O mércores 15 de Maio celebrouse en
Trabada unha xuntanza da comisión xestora da Reserva da Biosfera
Oscos Eo e Terras de Burón. Sabemos algo desa xuntanza por unha nota
de prensa. O día 31 de Maio celebrouse unha nova xuntanza no
concello de Ribadeo, pero deste acto non se deu nota de prensa polo
tanto descoñecemos quen estivo na xuntanza, cal foi a orde do día,
os acordos se os houbo, etc.

Na
xuntanza de Trabada un dos obxectivos prantexados é aprobar o
documento básico da Reserva das Biosfera.

Pois
ben, se non se cambiou a redacción do documento inicial, neste
figura 18 veces a denominación Ría del Eo e unha vez a fórmula Ría
del Eo o de Ribadeo.

Como
xa empeza a saberse, pesie aos reiterados esforzos por ocultalo, o
día 12 de Marzo de 2008 a Comisión de Nombres Geográficos do
Consejo Superior Geográfico ratificou sen nengún xénero de dúbidas
que o único toponímico legal era Ría de Ribadeo e ainda engadiu “…
no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la de
Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado
recientemente y erroneo…”.

Este
acordo foi rexeitado por unanimidade polo Parlamento asturiano tras
unha moción de Izquierda Unida, pero curiosamente non foi recurrido
en via administrativa e tampouco foi recollido nen publicitado polo
concello de Ribadeo. Despois saeu o libriño, editado pola
Asociaciación Puente de los Santos, en versión galega e castelá
baixo os tiduos “A Ría de Ribadeo Natureza entre duas augas” e
“La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas” redactado no outono do
2008 e repartido polo Sr. Alcalde de Ribadeo aos colexios, foto na
porta do concello incluida, o día 18,05,09. O devadito libriño
utiliza, na edición castelá, a formula Ría del Eo e na edición
galega a fórmula Ría do Eo ou de Ribadeo en aberta contradiccón co
acordo da GENC. Xa teño publicado que centos ou miles de escolantes
e profesores terán ocasión de aprender ao longo de moitos anos que
esta ría ten dous nomes, gracias a colaboura inapreciable do Sr
Alcalde de Ribadeo, D. Fernando Suárez Barcia.

Recentemente
o concello de Ribadeo ven de aprobar unha rua co nome de Ría de
Ribadeo, mesmo hai poucos días ven de aprobarse por unanimidade una
moción sobre o nome legal da ría e mais sobre o uso preceptivo dos
toponímicos oficiais por toda a administración pública española.

Efectivamente
o art 19-2 do RD. 1545/07 que regula o Sistema Cartográfico Nacional
di textualmente: “… Salvaguardando los intereses y necesidades de
la Defensa nacional, la Cartografía Oficial Registrada será
de uso obligatorio para todas las administraciones públicas…”
.
Enténdese que se refire a actos e documentos de carácter oficial, o
que tamén está perfectamente definido na Lei 7/1986 de Ordenación
da Cartografía.

Dito
o anterior volvemos ao comezo. A documentación básica da Reserva da
Biosfera utiliza 18 veces a expresión Ría del Eo e unha vez a
expresión Ria del Eo o de Ribadeo. Suponse que o Sr. Alcalde de
Ribadeo será a persoa mais indicada para lembrarlle aos membros da
xestora que os documentos da Reserva están obrigados a utilizar os
topónimos legais e neste caso o da Ria de Ribadeo. Para ésto non
fai falla provocar polémicas, nen aspaventos dos que xa estamos ben
sobrados, abonda con poñer a cada un no seu sitio.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/06/06/a-reserva-da-biosfera-e-o-nome-da-ria/

#ReservaDaBiosfera #sociedade

A RESERVA DA BIOSFERA E O NOME DA RIA. Artigo de Evaristo Lombardeo Rico – Ribadeando