Contradición

Imaxe do plano da zona das Catedrais. https://www.openstreetmap.org, conLicenza Open Data Commons Open Database

Só algunhas verbas para explicitar o que considero unha contradición e facer algún comentario.

Hai cousa de mes e medio sinalei no blog a petición de permiso para un chiringuito nas Catedrais (Unha curiosidade e algo máis: Información pública do chiringuito da praia das Catedrais) Alí lembraba que había un plan para As Catedrais, promovido por anteriores gobernos municipais, e chocábame a petición. Hoxe aparece nos medios (na web do concello foi o 12 de marzo) que Ribadeo expropiará 25 parcelas no entorno catedralicio para protexelo, co apoio e financiamento da UE, e, entendo, na liña que presentou no seu momento o plan para As catedrais, e segundo foi aprobado en pleno. O primeiro foi algo que saíu no BOE, é dicir, con solución dependente do estado. O segundo, con impulso do concello. Pero, ambos, referentes á protección e relación coa comunidade do mesmo lugar, o entorno das Catedrais. E ambos, ao menos en aparencia, contraditorios un co outro, máis aló de que esteamos ou non en desacordo/acordo…

Debo estar equivocado: nin goberno nin oposición manifestan nin parecen ver contradición…

#Catedrais #Medio #política #sociedade

OpenStreetMap

OpenStreetMap is a map of the world, created by people like you and free to use under an open license.

OpenStreetMap

Vale, Ribadeo non pode perder o norte porque non é consciente do norte. O caso é a xente que pode manexar Ribadeo…

Copio para facer un cotexo co anterior uns titulares de hoxe (na Voz) “Aunque la superficie total sí incluye parte del LIC de As Catedrais, las obras no lo tocarán”; “El estudio de impacto se expone en Celeiro y Santiago, pero no en el consistorio local” E non se trata xa de dicir que hai embotellamentos en Ribadeo por culpa das obras (que os hai), porque tamén os hai sen elas (aínda que menores…)

En fin, onte foron moitas entradas, a de hoxe vai tarde e pequeniña; ó fin é o cabo, xa é algo que teño repetido.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/08/09/ribadeo-perdiches-o-norte/

#Catedrais #Medio

Ribadeo, perdiches o norte? – Ribadeando

Ben, como na procura en Google Maps de As Catedrais (a praia ou os arcos, da o mesmo) aparecen primeiro (e só) unha pila de establecementos comerciais, a ligazón á localización (seguro que se pode facer mellor, se alguén aporta máis …)

https://maps.google.com/maps?q=Playa+de+las+Catedrales&oe=utf-8&client=ubuntu&channel=fs&ie=UTF-8&ei=nMOyT-ybHITMhAeGh6TQCA&oi=mode_link&cd=3&ved=0CBgQ_AUoAg

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/05/15/praia-de-as-catedrais-en-google-maps/

#Catedrais #Medio

Google Maps

Find local businesses, view maps and get driving directions in Google Maps.

Google Maps

Coinciden no tempo dúas viaxes de representantes da Unión (Europea, iso que os medios seguen a chamar -non sen certo aquel de chamada cara ó vello ‘mercado común’-, ‘comunidade europea’, e ós seus representantes, ‘comunitarios’) a Galicia. Un, de varios, polo mal estado das rías atlánticas, non nos toca a nós, a pesares da denuncia da contaminación da ría de Ribadeo efectuada hai non tanto en relación á parte asturiana. Outro, unipersoal, de Pia Bucella, a Ribadeo e ás Catedrais (aquí, unha foto de Pia Bucella na súa actividade parlamentaria).

O da visita a Ribadeo coido comezou hai nove meses (o 22 de xuño do ano pasado) cunha viaxe do alcalde a Bruxelas cun informe, e que está enmarcada na xornada que se celebra hoxe para analizar/valorizar As catedrais, cunha parte pública (esta mañá, coa asistencia difícil un día de diario), visita ó areal en marea baixa incluída, e outra institucional (como neste pais, institucional ás veces significa para as institucións, e outras é sinxelamente restrinxido ou mesmo privado, aclaro) con representantes provinciais. Así posto, diríase que máis ben se trata de facer compañía turística á representante unitaria que de facer unha auténtica xornada de estudo pola mañá e unha xuntanza política pola tarde. O que non quere dicir que, a pesares das apariencias, se favoreza a toma dunha decisión que vaia en ben de Ribadeo, sexa cal sexa, pois a política é unha cousa de sentementos, preparables pola mañá para facelos render pola tarde.

Por certo, quen quera participar de xeito extraoficial colaborando na visita de Pia Bucella, pode facelo en twitter, pero con certa dificultade, pois o seu último/único post foi por maio pasado, o días das letras galegas. Tamén en facebook, onde ten un pouco (só un pouco) máis de actividade…

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/02/14/as-rias-non-de-ribadeo-contaminadas-as/

#Catedrais #Medio #sociedade

La Eurocámara viaja a Galicia por las denuncias de "alta contaminación" en tres rías

Una delegación del Parlamento Europeo se desplaza esta semana a Vigo, Ferrol y A Coruña para responder a las alertas de once colectivos ciudadanos sobre la polución en entornos protegidos del litoral. Eurodiputados de PP, PSdeG y BNG forman parte de la comisión.

ElDiario.es

Estes días estívose a falar da praia das Catedrais. Boeno, pode que sea bo dicir do Monumento Natural das catedrais. Ou do Cantil das Catedrais… entre outras posibilidades, como o maná das Catedrais.

As discusións levaron como fondo a crítica, liderada polo alcalde, á Xunta de Galicia (aquí, o vídeo correspondente de 2013, e aquí, nunha cadea de tv estatal estes días). E si, a Xunta de Galicia pode ordenar cousas que o alcalde de Ribadeo non pode, nun lugar que alongando as cousas, en liña recta non chega ós setecentos metros, e no que se produciron colas duns tres quilómetros esta Semana Santa.

Pero estamos nun pobo que, co enésimo intento de aprobación do PXOM en Santiago, segue sen definir unhas liñas mestras de desenvolvemento despois de definir o Ribadeo que queremos, máis aló do tácito ir tirando no sentido que marque o momento, e que por non saber, non sabe que son as Catedrais. Quizáis lle pareza a que lea isto que iso non é así, pero volvo ó comezo do artigo: ás Catedrais hai que vela como praia, como monumento natural, como lugar a explotar económicamente ou como que? É posible que se pretenda conxugar en diferente grao diversos elementos na definición, pero tamén nese caso terían diferente importancia. Agora, a última nova é que se cobrará por mexar. Imaxino que non se cobra por baixar por cuestión de competencias. Pero postos a cobrar, estimo que habería que comezar por cobrar o aparcamento antes de facelo por unha necesidade humana. E ben, o cobro por mexo din que vai redundar na conservación da praia. Hai algunha medida deseñada? Para que fin concreto, con que obxectivo? Está ese obxectivo consensuado?

E, o plan pedido para que, despois da visita ‘ó segundo lugar máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago’, a xente deixe os cartos en Ribadeo? Hai algo diso?

As Catedrais esá nunha área LIC. Está prevista algunha integración da conservación conxunta?

Lévase moito tempo dicindo que é un perigo, a máis dos destrozos que ocasiona, que a xente ande facendo a cabra polos rochedos. O caso é que o vídeo do alcalde amosa que segue a ser así, mesmo nas ‘barbas’ da autoridade. É dicir, non se pode ir nunha soa dirección, senón que hai que tentar chegar a onde se pode co que hai. E algunha das cousas que se poden facer é unha definición de que consideramos ese espazo para pasar a unha ordenación do mesmo, ou sinxelamente aplicar a normativa da que xa se dotou  para a súa protección.

En fin, o tema continuará, e como algo que pode soportar o paso diario dunha cantidade de xente equivalente á poboación do concello, e que aínda está sen definir nin ter obxectivos claros e consensuados para o seu futuro, non vai ser doado. Por certo, hai algunha previsión/estimación de cánto pode tardar en caer o último arco?

Algunha foto xa vella, do 2009, que lembra que o tema non é novo. Por certo, cousa dun ano despois das fotos, a zona foi visitada por xente da UE despois dunha petición do alcalde:

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/04/24/unha-praia/

#Catedrais #economía #FotosRibadeo #Medio

Unha experiencia relixiosa

Despois de ver a procesión de xentes na baixada á praia, cabe pensar moitas cousas, dende o motivo que fai que tanta xente veña ó retorno e...

O alcalde de Ribadeo desempolvou unha cuestión que leva tempo, moito tempo, con teas de araña: a variación lixeira da liña de FeVe para viaxeiros.

Que eu saiba, a última variación rematada na liña Ferrol-Xixón foi de abondo máis calado, a que se fixo para a planta de Alúmina-Aluminio. É dicir, aproveitamento industrial. E diso xa fai anos. Tamén o é a próxima está previsto que sexa para aproveitamento industrial: a desviación para ENCe en Navia.

A cousa é que a liña de FeVe ten, como lembrou na súa charla hai pouco Victor Moro, unha orixe ‘estratéxica’, para defensa da zona ante unha posible invasión, facilitando o movemento de tropas. Iso fixo que os pobos puideran quedar apartados das estacións, mermando a súa consideración para o transporte de viaxeiros unha volta que se desenvolveron as estradas.

Cabería discutir se, coa actual frecuencia de liñas de autobús, non é xa competitivo. Diría que si, pero o cordón umbilical que une a moita xente ó coche particular, por unha beira, e a restrición de viaxes por parte de FeVe, compañía deficitaria que así pretende ter menos gastos e de paso, ofrece menos posibilidades de uso dese medio de transporte, e polo tanto, o seu abandono paulatino, fan que na actualidade o uso da liña sexa menor do que noutras circunstancias lle correspondería.

Nestas, ben a proposta do alcalde de Ribadeo de crear un apeadeiro nas catedrais. Pouca inversión parece necesitar, e tamén pouca variación da infraestrutura ou esquema horario, e aumentaría o tráfico de viaxeiros, faría de Ribadeo base de desprazamentos (co que aumentaría a disposición turística da vila), faría máis visible a Rinlo…

Coido que se poderían derivar abondas avantaxes. É algo factible e non se me ocorren contraindicacións. A ti si?

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/06/17/reprantexamento-de-feve/

#Catedrais #economía #Medio #sociedade #tren

Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai xa cinco anos (e, dende aquela, non baixou o número de visitantes):

Voltando á nova comentada, emprega o futuro, ‘adoptará’ para dicir que fará a xunta este verán: adoptar medidas paliativas que serán substituídas por outras definitivas o próximo verano, tras ser encargada a súa redacción a unha empresa privada. Se nos fiamos da nova, será un ‘plan de protección’ ou un ‘plan integral de conservación’ (que de ambos xeitos se refire a el) baseado en ‘regular usos’ e ‘determinar aforo’. Por contra, as medidas que se anuncian como provisionais e avisables esta mesma fin de semana baséanse en ‘sinalización’, ‘delimitación de sendas peonís’ e ‘vixiar mellor os accesos’. Por certo, a Conselleira virá a facer o aviso das medidas ‘in situ’ (=de turista?)

A empresa privada chámame a atención. É necesaria? Vánselle poñer criterios ou vai coller os criterios propios dunha empresa privada? Canto se lle vai pagar?

Claro que tamén chama a atención que esperaran (a Xunta) anos para poñerse ó tema, onde ‘poñerse ó tema’ é decidir facer o encargo a unha empresa privada para que se poña ó tema.

Máis… estamos no verán, queda para darlle voltas descansando un pouquiño. Por exemplo, ordeando na cabeza cales poderán ser os obxectivos do plan ou os criterios.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/07/11/catedrais-xunta-intereses-nova/

#Catedrais #Medio #sociedade

Al fin un plan de protección para la masificada As Catedrais, en Ribadeo

La Xunta adoptará este verano medidas paliativas del colapso en el famoso arenal de Ribadeo y, ya de cara al próximo estío, pondrá en marcha una estrategia integral de conservación

La Voz de Galicia

Iso di a web de Campionchip Norte dos participantes nos 21097 m, e despois de velos pasar en Rodríguez Murias, créoo: mais de tres minutos de paso a menos de 1 km da saída é un espectáculo. Por iso deixo o vídeo ó pé. Coido que a idea (non sei quen foi a persoa que deu ‘o último paso’ enunciándoa) é boa, e con este resultado, moito mellor. Quedeime con envidia de participar, a pesares dos chaparróns que caeron durante o tempo de celebración. E non fun o único. Mesmo houbo quen quería prantexar outra saída en bicicleta, de algo máis doada realización para os participantes (que eu saiba non se chegou a propor á organización). Á próxima, apúntaste?

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/09/06/921-mediomaratonianos-pro-parque/

#Catedrais #deporte

Media Marathón Ribadeo – As Catedrais

Consulta tu dorsal en Media Marathón Ribadeo – As Catedrais

ccnorte.com