O Ribadeo que queremos en 2025

Ó longo dos anos levo repasado o tema de ‘O Ribadeo que queremos‘ en varias ocasións. A liña seguida en todas elas era, máis que facer unha proposta concreta ou un conxunto de propostas como ‘o que queremos’ -algo que require comezar por un camiño de animación á participación da xente nos asuntos públicos-, o facer cavilar sobre a necesidade dunha reflexión do que queremos. A cousa estivo sempre establecida no sentido de que ninguén -ninguén- pode establecer o que o conxunto da xente quere, que ten que ser a propia xente quen decida, quen estableza en conxunto os obxectivos, prioridades, criterios…

Sei -‘sábese’- que a perfección no sentido dos procesos ós que me refería no parágrafo anterior, como en calquera outro desenvolvemento vital, é sempre unha aspiración, e polo tanto, unha ficción. Hai que telo en conta e non pedir demasiado ó conxunto nin a cada persoa en particular: nin a sociedade nin as persoas somos máquinas, e aínda que temos que dirixirnos a nós mesmos, se o facemos é precisamente para poder vivir, e non podemos ‘substituír a vida por a dirección desa vida’.

Dito o anterior, engado que a través do tempo teño recibido apoios ás miñas palabras sobre o tema. Mais nunca propuxen unha estrutura para canalizalos e que fosen abondos para que o proceso de concibir o Ribadeo que queremos se poña en marcha de xeito comunitario. Nesa liña, desta volta, coido convinte poñer algunha cousa á que me gustaría que Ribadeo se achegara no futuro, sendo consciente que é só a miña idea, aínda que me consta que é compartida por outra moita xente. Previo, dicir que nin vou a precisar extremadamente o que diga -non tería sentido nun escrito coma este, e menos sendo unha persoa e non a comunidade quen fai as propostas-, nin van aparecer unha morea de cousas para configurar calquera campo que se poda ocorrer, senón tan só cousas básicas. Iso si, o que aparece non corresponde co que se di dos programas dos partidos políticos, ‘feitos par non cumprir’. Aí van pois tres cousas que me gustaría formaran parte do Ribadeo do futuro.

  • Participación. Cando só unha minoría moi minoría sabe cando foi o último pleno (non digamos xa de que se tratou nel), non se pode pensar en que contribúa a poñer o ombreiro para levantar Ribadeo en común. É algo básico, pero para que teña lugar necesítase antes animar a unha xente que leva moito, moito tempo, sendo desanimada na súa participación nos asuntos públicos, con moi pequenas excepcións.
  • Ter conciencia de que é común e que non, simplemente para aproveitar as sinerxias respectando a diversidade. No campo das ideas e tamén do material: un camiño no Costal abandoado e cuberto de maleza, inutilizable? Se non se é consciente que é do concello, aínda que esté ben claro nos papeis, abandoarase máis porque nin se coñece nin polo tanto, pode aprezarse como propio. Casos como a Casa da Ría poden ter máis visibilidade, pero venme á cabeza cando se puxeron uns bancos fronte ó forte de San Damián, retiráronse porque alguén no pleno dixo que non era terreno municipal, e logo repuxéronse porque si era…
  • Facer Ribadeo vivible para os ribadenses antes que un parque temático que expulse á xente do pobo e afaste á xente do rural. Sen ir máis lonxe, este verán andivo polo pobo quen non tivo outro remedio, convertíndose nun ‘refuxio climático’ que despraza como refuxiados ós seus propios habitantes.

Por hoxe, xa sae un texto longo, por moito que sexa moi escaso por todo o que falta. E ti, que cousas verías desexables no Ribadeo do futuro?

#oRibadeoQueQueremos #sociedade

Aló polo mes de abril publicouse o meu artigo ‘O Ribadeo que Queremos’. Dende aquela, outros continuaron na mesma liña. Aínda o pasado día 3 de decembro, en ‘La Comarca’, A. Torrente (ex-presidente da AAVV de Vilaselán) continuábaa co artigo ‘Peligro, no reaccionen’. Se deixamos de lado os escritos de Balbino Pérez contra min, contra José María Rodríguez, contra Adega, etc, poderemos adicarnos a falar de Ribadeo, dos problemas do pobo e non dos do alcalde, que son diferentes. Xa dixen máis veces que non querería que polémicas persoais alteraran a discusión sobre temas importantes de Ribadeo. E así o deixo, despois de ver que o derradeiro artigo de Balbino amplía o número de acusados para diminuír a acusación (é dicir, unha rectificación vestida de insistencia e dilución de culpas), e publícase nun corpo do periódico que comeza con tipos grandes ‘La piscifactoría de Rinlo deberá seguir paralizada’. Por certo, que na información baixo ese título dedúcese que Acuinor pode ser indemnizada. Poderá selo polo mesmo Concello que lle eu para adiante?

Se miramos outras obras, e tras ver a proliferación de grúas en Ribadeo, a continua ocupación da beirarúa e rúas anexas do edificio que se está a facer na Avda. de Galicia, a nova de que por fin comezan a chamar a construtores pola posible filtración do PXOM, a multiplicación de urbanizacións que se prevén despois do acordo sobre as catro primeiras no Concello, etc, cabe reflexionar. Podemos preguntar: quen é o gardan do PXOM? (como o fixo un amigo meu) Porque sería o responsable dunha posible filtración. Por que sigue ese plan sen ter uns criterios de base despois de ser pedidos xa antes do verán e contestar o alcalde que algo de eso tería xa para setembro? Porque sería o lóxico que os tivera. Por que o alcalde adianta que non espera retardos no plan polas procuras xudiciais? É que sabe o resultado das procuras? É que foi levar o caso ó xulgado porque a alguén lle deu por aí? Para despistar?

Mentres a mesma Xunta parece poñerse en garda contra a marbellización da costa, aquí durante o verán non fixo senón aumentar a proposta de novas urbanizacións. Tardará en chegar esa correa de transmisión dende Santiago? Pode que, xa que ven de Compostela esa onda, teñamos que esperar pola autovía ou a circunvalación, incluída a saída para a estrada de Vilela. É dicir, ó próximo mandato municipal.

Así, a cuestión parece estar na comunicación: anúncianse cartos para o Parque de San Francisco, pero que se vai a facer? Váise contar coa xente de Ribadeo? Cándo se vai consultar? Outro exemplo: despois de deber contestacións escritas ás preguntas formuladas dende as asociacións, esquécense de contestalas nos plenos. Esperemos que non sexa esa a aposta comunicativa do Concello para o resto de mandato, se ben as sinais non son optimistas.

De calquera xeito, na actualidade, pretender contrastar datos co Concello pode resultar complicado. Sobre irregularidades urbanísticas non sei moito, só vexo e anoto cousas que me chaman a atención. Sobre o tema da movida, vexo, oio, escoito e teño algo máis de información: considero que segue a haber irregularidades despois de múltiples denuncias (que se seguen dando). O anterior, tanto en concesión de novas licencias mesmo contra o aprobado polo propio Concello, como en permitir locais sen dobre porta, sen saída de emerxencia adecuada, sen illamento, … e negando información ós veciños afectados. Terminou o ‘plan’ de revisións comezado xa vai tempo polo Concello? Non será porque non fora reclamado.

Neste batiburrillo de cousas que é hoxe por hoxe Ribadeo, o abrir liñas que non levan a ningún sitio parece unha boa técnica de despiste. Por exemplo, non comprendo a que ven que salte á palestra o tema do traslado de posto de traballo dun concelleiro: a controversia sae a flote cando xa está fóra de prazo de reclamacións, polo que parece non reclamou antes, …

… Mentres o anterior sucede, o novo recheo serve de almacén base para area: esa era a súa necesidade e a súa présa. Contra algo diso se fixo unha manifestación.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2005/12/07/falemos-de-ribadeo/

#economía #oRibadeoQueQueremos #política #sociedade

Falemos de Ribadeo – Ribadeando

O Ribadeo que queremos/No English version
Se queres lograr algo neste mundo, o idealismo non é abondo -necesitas escoller un método que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser «pragmático»(*)
O futuro, antes de vivilo, e se queremos ter algún poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un repaso para contrastalo coa súa posibilidade. Logo aínda, traballar para estender a idea para poder levalo á práctica. Tendo en conta o anterior, parto con estas liñas para unha materializar unha proposta ambiciosa e concreta: tratar de afrontar un Ribadeo futuro mellor que o actual, intercambiando opinións con tempo antes que o futuro nos alcance.
En certa forma, é o que fan os partidos políticos antes das eleccións coa proclamación dun programa electoral, pero só en certa forma: os programas electorais están feitos en xeral de xeito rápido e buscando non tanto a mellora do conxunto senón máis ben facer anuncio dunha mellora de cara a contar con máis votos, así como dende unha única visión e ideoloxía, sen deixar entrar na discusión outras posibilidades.
Co anterior e a comparación, creo que queda claro o que pretendo con este artigo máis outros que lle seguirán (meus, doutra xente ou mesmo facendo un ataque á pretenciosidade, amplitude, ideas ou liña seguida nos anteriores):
– Un estado de contrastación de ideas e proxectos cara o futuro, que ilumine as decisións a tomar sobre todos nós, que faga imposible cousas como as variacións repentinas de opinión, como algunha tristemente perpetrada hai non tanto tempo, ou proxectos que se indicou que van crear unha morea de postos de traballo e crearon só unha diminución de ría, ou o aumento do chamado ‘feismo’ que se suma ó acogotamento na construción, ou … pon ti nos puntos suspensivos todas esas cousas que estás a pensar.
– Un Ribadeo máis informado que poda controlar o seu futuro, que se vexa máis involucrado nel. Din que a información é poder. Ao menos, da unha visión para tratar de influír no poder. E de aí, ó ceo. Depende de todos os cidadáns. Depende, por exemplo, que os políticos queiran asociarse dalgún xeito a este movemento para levar avantaxe en recoller o contacto coa xente, simpatizar cos votantes posibles nas próximas eleccións ou para tratar de conducilo.
– Pero sobre todo, un pobo que pense no seu futuro. Pensar… pode que alguén vexa como un perigo para algúns o que é unha oportunidade para todos.
En caso contrario, e como sucede moitas veces dun xeito ou doutro, remataremos dando paos de cego ou tendenciosos boa parte do tempo. Dun xeito ou doutro, a nós mesmos.
(*) Collido de “Software libre para una sociedad libre”, editorial Traficantes de sueños, 2004

Saturday, April 2, 2005 09:52 a.m.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/09/20/o-ribadeo-que-queremos-do-antigo-blog/

#arquitectura #oRibadeoQueQueremos #sociedade

Accueil

Magazine Pitas : tout ce qu'il faut savoir sur tout et bien plus encore ... Infos et News écritent par de consciencieux journalistes ...

Pitas.com

    -Publicado hoxe na Comarca como resume das actividades da estación-
    Xa chegou o fin de ano. Momentos para proxectar despois de facer revisión da memoria. Neste 2010 O Tesón ten realizado diversas actividades, comezando coas dúas asembleas realizadas e finalizando polo desvelado e presión para que as vidreiras da capela do cemiterio non sexa unha cousa máis que caia en saco roto.

Centrándonos no outono, sen querer ser exhaustivos, para a asociación comezou coa xuntanza da Mesa de Asociacións de Veciños de Ribadeo, na que foi revisada unha proposta para o regulamento de participación veciñal e a petición de xuntanza co alcalde para dar unha explicación da mesma. Como se ve, que haxa actividades non significa que as actividades den froito inmediato, pois aínda non se celebrou a xuntanza co alcalde nin tampouco se sabe nada da proposta feita, asemade deixada no seu momento no concello. Non obstante, a relación entre asociacións é algo necesario, como tamén consideramos que o é a o dispor dun canle permanente de relación co concello, unha base que non estea suxeita ós avatares das boas ou malas relacións do momento e que permita unha actuación a longo prazo. Por iso, seguiremos insistindo.
    Dentro das relacións co concello atópanse tamén as preguntas ó pleno, nas que a asociación vai presentando, en practicamente tódolos plenos ordinarios, diversos temas que considera de interese. Non sempre se ten resposta, nin cando se ten sempre corresponde ó que se pretendía, pero á falta dun regulamento de participación, úsase e aprovéitase o que hai, ben escaso nos dous sentidos de ben. E así, atopamos preguntas diversas, como a realizada sobre o canón lanzacabos doado a Ribadeo pola armada norteamericana e actualmente na Cruz Vermella de Lugo. Estamos esperando o resultado da indagación do concello, como foi dito no momento correspondente, hai xa tres meses longos.
    A asociación segue moi de preto os pasos dados pola plataforma se seguimento sanitario, primeiro da costa, e logo, da sanidade pública. É certo que se mantén nun segundo plano, pois é un tema que afecta a toda Galicia e quédanos moi amplo, pero alí estamos tentando que o interese de Ribadeo estea presente tamén nese foro. E Ribadeo ten intereses en que a sanidade funcione.
    Fomos chamados a consultas para a realización de programas electorais. Alí estivemos, procurando non saír na foto porque temos claro que debemos ser independentes como asociación, por moito que cada persoa que estea integrada en O Tesón teña as súas ideas particulares e políticas. A parte do documento ‘Base para un diálogo’ que lle foi remitido ós interlocutores con posterioridade a cada xuntanza, nas entrevistas tentamos deixar claro que, a parte dun plan de redución de débeda do concello, as principais reivindicacións que propoñemos son inmateriais: trátase de que o concello funcione, políticos electos e funcionarios, cada quen dentro das súas posibilidades e responsabilidade, co cumprimento das propias normativas do concello, así como consideramos necesaria a mellora da credibilidade que candidatos e electos teñen por parte dos electores. Polo demais, o documento entregado tiña os apartados de Transparencia e participación, Sanidade, Recuperación de cousas e causas perdidas, Promoción (turística e outras), Ría e mar, Comunicacións, Obras públicas, Servizos e Industria, a parte doutros temas máis difíiciles de encadrar nun apartado concreto e dispostos baixo o epígrafe de ‘outros’.
    Un tema que foi escaparate da asociación durante o mes de outubro foi a realización das charlas ‘Ribadeo e …’, que abrangueron os temas de o mar, o medio ambiente, a pintura de Dionisio Fierros e o tempo, en colaboración coa Casa das Letras, e impartidas respectivamente por Pancho Campos, Iván Rodríguez, Celia Castro e Luciano Zubillaga, todas persoas relacionadas con Ribadeo. Deixou un bo sabor de boca ó ver que a asistencia se mantivo e aumentou ó longo do ciclo, e mesmo que foron pedidas máis, pero sobre todo, deixou unha boa impresión que as charlas se aproveitaran. En resposta, xa se anunciou un segundo ciclo para o mes de marzo.
    A principal actividade social do período levou a un grupo de xente a Meira, onde puidemos desfrutar dunha visita guiada por José Mª Rodríguez á Colexiata de Santa María, resto do antigo mosteiro, así como da man de Carlota Eiros á casa máis representativa do século XIX na vila, ir ós dous presuntos nacementos do Miño, O Pedregal de Irimia e Fonmiñá, para poder xulgar a súa preeminencia, e participar dunha comida de irmandade. Polo camiño, visitamos asemade o lugar onde antigamente se atopaba o Mosteiro de Esperautano e a reprodución do tren mineiro realizado e explicado por Luis Sanjurjo. Un verdadeiro desfrute de tempo e compañía.
    Para non alongar máis, pasaremos de longo os dous principais temas que caracterizaron a actividade no último mes: as vidrieiras, tema que continuará, e a recollida de sinaturas tentando a recuperación do xulgado para Ribadeo, no que somos conscientes que o paso seguinte debe ser dado por tódalas forzas políticas de xeito unido, sen fisuras. Lograrémolo?
    Estamos no Nadal, tempo que se emprega para felicitacións e bos desexos cara ó novo ano. A directiva de O Tesón fai extensivos a todo Ribadeo, non só ós socios do colectivo, estes bos desexos, pero sen perder de vista aquel vello refrán que di ‘a Deus rogando, e co mazo dando’… O futuro está en boa parte nas nosas mans, e se queremos que Ribadeo sexa un mellor lugar para vivir, é algo no que todos debemos participar.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/12/31/de-o-teson-ribadeo/

#CeliaCastro #IvánRodríguez #JoséMªRodríguez #oRibadeoQueQueremos #OTesón #PanchoCampos #participación

Resultados da busca de «label/Pancho Campos» – Ribadeando

Aló polo 2 de abril de 2005, deixaba no antigo blog, predecesor de Ribadeando, un artigo co nome ‘O Ribadeo que queremos‘. Hoxe, máis de seis anos e medio despois, e tamén despois de citalo unhas cantas veces, coido que pode ser lido sen perda de actualidade. Déixoo nun día de Santos Inocentes, con inocencia.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2011/12/28/o-dia-dos-santos-inocentes-o-ribadeo/

#oRibadeoQueQueremos #sociedade

O Ribadeo que queremos (do antigo blog)

O Ribadeo que queremos/ No English version Se queres lograr algo neste mundo, o idealismo non é abondo -necesitas escoller un método que fun...

O título corresponde ó encabezado dun artigo sobre o PXOM feito por Rocío Botana, despois das correspondentes alegacións ó Plan Xeral de Ordenamento Municipal, artigo que sairá próximamente en diversos medios. Corresponde á alegación dun polígono urbanístico no centro do pobo, no que se variaron a edificabilidade e a súa distribución, quedando beneficiada unha zona destinada a altos edificios e en propiedade dunha inmobiliaria, en detrimento construtivo doutra dividida en parcelas distribuídas en mans de diversos propietarios individuais.

Corto e pego abaixo a versión definitiva:

Se preguntarán ustedes el porque de este título tan extraño, tan falto de significado y al mismo tiempo lleno de múltiples sentidos, según se mire. Pues ahí va la explicación: Mientras anotaba ideas para escribir este artículo, me venían constantemente a la cabeza tantos títulos distintos que me resultaba imposible decidirme por uno.

Por eso les voy a detallar los más importantes de los que barajé para que puedan elegir el que mas les guste.

Título número 1: “PXOM de Ribadeo: Como siempre los ricos ganan… y los pobres…”
A lo largo de estos dos meses de exposición pública he mirado, remirado y estudiado el Plan todo lo que he podido y desde distintos puntos de vista. Dados mis limitadísimos conocimientos sobre urbanismo he procurado utilizar sobre todo el sentido común y la lógica, ya que quiero creer que estas dos herramientas (a pesar de lo que a veces pueda parecer) todavía están en vigor a la hora de dirigir el comportamiento de los humanos.

Cuanto más lo miraba, más patente se hacía en mi mente la idea de que éste es un Plan “hecho a medida” (tan a medida como los trajes de Camps) de cuatro constructoras y cuatro peces gordos, los cuales, como suele suceder en estos casos, arriman todo lo que pueden el ascua a su sardina e intentan obtener el máximo beneficio a costa de quien sea, que por lo general, suele ser el más débil.
Concretando un poco, el sentido común me basta para entender que si a un polígono se le quita la mitad de la edificabilidad y en cambio se le mantienen el 80% del suelo de cesión y cargas, el valor de esos terrenos para sus propietarios se reduce drásticamente.

Título número 2: “PXOM de Ribadeo: ¡Que verguenza!”

La verdad es que, cuando intercambiaba impresiones con los vecinos, la palabra verguenza era la que con más frecuencia aparecía en las conversaciones. Otra de las palabras que con mucha frecuencia aparecía era error (“me dijeron que había un error”).

Reconozco que es muy difícil contentar a todo el mundo cuando se proyecta algo tan complejo como esto. También que es imposible evitar que se deslice más de un error; pero cuando el número de equivocaciones por kilómetro cuadrado empieza a ser muy alto, “nosotros, los mal pensantes”, no podemos evitar sospechar que algo raro se oculta detrás de tantas irregularidades y cambios sin explicación aparente.

Otras veces me llegaba alguna información que desconocía, ataba cabos y pensaba: “Claro, ahora lo entiendo”.

Título número 3: “PXOM de Ribadeo… ¿De quién? ¿De Ribadeo?”

¿De quien es el pueblo? ¿De los vecinos que vivimos y trabajamos aquí o de unas constructoras advenedizas que esperan hacer su Agosto a base de firmar convenios de dudosa legalidad, si no a corto plazo, sí a medio o largo plazo?

¿De quien es el Plan? ¿De los ciudadanos de Ribadeo o de los especuladores?

Creo que si hay algo que no debemos dejar que la crisis nos robe (ni ésta ni ninguna) es la voluntad de hacer las cosas bien. Deberíamos pensar bien lo que queremos para nuestro pueblo: Si queremos evitar que Ribadeo se siga hundiendo en el caos urbanístico como hasta ahora; Si pretendemos evitar que se convierta en un ejemplo internacional de cómo “no” se deben hacer las cosas.

Bien, escojan el título que prefieran.

En cuanto a mí, hay algo que tengo muy, muy claro: No imagino tarea más importante ni más digna que defender lo que es mío. Por eso me niego a tener que regalar al especulador de turno aquello que a mis padres les costó toda una vida de esfuerzo y honrado trabajo conseguir. Sentiría que estoy traicionando su memoria si lo hiciera.
Es posible que en este pueblo alguien se acuerde aún de mi padre. Todo el que lo conoció sabía que sólo lo podía encontrar en su modesta tienda, trabajando desde la mañana a la noche, (atendiendo a sus clientes, a veces hasta bien entrada la noche), nunca en bares ni cafeterías. Para quienes no lo conocieron les diré que fue una buena, buenísima persona que vivió los horrores de la Guerra Civil, las penalidades de la Posguerra y que murió pocos meses después de jubilarse. (ni siquiera pudo disfrutar de su jubilación, tan merecida).

Por eso, “Aviso a navegantes”: ¡Pienso defender lo que ellos me dejaron con uñas y dientes!; ¡Mientras me queden fuerzas!; ¡Hasta el final!!!

No olviden que “los pobres somos legión”. Y ahora con la crisis cada vez somos más. Y unidos, aún más fuertes. Y cada vez tenemos menos que perder.

Me gustaría terminar citando unos versos de una vieja canción de Joan Manuel Serrat, se trata de un alegato en defensa de la naturaleza pero me da la sensación (no sé por qué) de que muy bien se podría aplicar a esta situación. En ella un hijo pregunta: “Padre, que le han hecho al bosque que ya no es el bosque (…), Padre, que le han hecho al río que ya no es el río…” Y al final: “Padre, ¡deje usted de llorar, que nos han declarado la guerra!”.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/06/27/pxom-de-ribadeo/

#arquitectura #oRibadeoQueQueremos

PXOM de Ribadeo: ¡¡¿……?!! – Ribadeando

O de chequear soa a médicos, e pode ir diso, máis pode tomarse nun senso amplo, para ver como vai algo. Pensando en que ás veces é conveniente recoñecernos antes de propor estratexias e aplicalas para avanzar. Digo ás veces non porque non sexa conveniente sempre, senón porque moitas non se fai e preténdese que o resultado está ben ó final sen un convenio anterior sobre o que é ‘está ben’, sobre se interesa, como medilo, por que se quere, etc.

A nivel individual é normal que tales análises non se fagan, ao menos de xeito consciente e detallado. A nivel municipal, debera ser normal que se fixeran, e así, entendo que ‘o Ribadeo que queremos’, do que se leva pedido unha definición moitas veces dende este blog, segue polo momento sen definirse e polo tanto, sen aplicarse, aínda que haxa por algures resultados que se toman como bos, sen especificar tampouco ‘a métrica’ usada para definilos como tales. E iso facilita que haxa veces que máis ou menos, todos estamos de acordo, e outras, non.

Quizais fóra máis sinxelo comezar a aplicar nocións como transparencia nas decisións e nas actuacións nalgún aspecto concreto para facilitar o poñernos de acordo tanto no ‘que’ como no ‘como’ se fai. E aí vou, despois de ter descuberto o ‘informe sobre transparencia’ a nivel local, do que resulta un informe para poboacións maiores de 50 000 habitantes. E de mirar un pouquiño a enquisa de aplicación do estudo sobre transparencia municipal. Trátase de algo a aplicar á páxina web do concello, no noso caso, na actualidade, accesible en http://ribadeo.gal/ . É certo que para ter un resultado final hai que facer algunha operación matemática, pero para unha primeira impresión e visión xeral chega con botarlle unha ollada ós catro apartados da enquisa e pasar a procurar algunha cousa na páxina do concello. En descargo de Ribadeo, hai que ter en conta que a enquisa fíxose para concellos de máis de 50 000 habitantes, algo que Ribadeo está lonxe de acadar, e quizais por iso lle custe máis ó non ter a potencia económica e recursos humanos para desenvolver e ter ó día unha web equiparable á dunha cidade, pero, na súa contra, habería que pensar asemade en que ó ser máis pequeno algúns procesos tamén deberan ser máis doados de transparentar.

Aquí o deixo por hoxe, con ganas de comentar (a ver se mañá) o premio que lle deron a Pontevedra e relacionalo con cousas que se están a facer en Ribadeo: non quero quitar tempo a que mires un pouquiño a enquisa e logo pases os ollos pola páxina do concello de Ribadeo.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/11/26/chequeando-ribadeo/

#oRibadeoQueQueremos #política #sociedade

Soa máis ‘cool’, pero o de cidade intelixente é máis próximo. Debera. En canto a Ribadeo e a intelixencia cidadá, coido que imos un pouco retardados no que a aplicacións tecnolóxicas se refire, pero visto o visto, coido que non é o máis interesante dunha vila intelixente. Máis que a tecnoloxía aproveitada, que tamén contribúe de xeito necesario pois a tecnoloxía está para servir ó cidadán, é o tecido humano o que fai unha vila intelixente: ‘as cidades que se están comezando a xestionar de embaixo a enriba terán máis éxito no futuro‘, Boyd Cohen dixit (por certo, anda artellando como medir a ‘intelixencia da cidade‘).

Voltando pois ó tema, é algo diferente unha ‘cidade intelixente’ da ‘intelixencia cidadá’. O segundo caso comprende tamén o primeiro, con toda a cacharrada necesaria, pero non se queda aí, porque para que unha cidade funcione necesita aproveitar non só a tecnoloxía, senón ós seus cidadáns, que se benefician á súa vez dese proveito que a entidade cidadá fai deles, de nós. E, mentras non haxa un bo entendemento e sinerxia entre os cidadáns e a ‘imaxe’ da cidade, non imos por bo camiño, aínda que teñamos tecnoloxía aplicada e propaganda (a segunda máis doado de obter que a primeira). Preparémonos pois para a participación na nosa vila se queremos aspirar a un futuro mellor.

Unha nota: xa sei que Ribadeo non é Madrid ou Barcelona, e o primeiro artigo citado, así como a grande maioría de citas que puiden atopar, refírense a grandes cidades. Pero iso non quere dicir que as grandes teñan que ser máis intelixentes!

Posterior, a conto:

https://www.diagonalperiodico.net/global/25633-algo-va-mal-con-smart-cities.html

ou

http://www.eldiario.es/catalunya/pistaurbana/Inteligencia-urbana_6_354924506.html

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/02/03/ribadeo-aspira-smart-city/

#cultura #educación #oRibadeoQueQueremos #política #sociedade

Sobre smart cities, ciudadanos inteligentes y candidatos en bici

Líderes mundiales en Davos y alcaldes y expertos en

ElDiario.es

Resulta curioso. Barcelona está estudando limitacións ó turismo, a un turismo que se come a cidade. Venecia está sufrindo un movemento importante nese sentido: a cidade xa é un parque temático, que ten pasado de 175 000 habitantes hai sesenta anos a 56 000 no 2014 e que espera estar literalmente despoboada cara a 2030, é visitada por uns 22 000 000 turistas anuais.

Ribadeo, en porcentaxes, está entre ambas as dúas cifras:

Barcelona ten no núcleo urbano (o que abrangue o concello, non a ‘gran Barcelona’ entre 1,5 e 2 millóns de habitantes, e é visitada por entre 2 e 3 millóns de turistas anuais. A ratio turistas/habitante é pois duns 1,5 turistas por habitante e ano.

Venecia, cos datos actuais antes expostos, ten unha ratio duns 400 turistas/habitante e ano.

Imaxe de http://www.shutterstock.com/

En Ribadeo, con máis de 95 000 persoas pasando o ano pasado polas oficinas de Turismo (centro da vila + catedrais, info facilitada hoxe mesmo pola oficina), a cifra de visitantes non baixa de 200 000 no 2014, o que fai unha ratio superior a 20 turistas/habitante e ano, considerado o conxunto do concello. No medio xusto entre Barcelona e Venecia.

Evidentemente, Ribadeo non é nin Venecia nin Barcelona para o turismo, nin polo que ofrece, nin polo tamaño nin por outras moitas cousas. Mais xa hai tempo temos falado no blog das terrazas (máis de 1000 m2 estimados no 2011), por exemplo, ou do uso para turismo privado de propiedades públicas… é semellante a esas cidades pola influencia na mentalidade da xente? Polas tramas derivadas do turismo? Pola influenza turística? Polo gasto de cada turista? Coido que se levo dicindo moitas veces que debemos falar do Ribadeo que queremos, cada vez é máis urxente: se non hai un plan, se non somos conscientes, se non participa todo o pobo, será casualidade que as cousas saian ben ou a gusto da maioría.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/07/29/botando-numeros-co-turismo/

#oRibadeoQueQueremos

Barcelona, bajo el síndrome de Venecia

Venecia recibe anualmente más de dos millones de cruceristas. En Barcelona este año rondaremos los tres millones. La alcadesa Ada Colau es consciente de que la ciudad no puede soportar más esta presión y ha decidido tomar cartas en el asunto

ElDiario.es

Onte, luns tres de agosto, o concello despachou tres novas de prensa. Unha, co anuncio de simulacros nas praias, outra anunciando a apertura de prazo para un taller de harmonización corporal, e a terceira, de “Ribadeo, a tope“. Coido que os títulos, copiados da web do concello, xa son abondo ilustrativos da liña que seguen non só esas entradas, senón o conxunto de entradas no blog de novas de Ribadeo.gal, que son enviadas en forma de notas de prensa e recollidas polos xornais como novas.

Se collemos a terceira e lle damos un repaso, o título non engana, trátase de diversas divagacións sobre que Ribadeo estivo cheo a fin de semana pola cantidade de cousas e o ben facer de concello e comerciantes. Un triunfo. Aproveitado para tirar algunha directa contra a Xunta e a súa forma de facer as cousas. E para dicir que é algo permanente e xenuíno de Ribadeo, e non dependente das Catedrais.

Un xeito de velo, diríase. Non vou parar a facer unha análise da nota, pero invito a lela con calma e pensando. Por exemplo, na xente de a pé de Ribadeo, non no binomio turistas/hostaleiros, por poñer outro punto de vista diferente do do alcalde. Faralo ou confórmaste co ‘pensamento único’?

A ría, polos Bloques, sábado.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/08/04/do-traballo-ao-triunfalismo/

#Catedrais #economía #historia #oRibadeoQueQueremos #sociedade