunto da ría, pero de calquera xeito, coido que ten un atractivo contable:

total Individuos: 3 123

total Especies: 43

As especies máis numerosas [nome en galego / nome en castelán (nome científico)] contabilizadas son:

Asubiador / Silbón Europeo (Anas penelope): 619

Lavanco / Ánade Azulón (Anas platyrhynchos): 438

Pato Rabilongo / Ánade Rabudo (Anas acuta): 247

Cerceta Común (anas crecca):189

O que aquí aparece como apunte illado o blog de Enrique Sampedro cólleo como algo de estudo continuado: ten diversas entradas sobre o tema das aves na ría, incluíndo en decembro diferentes listados de especies avistadas, ou o día de reis, se se quere seguir máis polo miúdo.

Unha referencia a hai vinte anos, segundo un traballo escolar (o que atopei en internet daquela época, aínda que non sexa moi fiable de por si e careza de fontes):

Especie e cantidade avistada segundo o ano (1987 / 1988 / 1989)

Corvo mariño: 22 / 7 / 20

Garza real: 26 / 21 / 22

Lavanco real: 260 / 625 / 752

Pato careto: 489 / 350 / 860

Pato asubión: 4000 / 1584 / 2045

Focha: 322 / 209 / 200

Mazarico: 181 / 63 / 169

Un estudo máis recente e máis fiable (Invernada de aves acuática en Galicia 2001, censo da Sociedade Galega de Historia Natural) di: “A Ría de Ribadeo foi a sexta localidade por número de aves (1858, o 4,14 % do total, excluídas as gaivotas máis comúns) e por ser a principal zona de invernada para 4 das 23 especies que se censaron nela: Anas strepera, Anas acuta, Aythya marila e Recurvirostra avosetta.”

As fotos, unha do fondo da ría de Ribadeo, dende os bloques, e outra dun lugar atractivo para as aves, a enseada da Liñeira, vista dende o periao de Porcillán. Como sempre, ampliables.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2011/02/01/que-non-se-esqueza-e-unha-riqueza/

#EnriqueSampedro #FotosRíaDeRibadeo #Medio

Hai oito días que Enrique Sampedro publicou no seu blog sobre o estado da ría de Ribadeo. Tamén se viu publicado noutros medios, mesmo con algunha anécdota. Ó ver o artigo na Comarca, hoxe ligo a súa entrada a modo de reflexión, unha vez máis, sobre a ría.

– Outro estado anterior da ría de Ribadeo

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/07/28/a-ria-de-ribadeo-unha-vez-mais-e-outra/

#EnriqueSampedro #Medio #ría

Ría de Ribadeo

Hoxe foi a xornada de avistamento de aves co gallo do día dos humedais.

Esta mañá, un autobús de Eocar ás ordes de Enrique Sampedro deu a volta á ría parando en sitios con posibilidades para ver aves. E vímolas. No fondo da Liñeira, na praia de Salías, no puntal de Castropol, e no mirador da zona de Galicia, despois de pasar por unha curta charla na Casa da ría de Ribadeo, que completou a entrega dun pequeno manual para o avistamento de aves na ría.

Os cinco puntos onde parou o autobús

As aves vistas foron moitas, incluídas a que deu pé ó título, a águia Panchiña ou a garza e as dúas garcetas que acompañan ás espátulas no pecio da foto de embaixo tomada na Liñeira.

Asistentes, vintetantas persoas. O visto, moito. O aprendido, máis, aínda que poda ser só, como se di nalgunha película, ‘o comezo dunha grande amizade’. E, no aprendido, tamén algunha historia: a águia foi con anel a pasar o verán en Francia, e foi vista antes das festas ribadenses voltando cara acó na zona das Landas francesas. Chegou xustiña, o día da patroa. Sabe da festa en Ribadeo…

Un par de fotos máis, pois houbo variedade na ruta: un grupo de gaivotas de dous tipos en Salías, e unha vista da ponte dos Santos dende o Puntal de Castropol.

Dentro dun pouco, presentación dun libro sobre aves.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/02/02/a-ribadeo-pola-patroa/

#EnriqueSampedro #Medio

Está ben que se usen como atractivo turístico, mentres non resulten danados. Pero para mantelos así, os ribadenses necesitamos coñecelos tamén, para poder aprezalos nós en primeiro lugar.

O pasado día 5 de febreiro foi o día dos humedais, pero en xeral pouco deu que falar nunha terra onde teñen a súa importancia, e non só polo espazo que ocupan. Certo que coincide co que en estatísticas de temperaturas tócalle o día máis frío do ano (que non deste), o que puido, xunto con ser día de semana, restar atractivo a unha saída polas zonas húmidas do noso arredor, a pesar da súa lembranza por unha exposición sobre aves recollida poucos días antes da biblioteca Viejo Pancho ou o mesmo día nas redes sociais por xente como Óscar Chao ou Enrique Sampedro, amantes de Ribadeo, a natureza, as aves

Pero voltemos ó noso. Coñeces as zonas naturais protexidas de Ribadeo?

Para comezar un recorrido por elas pódese ver unha entrada do blog sobre zonas naturais protexidas de hai dous anos, ou a web de espazos naturais de Ribadeo Turismo, que comeza co humidal protexido da ría de Ribadeo. A zona da ría de Ribadeo, que aglutina humedal (5,63 km2), zona RAMSAR (11,92 km2 segundo algunhas informacións, pero non todas) LIC (do que na páxina do concello especifícase que inclúe a illa Pancha) e ZEPA, parece que dispón de protección para a súa beleza, biodiversidade ou ecosistema en xeral. Desfrutamos dela, e por iso ás veces non nos decatamos que esa protección necesita defensa, que se non, é letra morta. E remítome ás probas, dede os sucesivos impactos na zona de portos ata o ‘aproveitamento’ da illa Pancha, pasando pola variación provocada das correntes na ría debido á acción humana, a agresión extra que significan as altas velocidade que alcanzan motoras, motos acuáticas ou esquís e outras ‘actividades de ocio’, etc. E isto da protección, aínda que se levan, ademáis, descubrindo restos diversos no fondo, que parece deberan sumarse para ter aínda máis coidado do noso entorno próximo.

Poderiamos seguir coa reserva da biosfera, 1 588,83 km2 (quince veces a superficie do concello de Ribadeo) en catorce concellos entre Galicia e Asturias con preto de 33 000 habitantes (algo máis de tres veces os de Ribadeo) vivindo no seu interior, ou con as outras figuras de protección. Mais coido que é mellor para todos o tomar conciencia delas, desfrutalas, valoraralas e a partir de aí, actuar se se ve necesario…

… Por suposto, hai máis zonas naturais que aínda que non están protexidas sería cousa de mantelas. Ocórreseme o Pozo Mouro (ou aquí, entre outras entradas no blog) ou, relacionados coa historia no medio desa natureza, os mútliples castros (ver o libro de José Mª Rodríguez editado por O Tesón) ou o marco da Pena Verde (ou aquí). Ou podería aproveitarse para comezar con algún paseo nas rutas previstas da costa, da ría ou Ribadeo-Remourelle.

As parroquias de Ribadeo. Obtido de http://ribadeo.gal/imxd/arbore_web/doc/1225801618mapa_parroquias.pdf

Algunha ligazón subministrada polo concello na súa web:

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/02/16/coneces-os-espazos-naturais-protexidos/

#EnriqueSampedro #Medio #oRibadeoQueQueremos #ÓscarChao #ReservaDaBiosfera #ría

Aves E Natureza En Ribadeo

Aves E Natureza En Ribadeo is on Facebook. Join Facebook to connect with Aves E Natureza En Ribadeo and others you may know. Facebook gives people the power to share and makes the world more open and...

Remato de atoparme nas redes a nova que publicou hai dous anos e medio o blog Ría de Ribadeo. Trátase da posta a disposición de todo internauta do plano-guía para observar aves na ría de Ribadeo (aquí, o post no blog de Enrique Sampedro), e coido que non está de máis o tentar darlle un novo pulo de difusión, e a iso vou. En galego, a publicación está en https://www.scribd.com/doc/283621389/Folleto-Ria-de-Ribadeo-galego; en castelán, en https://www.scribd.com/doc/283620904/Folleto-Ria-de-Ribadeo.

Deixo a versión galega para a súa consulta directa aquí:

Folleto Ría de Ribadeo (galego) by Ría de Ribadeo Enrique Sampedro on Scribd

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/07/16/para-ver-as-aves-na-ria/

#EnriqueSampedro #Medio #ría #Scribd

Ría de Ribadeo