FIDALGUÍA (III). PLEITOS E EXECUTORIAS. Pancho Campos Dorado

FIDALGUÍA (III)

PLEITOS E EXECUTORIAS

Pancho Campos Dorado

Continuando co relatado nos artigos precedentes, describiremos os trámites que os López Polido tiveron que seguir para conseguir ter, cada un deles, unha Carta Executoria de Fidalguía, que lles confería uns certos privilexios. En primeiro lugar, tiñan que solicitar e conseguir mediante un Procurador, unha carta de Real Provisión na Chancillería [ver Fidalguía (I)]. Logo contrataban a un escribán real ou de número, a quen lle outorgaban plenos poderes notariais para actuar no seu nome, para que fixera as buscas de familiares nas igrexas e nos padróns dos concellos. O escribán tiña como misión dar oficialmente fe da autenticidade de cada documento atinxido, de cada evento acaecido e a poder ser, compulsar cada Acta coa firma e rúbrica da persoa principal en cargo dos documentos, ou dos responsables dos actos.

Para levar a cabo esta tarefa, os irmáns, Domingo López Polido, de San Miguel de Reinante, e Juan Ramón López Polido, de San Pedro de Arante, van a contratar un escribán real, Francisco Martínez, cuxo cometido será dar fe notarial dos asentamentos e compulsar as partidas acadadas. Para facer a “labor de campo”, o escribán ten que desprazarse de freguesía en freguesía, e mostrar a Real Carta de Provisión, que acredita o obxecto da busca que estaba a facer á persoa depositaria do documento, e unha vez feita a comprobación, o escribán redacta o informe, que firma e rubrica en Testemuño de Verdade, e a súa vez, fai un endosado coa firma e rúbrica da persoa depositaria do arquivo respectivo, a quen se lle entrega recibo e pagamento pola dilixencia efectuada. Isto ocorría cos curas párrocos, para a revisión dos Libros de Bautismos e Matrimonios das súas igrexas, e nos concellos cos alcaldes que ían facilitarlle os arquivos dos padróns e ter poder de convocatoria dos veciños das parroquias en nome do rei. Alcaldes e empadroadores, eran os depositarios das chaves que abrían as Arcas que contiñan os Arquivos dos Padróns ordinarios e de nobres. [Nota: as Arcas tiñan tres ou máis chaves, de aí o nome da “Arca das tres chaves”, distribuídas entre varias persoas de confianza, unha delas tiña que ser o alcalde]

A Real Provisión que presentaba o escribán está redactada nos termos seguintes: “Don Carlos [III] por la Gracia de / Dios Rey de Castilla de León / de Aragón de las dos Sizilias de Je / rusalen de Navarra de Grana /da de Toledo de Valencia de Gali /zia de Mallorca de Zerdeña de Cor / doba de Corzega de Murcia de / Jaen señor de Vizcaya y de Molina. A bos las Justizias Conze / xos vecinos, estados de hombre buenos, empadronadores y Repar / tidores de las feligresías de San / Miguel de Reinante y San / Pedro de Arante Condado / y xurisdizion de la Villa de Riva / deo y demás a quien tocase / la execución y cumplimiento / de lo que en esta Nuestra Car / ta Real Provision se hará mención salud y grazia sa / bed que ante los nuestros Al / caldes de los hijos dalgo de la / nuestra Corte y Chancilleria / que sitta y reside en la Ciudad / de Valladolid se presentto la pe / tición de el tema siguiente= / M Procurador Bernardo deel Casti / llo Alonso en nombre de Don / Domingo López Polido vezino / de la feligresia de San Miguel / de Reinante y de Don Juan Ramon López Polido que lo es / de la de San Pedro de Arante / Condado y Jurisdizión de la / Villa de Rivadeo ambos her / manos hixos lexitimos y de lexitimo matrimonio de Don / Juan López Polido y Doña / Josepha Díaz su tterzera / mujer, nietos con la misma / lexitimidad de otro Don Juan / López Polido y Doña Cathalina Fernández su mujer vecinos / que fueron de el Lugar de Villa / martin el Grande feligresía / de San Julián de Cabarcos, Digo que mis partes, su Padre / Abuelo y demás ante pasados / por línea recta de varón an / sido y son Notorios Hijos dalgo / de Sangre en cuia fama y re / puttazión an estado y están / así en dichas feligresías como / en las demás partes Villas y lugares de estos Reinos donde / an vivido y morado y tenien / do Vienes y hacienda y como / tales executo razón su Ylustre / nobleza sus antepasados / y así bien Don Joseph López/ Polido su hermano en contra / dittorio Juicio con los vecinos / y estado de hombres buenos / de la feligresia de San Vizente / de Cubelas en el año de mil se / ttecientos cinquenta y nueve (ano de 1759)…”. José, como xa vimos na xenealoxía, era irmán de pai de Domingo e de Juan Ramón, e comezara o seu preito o 28-Agosto-1758, representado polo escribán Pasqual Entero.

En 17-Abril-1766, despáchase Carta Executoria a nome de Domingo e de José Ramón López Polido:para que / la Justicia, Conzejos, Vezinos y Estados de Hombres Buenos, Empadronadores / y Repartidores desas feligresías de San Miguel de Reinante y San Pedro de / Arante, comprehendidas en el Condado y Jurisdicción del Condado de Rivadeo en el Reino de Galicia se junten respectivamente en su conzejo o aiuntamiento / según y en la forma que lo tuvieren de uso y costumbre, y estándolo y / confesando ser la maior parte de queel servicio que a ello sea presente / de fee, vean las admisiones y reconocimientos de hijos dalgo que tienen (…) y estando de un mismo acuerdo y parecer y usan / do de su derecho por aora y sin perxuício deel Real Patrimonio, Aprueben y rati / fiquen dichos reconocimientos y admisiones, y en la consequencia les pongan / y aiunten en las listas, nóminas y Padrones de los hijos dalgo y les guar / den todas las horas Exenciones, Franquizias y Libertades que como a tales hijos / dalgo les corresponden y todo se lo den por testimonio para en guarda de su derecho”. Firmado e rubricado “Baca” (Don Joseph Baca Villamiraz procurador de Cámara e Mayor de los hijosdalgo de Castilla de la Audiencia y Chancilleria del Rey), e polo chanceller D. Julio Banfro e por D. Manuel de Barradas.

Para que Domingo e José Ramón, chegaran a ter a Carta Executoria de 1766, tiveron que levar a cabo un custosísimo Preito de Fidalguía, onde ademais da Cédula de Puridade, emanada das partidas de bautismo e matrimonio da Igrexa, tiñan que aportar as compulsas das listas dos padróns de nobres que se atopaban nas freguesías.

Os trámites había que facelos en rigoroso cumprimento das normas establecidas pola Chancillería para evitar que falsos fidalgos se beneficiaran de dereitos que nunca lles foran concedidos en alta instancia. Así atopamos un Auto do Consello de Valladolid, de 1724, firmado e rubricado polo Licenciado Mercado, no que se recordan as formas a seguir para certificar os achados feitos, e que debían seguir un Auto establecido o 30 de xaneiro de 1703, onde se proclama que: “Los Ayuntamientos de las Ziudades Villas y lugares de estos Reynos y Señoríos no hagan rezivimientos de hixos dalgo de personas algunas sin que prezeda primero la Justtificazión que se dispone por la ley de el señor Don Henrrique”. Firmado e rubricado polo licenciado: Garay.

No século XVIII, había en España máis de 400 mil fidalgos. Moitos deles con cédulas compradas aos escribáns reais por cartos, das que non quedaba ningunha xustificación nos arquivos da xunta de Alcaldes dos Hixos dalgo das cortes de Valladolid. Por esta causa saíron este tipo de autos, para frear as “falsas mercés”, e deixar rexistro dos fidalgos reais na propia Chancillería, algo que nos preitos dos López Polido, queda reflexado o haber copia fidedigna de todos eles en Valladolid e aínda que na familia nono sabíamos, puidemos recuperalos na súa literalidade.

En 16-xaneiro-1766, o escribán Francisco Martínez, faille un requirimento ao Alcalde Maior de Rivadeo, D. Juan Benito de Murias y Mon, para que lle diga ao xuíz pedáneo de San Pedro de Arante, D. Francisco de Reigosa, que reúna a unha maioría de veciños, para darlles lectura e notificarlles o coñecemento da Carta Executoria e as súas cláusulas para, seguidamente facer a compulsa da mesma, que a fará D. Luís Francisco de Allegue escribán e veciño da Cidade de Mondoñedo. Os veciños reúnense na Pumarega da Barreira, onde o teñen por costume para reunións veciñais de diversos eventos. Como dato histórico transcribimos os nomes dos veciños que alí se reuniron: “Joseph Garzía; Domingo Fernández Maradona; Lorenzo Zide; Juan Fernández Maradona; Manuel Pérez; Joseph Salgado; Antonio López; Hesteban Fernández Costeira; Joseph da Reigosa; Isidro Fernández; Gregorio Garzia; Juan Antonio Rivero y Andrade; Fernando da Reigosa; Benito Fernández Corteira; Cayetano Maseda; Joseph García Pouso; Rosendo Durán; Basilio Fernández; Juan Miguez; Vizente Marques; Juan Fernández Pumarín; Amaro Alonso; Francisco García; Joseph García Santiso, menor en días; Joseph García Santiso maior; Luís Gutiérrez; Joseph de Iglesia; Antonio Rodríguez do Cobo; Francisco Franco; Domingo Franco; Joseph Raimundo; Domingo López; Antonio López; Blas López; Gregorio Fernández; Antonio Pérez; Juan Raimundo; Pedro Martínez; Juan do Cobo; Domingo Fernández; Juan Fernández; Marcos Colen(¿); Santiago Fernández; Isidro Rodríguez; Juan de Luaces; Bartolomeu Rodríguez; Juan López; Marcos Fernández; Juan Bernardo de la Barrera; José Pita y Juan Francisco de Reigosa Juez Pedaneo, todos vezinos y Hombres Buenos de el Estado Llano de esta propia feligresía, quienes confesaron ser la maior parte de los de que se compone”.

O mesmo se fará en San Miguel de Reinante na casa de Gabriel Díaz de la Rocha e que firmará o escriban de San Cosme de Barreiros, Luis Francisco de Allegue escribán e veciño da Cidade de Mondoñedo.

O 20-xaneiro-1766, o escribán Francisco Martínez, fai xuntanza cos veciños en San Miguel de Reinante, que foron convocados por Manuel Balseiro, ministro de esta Audiencia, para presentar a Carta de Provisión e Executoria. Os presentados foron: “Francisco Alonso, Salbador Rodríguez, Joseph Domínguez; Lorenzo Martínez, Pedro de Pazios, Joseph de Moreda, Roman de Balurias; Francisco Fernández Taramund; Balthasar Fernández; Domingo Fernández Remior; Antonio do Seijo; Cayetano Lorenzo; Ramón Gómez; Francisco Díaz Couso; Sebastián Sánchez; Bernardo do Couto; Gaspar Fernández Remior; Gaspar Dorado; Fernando de Moreda; Andrés Ramos; Joseph Rodríguez do Campo; Juan Alonso; Alonso Gómez; Ramón Díaz Couso; Gabriel Fernández; Gabriel de Moreda; Antonio Rodríguez; Joseph Regueiro; Antonio Fernández Fernán; Domingo Garzía; Joseph Blanco; Juan do Rego; Bernardo da Balsa do Curro; e Bartholome Alonso Procurador General de esta Xurisdicción / todos veciños e Hombres Buenos do Estado Xeral de esta propia feligresía, quienes confesaron ser la maior parte de los que compone dicho estado”. A estes veciños o escribán notifícalles a Real Provisión que encabeza os autos, e cítaos para todos os compulsorios de papeis, partidas de Casados y Baptizados, que as partes que piden, sinalasen e especialmente para a compulsa da Real Carta Executoria ganada por Don Joseph López Polido irmán de Domingo e de Juan Ramón que son as partes que solicitan as Cartas Executorias propias.

O 22-xaneiro-1766 o escribán vai a Casa Reitoral de San Vicente de Cubelas para ver a partida de matrimonio de Juan López Polido coa súa terceira muller, e en presencia de Don Antonio Bello cura, atopan a partida seguinte no folio 84: “En veinte y dos de henero año de mil setezientos y treinta y uno [22-xaneiro-1731], Don Joseph Pita Montenegro, presbítero vezino de Santa María Madalegna de Zedofeita de mi horden y consentimiento, después de haber prezedido lo dispuesto el Santo Concilio de Trento, y no haber resultado ningún impedimento en esta feligresía, ni en la de San Julian de Cabarcos, según certificación, que de ello dio Don Gaspar de Lamas Montenegro, cura de Cabarcos, desposo y belo según el horden de Nuestra Santa Madre Iglesia, a Juan López Polido viudo que fincó de Rosenda López, hixo legítimo de Don Juan López Polido y de Cathalina Fernández su mujer, difuntos, vezinos de Cabarcos, y a Josepha Díaz hija lexitima de Joseph Cid y Beatriz Díaz su mujer, mis feligreses, fueron de ello testigos Cosme Rodríguez Gerbas, Joseph García y Bastián García, todos vezinos de esta dicha feligresía de San Vizente de Cubelas”.

O día 23-Xaneiro-1766 o escribán vai a Casa Reitoral da freguesía de San Julián de Cabarcos, onde compulsa as partidas de bautismo de Domingo e de Juan Ramón López Polido irmáns de pai e nai, estando en presencia de Don Juan Carracedo cura y reitor propio desta freguesía. Revisado o libro de bautismos, no folio 208-V, atópase o asentamento seguinte: “A diez y seis días de el mes de henero año de mil setecientos y treinta y tres, [16-xaneiro-1733] yo Don Diego Antonio Sánchez de Parga, cura propio de esta feligresía de San Julian de Cabarcos baptizo solegnemente en la Iglesia Parroquial de esta dicha feligresía un niño hixo legítimo de Juan López Polido y de Josepha Díaz vezinos de esta feligresía, hubo nombre Domingo Antonio, fueron sus Padrinos Juan López Polido vezino de esta feligresía y Francisca Zid vezina de San Vizente de Cubelas”.

Prosiguiendo en registrar dicho libro al folio doscientos y veinte (folio 220) de él, se halló la partida que dize así = en veinte y uno de henero año de mil setecientos treinta y cinco [21-xaneiro-1735], yo Gregorio Gasalla y González escusando a Don Diego Antonio Sánchez de Parga cura propio de esta feligresía de San Julian de Cabarcos, baptizé solegnemente en la Iglesia Parroquial de dicha feligresía un niño hijo lexitimo de Juan López Polido y de Josepha Díaz vezinos de esta feligresía, hubo nombre Juan Ramón. Fueron sus padrinos Don Juan Gutiérrez, soltero, vezino de la Ciudad de Mondoñedo, y Doña María Gertrudis también soltera vezina de la villa de Villa Nueba de Lorenzana”.

O día 24-xeneiro-1766 o escribán Francisco Martínez, trasládase a freguesía de San Pedro de Arante, a casa que havita Don Gerónimo Marqués Bize cura de esta dita freguesía, con efecto de compulsar do Libro de Bautizados, as partidas de Maria Juana e de Domingo Antonio López Polido fillos lexítimos de Juan Ramón + Rosa Gómez (Folio 32, 5-outubro-1760 e folio 41/41V, 3-febreiro-1763, respectivamente)

O día 25-Xaneiro-1766 o mesmo escribán ven á Casa Reitoral de San Miguel de Reinante, e ante don León Antonio de Fraga y Baldés, cura e rector propio desta freguesía, compulsar as partidas de casado de Domingo López Polido + Antonia Ramona Rodríguez del Valle y Pasarón. Foron testemuñas,Francisco Legaspi, Don Joséph de Soto y otros muchos más vezinos de esta feligresía”(folio 196-V, 13-febrero-1760). Así mesmo, compulsar os bautismos dos seus fillos: Carlos Antonio Ramón, bautizado por D. León de Fraga (folio 108, 13-Novembro-1760). Manuel León Ramón bautizado por “don Thomás Antonio Domínguez, Presbítero vezino de esta feligresia de San Miguel de Reinante con licencia de Don Leon de Fraga cura propio de dicha feligresía y de Santiago de Reinante su anejo” (folio 113-V, 27-Decembro-1761). Joseph Antonio Ramón Pasqual bautizado polo mesmo presbítero Don Thomás, eforon seus padriños D. Joseph Antonio López Polido e Dª Mariana Lópezsu mujer vezinos de San Vizente de Cubelas (folio 117-V, 5-Abril-1763). E María Francisca Catharina bautizada por D. Thomás, padriños Francisco González e súa muller María González, veciños de S. Miguel (folio 125-V/126, 28-Novembro-1764). Firmado e rubricado en papel do Selo de Carolus III D.G. Hispaniar Rex Selo quarto, vinte marabedís, ano de mil setecentos e sesenta e seis. Don León de Fraga e en testemuña de Verdade, escribán Francisco Martínez.

Todos os trámites feitos por Domingo e Juan Ramón, son similares aos que fixera seu irmán Joseph López Pulido o 29-Agosto-1758, cando presenta preito de Fidalguía na Corte e Chancillería de Valladolid, ante os Alcaldes dos Hixosdalgo. Fillo lexitimo de D. Juan López Pulido e de Dª. Rosenda López, súa segunda muller, veciño de Vilamartín Grande freguesía de San Xulián de Cabarcos. Neto doutro D. Juan López Pulido + Dª. Cathalina Fernández veciños tamén de Vilamartín, e alega que seu pai, avó e demais ascendentes por liña recta de varón eran e foron Notorios Cabaleiros Hixosdalgo de Sangre en cuxa posesión tiñan estado e estiveron sen cousa en contrario, en virtude de Real Carta Executoria obtida en Medina do Campo a 23-Marzo-1603 por seu ascendente. D. Juan López Pulido, veciño que foi da freguesía deSan Juan de Obe.

Seguindo o protocolo establecido, na presentación dos preitos de Fidalguía, Joseph López Polido medio-irmán de Domingo e Juan Ramón, contratara ao escribán real Luís Joseph Fernández Cordido veciño de Rivadeo, para que fixera a colleita de partidas polas freguesías, e en San Vicente de Cubelas atopa a partida de matrimonio de Joseph + Mariana López Cid, do 26-Xaneiro-1747. Ela era viúva de Joseph González Traveso, filla de Pedro Zid e de Mariana López, de San Vicente de Cubelas. Foron testemuñas Antonio García, Antonio Pita Montenegro e Sebastián García de Riarelle, veciños da freguesía, firmado por don Diego Rubiños Baamonde, cura da parroquia.

Este matrimonio ten un fillo, Domingo Joseph López Polido, nacido o 4-Agosto-1751, e bautizado o día cinco, sendo seus padriños Don Joseph Domingo Pertierra e a súa muller Doña Rosa María Rubiños veciños de Santa María Magdalena de Cedofeita, Libro de Bautismos [folio 195/195-V]. E tamén teñen unha filla, Agustina Antonia López Polido que naceu o 18-Decembro-1757, e foi bautizada polo presbítero don Juan Suárez escusando a Don Vicente Luís Taboada cura propio da freguesía de Cubelas. Foron seus padriños Juan Antonio Villapol e Agustina González, solteira, filla de Francisco Alonso de Rubiños + Antonia González. Firma a recollida das partidas Luís Joseph Fernández Cordido escribán real veciño de Rivadeo.

O día 10-Outubro 1758, o escribán Luís Joseph Fernández Cordido vai á Casa Reitoral de San Xulián de Cabarcos, encontrando a Don Juan Francisco Carracedo cura reitor da freguesía a quen lle mostra a Real Provisión de Joseph López Polido, en virtude da que obra, para que lle permita ver os Libros de Bautizados e Casados de esta parroquia para compulsar as partidas de bautismos e de casamentos, da parte que representa e a de seu pai Don Juan López Polido, e tamén, a poder ser, ver a de casamento do seu avó Don Juan López Polido e Cathalina Fernández, súa muller. No folio 179, atópase a partida de bautismo de Joseph, do 1-Febreiro-1728, fillo de Juan e de Rosenda López, súa segunda muller, firmada por Don Gregorio Gasalla y González vize-cura de dita freguesía de San Xulián de Cavarcos, foron seus padriños Juan López Polido veciño desta freguesía e Ana María López veciña de Vilanova de Lourenzá. Neste mesmo libro, folio 70, atópase a partida orixinal do bautismo de Juan López Polido, datada 15-Xaneiro-1691, fillo de Juan Polido e da súa muller Cathalina Fernández,foron seus padriños Don Gaspar Lamas cura da freguesía e Ana González muller de Juan de Barreira. Non se atopa nesta freguesía a partida de casados de Don Juan López e de Cathalina Fernández, pais de Don Juan López Polido e avós paternos da parte que pide. No penúltimo Libro de Defuncións, no folio 104-V partida terceira, dise que o 12-Maio-1746, Don Diego Antonio Sánchez de Parga cura propio da freguesía de San Julian de Cavarcos, deu sepultura Eclesiástica ao cadáver de Don Juan López Polido, quen fixo testamento público ante Antonio Valledor, escribán veciño de Santo Thomé de Lorenzana, “en el qual dexó dos ferrados de trigo, medio carnero y una cañada de vino; seis misas el día de su entierro ynclusa la cantada con su vigilia y otro tanto por las honrras, asi de ofrendas como de Misas, veinte y quatro misas botibas y los doze plazos, que todas se pagan a dos reales. Más mandó cinquenta misas a la comunidad de San Francisco de la Villa de Rivadeo, y por berdad lo firmo dicho día mes y año visto supra: Don Diego Antonio Sanchez de Parga”. “Todo saqué bien y fielmente de sus orixinales (…) y en fé de todo ello yo el expresado Luis Joseph Fernández de Cordido escribano de su Magestad vecino de la Villa de Rivadeo lo signo y firmo en testimonio de Verdad”.

Unha vez feitas as compulsas das partidas eclesiásticas da familia do Fidalgo, imprescindibles para ser Fidalgo, o escribán ten que presentar a Carta de Real Provisión aos Alcaldes e empadroadores, para poder acceder aos padróns ordinarios e de nobres, nas Arcas das tres chaves, e comprobar a fidalguía que deberon ter os seus antepasados

(Continuará)

— Artigos desta serie: —

  • https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2025/12/03/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado/
  • 2. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2025/12/15/fidalguia-ii-xenealoxia-pancho-campos-dorado/

    3. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2026/01/14/fidalguia-iii-pleitos-e-executorias-pancho-campos-dorado/

    4. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2026/02/04/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos/

    #historia #PanchoCampos

    FIDALGUÍA (II). Xenealoxía. Pancho Campos Dorado

    FIDALGUÍA (II) 

    XENEALOXÍA 

    Pancho Campos Dorado 

    O traballo máis laborioso de toda a busca foi facer a xenealoxía, situar aos membros e ramas familiares, cada un co seu predecesor correcto. Continuando o relato anterior, soubemos que: Juan López Polido e Josefa Díaz de Aguiar, nosos 6º avós agnaticios (liña paterna), tiveran tres fillos: 1. María Clementa Díaz de Aguiar (n.1731); 2. Juan Ramón López Polido (n.1735) que foi veciño de San Pedro de Arante, casado con Rosa Gómez, e 3. Domingo Antonio López Polido (n.16-Xaneiro-1733). Domingo, cásase o 13-feb-1760 en San Miguel de Reinante con Dª. María Antonia Ramona Rodríguez del Valle y Passarón (n.12-Maio-1727) filla do fidalgo D. Pedro Alonso Prieto Passarón e de Dª. Isabel Rodríguez del Valle y Parga, nosos 6º avós cognaticios (liña materna). 

    No matrimonio de Domingo e María Antonia (nosos 5º avós), foron testemuñas, D.Francisco Passarón, D. Franco Legaspi e D. José Soto. Tiveron oito fillos: 1. Carlos (n.1760) casado con Josefa Pérez (García), filla de D. Antonio García e Dª. Francisca Pérez, oriúndos de San Vicente de Cubelas. Carlos + Josefa son nosos 4º avós, de onde descendemos os fillos da Casa do Páxaro de San Miguel de Reinante e os da Casa de Castañolas da Dulcería. 2. Manuel León (n.1761) casado con María Josefa Fernández de Cordido, tiveron tres fillos. 3. José Antonio (n.1763) casado con María López de Moreda. 4. María Francisca (n.1764). 5. María Antonia (n.1766) casada con Antonio Manuel González Traveso y Castro, en Sta. María Magdalena de Cedofeita. Tiveron catro fillos. Ela falece moi nova e deixa ós catro fillos menores a cargo do seu marido, titor dos seus bens (pago titoría 26-Abril-1799, Carlos IV, selo cuarto, corenta marabedís). 6. Benito Juan (n.1766). 7. Catalina Bernarda (n.1767). 8. Roque López Polido (n.1769) casado en 1ª nupcias con Caetana González, filla de Baltasar de Soto e Ramona González da Quinta de Barreiro de Santiago de Reinante, coa que tivo 3 fillos. Roque, cásase en 2ª nupcias con Josefa López, filla de Francisco de Ben y Colmenares e de María López, coa que tivo 5 fillos; o quinto foi Ramona María Josefa López, casada con Francisco Pérez de Moreda Rodríguez, que tiveron 4 fillos; a cuarta, Ramona Pérez Moreda y López, casada con Luís Manuel Ledo Gómez (n.1845) que tiveron 6 fillos, e o quinto Antonio Díaz Ledo Moreda (n.1891) casado con Paula Rey, padres de Francisco Díaz Rey (Pancho Ledo); e a sexta foi Amadora Díaz Ledo Moreda casada con Porfirio Reigosa (fundadores de Casa Amadora de Santiago de Reinante) avós do meu parente e amigo persoal, Juan Ramón Canabal Reigosa. 

    Seguidamente de ver os libros da igrexa, fomos pescudar ao Rexistro Civil de San Cosme de Barreiros para ver de atopar as actas de nacemento de tódolos fillos de Ramón Dorado Gómez + Dolores López Polido y Pérez Moreda, irmáns do pai de Narciso e de meu avó. Atopámolos a todos. En total foron quince, dos que Narciso, só sabía de trece, pois a verdade é que Rosendo, o número doce, viviu só 16 meses e Avelina a número quince, só viviu 10 días, por iso non se recordaban, aínda que de ouvidas, sabíamos que a avoa Dolores tivera 15 partos e tres abortos. 

    Dolores e Ramón, cos cinco dos seus fillos, en S. iguel de Reinante.

    Cando Narciso e máis eu, vimos as actas de nacemento do Rexistro Civil de San Cosme, chamounos a atención unha nota particularizada para cada un dos fillos, ao marxe de cada unha das partidas, a excepción das actas de Rosendo e Avelina, que faleceran sendo párvulos, e cuxo endoso di o seguinte: “En virtud de expediente instruído en este juzgado y por auto de fecha siete del corriente, se subsanan los errores padecidos en esta inscripción en la forma siguiente: El inscrito es: (por exemplo) Domingo María Dorado López como hijo de Ramón Dorado Gómez y de Dolores López Pérez y nieto por linea paterna de Antonio Dorado y Carmen Gómez y por la materna de Pedro López Y Vicenta Pérez. Y para que conste se extiende la presente nota en Barreiros a 16 de Septiembre de 1938.” Firmado e rubricado: O Xuíz, Tomás López e  Secretario, Juan F. Parga”. 

    Esta nota foi requirida na Secretaría do Concello por algún dos irmáns cando veu de Cuba de vacacións, e estendérona oficialmente para todos en xeral. O endosado debeuse a que cando Ramón, o pai deles, ía facer o rexistro de cada nacemento dos seus fillos, a súa muller inscríbea como: Dolores Pulido Moreda, polo que tódolos fillos apelidaron de principio, Dorado Pulido. Así, temos constancia escrita, na partida de matrimonio eclesiástico de meu avó materno, reza como José Ramón Dorado Polido. O mesmo ocorre con algúns irmáns, Dorado Polido, nas Memorias das Escolas de Hijos de San Miguel de Reinante, que desde a súa fundación en 1908, foron benfeitores, entre outros moitos habaneiros, que mandaban cartos desde Cuba para os traballos da construción das Escolas e para o seu mantemento. Igualmente, aparecen inscritos como Polido ou Pulido na Sociedade de Agricultores e na Sociedade Obreira de 1931 de San Miguel de Reinante. 

    Nove dos irmáns López Polido na Habana, en 1921

    O apelido nas Actas de Nacemento dunha forma, e nas cédulas persoais doutra, debía traerlles confusións cos papeis de identificación, e o temor a ter graves problemas incrementou o seu celo, a causa de estar en plena Guerra Civil (o endosado fíxose no ano 1938) onde os papeis era imprescindible que foran claros, para non ter obstáculos de circulación e aduaneiros nas súas viaxes a Cuba, engadidos aos xa existentes polo conflito da guerra. 

    Mais, como nós vemos máis tarde, ó facer a rectificación, non tiveron en conta que o apelido de súa nai era dobre e dobre, ou sexa dous apelidos compostos, Dolores López Polido y Pérez Moreda, apelidos directos de tódolos seus ascendentes. O apelido acortárono por ignorar esta ascendencia materna, tal e como estábamos ignorantes Narciso e máis eu no ano 2006. A ningún deles lle repercutía na súa vida privada o descoñecemento dos asuntos patrimoniais da familia, xa que once dos trece irmáns vivos, se foran indo para a Habana sendo rapaces de 14 a 19 anos.  

    Pero a nós sí nos interesou saber destes asuntos. Segundo podemos comprobar nas escrituras de Rita Dorado Gómez de 1910 e 1914, Domingo, seu marido, e Dolores (irmáns) apelidan López Pulido y Pérez Moreda, de aí que, Ramón Dorado Gómez inscribira a súa muller como Dolores Pulido Moreda como realmente era coñecida, pois eran os apelidos das casas relevantes ás que pertencía. O caso foi que o prescindirse das cédulas persoais, anuais, e instaurarse o Documento Nacional de Identidade, para catro anos, en plena Guerra Civil e na posguerra, ocorreu, neste caso, que os apelidos non eran exactamente os correctos. Meu avó e tódolos seus irmáns son os últimos descendentes do apelido materno López Polido, e quedaron só coñecidos pola rama Dorado do apelido paterno, posto que ó ser de descendencia materna perdeuse con eles este tan antigo apelido da nosa familia. Igual que ocorrera xa, co tamén antigo segundo apelido, Pérez Moreda de Dolores, que nacera no Pazo de Pumarín da súa propiedade, o cal adquiriran a primeiros do século XIX de D. Juan José de Acevedo Pardo Taboada (fillo de D. Gaspar Acevedo Pardo e Taboada e de Dª Isabel Abello y Castrillón), mediante un foro perpetuo “desde ahora y para siempre”, que fixera con D. Domingo Pérez de Moreda (Bibliografía, “O Pazo de Pumarín”, artigo de Faustino Recalde baseado nas escrituras dos anos 1801 a 1808 do Pazo). Así tamén, o Pérez Moreda, se reduciu a Pérez nalgúns casos e a Moreda noutros, acepción esta, particularmente recollida polas femias da familia. 

    Unha vez coñecida a ascendencia dos López Polido, pola parte eclesiástica, dediqueime a buscar por outro lado as acreditacións que tiña que haber noutros ámbitos. Salta a miña sorpresa cando me deu por revisar os tomos de Xenealoxía do Padre don José Santiago Crespo del Pozo, incluídos na Historia de Galicia (colección patrocinada pola Real Academia Galega, Editorial la Gran Enciclopedia Vasca, 1979, Tomo XXI, páxina 211) onde aparece unha breve xenealoxía dende os primeiros López Polido en Novio, barrio da parroquia de San Martín de Arroxo, concello de Burón, na Fonsagrada. Diego López Polido, totalmente descoñecido na cédula da Aspara, resultou ser noso 11º avó, cuxo fillo, Lorenzo, estaba casado con Elvira Ares de Queycan (incerta a transcrición do 2º apelido) 10º avós, tamén da xurisdición de San Martín de Arroxo. 

    A historia familiar estaba empezando a revelarse. Xa tíñamos a secuencia cronolóxica de matrimonios e bautismos de máis do 80% de todos os familiares, preto de cinco séculos. E aquí, extractamos unha parte directa da árbore xenealóxica, á que engadimos datos que foron atopados noutros documentos dos que iremos falando máis adiante, pero cremos importante adiantar este resumo, para que nos sirva de guía, e aclarar o relato actual e posterior:  

    Diego López Polido + María de Nobio (veciños de Novio) (nosos 11º avós) (teñen por fillo [tpf] en diante) a: Lorenzo Ares López Polido de Nobio + Elbira Ares de Queycan (de Novio) (10º avós) [tpf] Juan López Polido + (1ª nupcias) Teresa Ares Meyximo (Meiciño) + (2ªnupcias) Ana Franca (9º avós) [tpf] 1. Juan López Polido (presenta Preito de Fidalguía o 28-Maio-1587, e ten a sentencia de Alcaldes dos Hixosdalgo ao seu favor, 26-Maio-1593) / (f.24-Agosto-1663, mesmo ano que nace o seu fillo) + Dª María González (veciños de San Juan de Ove, Ribadeo) (8º avós) [tpf] 1. Juan López Polido (“el Viejo”) (n.1-Marzo-1663 / f.12-Maio-1746) + Catalina Fernández (veciños de Vilamartín Grande, S. Xulián de Cabarcos) (7º avós) [tpf] 1. Juan López Polido (“el Nuebo”) (n.15-Xaneiro-1691/f.1765)+ Ana González Varela (1ª muller) (veciños de San Julián de Cabarcos) (ela é filla de Antonio López da Fraga + Clara González Varela) [tpf] 1. María Bentura González Varela de Polido (n.14-Marzo-1719) e 2. María Isabel Margarita González Varela de Polido (n.10-Xuño-1720) 

    1. Juan López Polido (“el Nuebo”) (n.15-Xaneiro-1691/f.1765) + Rosenda López Díaz (2ªmuller) (veciños de Vilamartín Grande- S. Xulián de Cabarcos) (ela é filla de Lorenzo Meseda de Moino ou Maseda do Moiño + Ana María López, veciños de Valdeflores, Lourenzá) [tpf] 1.José (Antonio) López Polido (n.1-Febreiro-1728) + Mariana López Zid y García (casados en San Vicente de Cubelas) [tpf] 1. Domingo José López Polido (n.4-Agosto-1751) + DªJosefa Pérez (casados en San Vicente de Cubelas) [tpf] 1. D. José López Polido (n.1771) + Dª Rosa Pardo y Taboada; e 2. Agustina Antonia Gertrudis López Zid y Pulido (n.18-Dic-1757) 

    1. Juan López Polido (“el Nuebo”) (n.15-Xaneiro-1691 / f.1765) + Rosenda López Díaz (2ªmuller) [tpf] 2. Rosenda López Díaz (de Polido) (n.7-Novembro-1730) 

    1. Juan López Polido (“el Nuebo”) (n.15-Xaneiro-1691 / f.1765)+ Josefa (López) Díaz de Aguiar (3ª muller) (6º avós paternos) (ela é filla de José Felipe Cid + Beatriz Díaz de Aguiar (7º avós cognaticios) [tpf] 1. María Clementa López (Díaz)(Polido) (n.26-Novembro-1731) / 2. D. Domingo Antonio López Polido (n.16-Xaneiro-1733 / f. 29-Xullo-1804) + Dª. María Antonia Ramona Rodríguez del Valle y Passarón (n.12-Maio-1727) (5º avós paternos) (veciños de San Miguel de Reinante) (ela é filla, como xa dixemos arriba, de D. Pedro Alonso Prieto Passarón + Dª. Isabel Rodríguez del Valle) (6º avós maternos) [tpf] 1. Carlos Antonio Ramón López Polido (del Valle y Pasarón) (n.12-Oct-1758) + María Josefa García Pérez (4º avós paternos) [tpf] 1.Bernarda (n.18-Abril-1792) / 2.Juan Antonio (n.6-Outubro-1793) / 3.Manuel (n.24-Xuño-1795) / 4.Antonio José (n.1-Novembro-1798) + Rosenda Díaz Salgado / 5.José Caetano (n.20-Outubro-1800) / 6.Francisco Xavier (n.21-Decembro-1802) / 7.Manuel Juan José (n.17-Xaneiro-1805) + María Francisca González de Moreda / 8.Domingo María (n.2-Setmbro-1806) + (1ª nupcias) Juana García Abraído + (2ª nupcias) Rosenda da Fraga Legaspi (n.1835) / 9.Ramona Antonia María (n.24-Maio-1808) / 10. Pedro José Manuel López Polido + Vicenta Pérez de Moreda y Rodríguez (nosos 3ºavós paternos) [tpf] 1.Domingo (n.6-Xaneiro-1851) + Rita Dorado Gómez (n.5-Decembro-1857) / 2.María (n.16-Abril-1854) + Isidoro Cuadrado Díaz / 3.Antonio (n.21-Outubro-1857) / 4.Ramona (n.22-Outubro-1860) + Benito Ramón Pérez Otero (n.1858) / 5. Dolores López Polido e Pérez Moreda + Ramón Dorado Gómez (avós de Narciso, e bisavós ou 2ºavós meus) [tpf] 1.Domingo / 2.Ramona / 3.Carmen / 4.Aurora / 5.Francisco (Pancho) / 6.José (O Heredeiro) (meu avó)/ 7.Narciso (do Páxaro) (pai de Narciso) / 8.Josefa (Miami)/ 9.José Antonio / 10.Daniel / 11.Dolores (Lola, Miami) / 12. Rosendo / 13. Miguel /14.Elena /15. Avelina (1ºavós) 

    D. Domingo Antonio López Polido (n.16-Xaneiro-1733 / f.29-Xullo-1804) + Dª. María Antonia Ramona Rodríguez del Valle y Passarón (n.12-Maio-1727) (5º avós paternos) tamén [tpf] a: 2. Manuel León Ramón López Polido (del Valle y Pasarón) (n.25-Dec-1761) + María Josefa Fernández de Cordido / 3. José Antonio Ramón Pasqual López Polido (del Valle y Pasarón) (n.3-Abril 1763) + María de Moreda / 4.María Francisca Catalina Rodríguez del Valle (López Polido) (n.25-Nov-1764) / 5. María Antonia (López) Polido del Valle y Pasarón (n.25-Xaneiro-1766) + Antonio Manuel González Trabeso y Castro / 6. Benito Juan Francisco López Pulido (n.8-Maio-1766) / 7. Catalina Bernarda (Rodríguez) del Valle (López Polido) (n.26-Novembro-1767) / 8. D. Roque López Polido (del Valle y Passaron) (n.1769) + (1ª nupcias) Caetana González + (2ª nupcias) Josefa López.  

    2. D. Domingo Antonio López Polido (1733 / 1804) + Dª. María Antonia Ramona Rodríguez del Valle y Passarón (n.12-Maio-1727) (5º avós paternos) [tpf] 3. Juan Ramón López Polido (21-Enero-1735) + Rosa Gómez (veciños de San Pedro de Arante) 

    1. Juan López Polido (Fidalgo) (“el Nuebo”) (n.15-ene-1691) + Josefa López (4ª muller) [tpf] 1. Juana Josefa Antonia Ramona López [López] Polido (n.10-Octubre-1736) / 2. Angel López Polido (n.6-Abril-1738) / 3. Juan Antonio (José) López Polido (n.10-Xuño-1740) / 4. Juana Bernarda [López Polido] (n.5-Xuño-1742) / 5. María Jesús López [López Polido] (n.7-Febreiro-1745) / 6. María Antonia [López Polido] (n.27-Setembro-1747) / 7. María Gertrudis Teresa López Polido (n.23-Marzo-1750) / 8. Rosa López [Polido] / 9. Francisco Ramón López [Polido] (n.24-Febreiro-1756) 

    Visto este extracto da xenealoxía emanada dos libros da Igrexa, sabíamos que María Antonia Rodríguez del Valle y Passarón, era a patrucia da Casa da Áspara de San Miguel de Reinante, filla de don Pedro Alonso Prieto y Passarón e de doña Isabel Rodríguez del Valle, nosos 6º avós maternos ou cognaticios, coa que Domingo López Polido veu casarse a San Miguel de Reinante, nosos 5º avós paternos. 

    Don Pedro Alonso Prieto y Passarón, xunto có seu irmán Francisco, están nomeados como Hixosdalgo no Libro de Confrontación da freguesía de San Miguel de Reinante, provincia de Mondoñedo do Reino de Galizia, Ano de 1762. Así mesmo, está mencionado Don Cosme Prieto y Passarón, pro-canónigo regular no convento de San Marcos de León. Soubemos que Francisco Javier Prieto y Pasarón, cando presenta o seu preito de fidalguía en 1783, era veciño de Viveiro, e consta como oriúndo da parroquia de Pividal de Abres. Quizais a casa patrucial de todos os Prieto Passarón

    Na Cédula de Puridade falábase de padróns de nobres e de padróns ordinarios. Vemos que Juan López Polido, “El Viejo” casado con Catalina Fernández, está no Padrón de Nobres de Cabarcos nos anos 1702, 08,11,14,17,20,23,26,32,35,38,41 e 1744 (J.S. Crespo del Pozo, Blasones y Linajes de Galicia, Tomo III, páx.211). Este dato levounos a consultar en PARES, na Chancillería de Valladolid o apelido López Polido. Efectivamente, había referencia a varias preitos e executorias de fidalguía. 

    A finais de novembro do ano 2007, tivera que deixar a busca, pois operáronme de cáncer de amígdalas. Estiven case un ano sen poder ocuparme dos documentos, e unha vez recuperado, fixemos a transcrición dos escritos que se podían descargar desde o portal de PARES, quedando satisfeitos dos resultados acadados, no ano 2010, pois xa eran varios anos de busca. Fixemos copias e encadernamos en libros, toda a xenealoxía e documentos coñecidos, para darllos a varios descendentes dos distintos irmáns dos nosos avós, co cal, pretendemos que quede unha memoria espallada polos familiares todos, e non esquecida no sobrado dunha sola das casas patruciales.  

    Pero en agosto do 2024, fíxose unha comida para varias decenas de familiares, organizada por catro descendentes de dúas irmás de nosos avós, Lola e Josefa, que en 1920 emigraron a Cuba, e a mediados da década dos 50, emigraron a Miami, cando viron o cariz que tomaban os seus negocios nas revoltas do Movemento 26 de xullo de 1955, contra Fulgencio Batista, que culmina na Revolución Cubana de 1959 de Fidel Castro, Che Guevara, Frank País e Camilo Cienfuegos. Foron momentos de moita incerteza para elas e para toda a familia. Hoxe son realmente os nosos Indianos, dos que eu ouvira falar, pero cos que nunca trato tivera, até ese verano do ano 2024.  

    Falámoslles do tema da árbore xenealóxica, e quedaron encantados de coñecer tantos datos e de tan antiga procedencia, e facilitámoslles copia do que tíñamos. Logo propuxémonos continuar coa documentación da Chancillería de Valladolid, coa que nos puxemos en contacto en xaneiro de 2025, por si había algún documento máis referente ao que estabamos buscando.  

    Comunícannos que había varios preitos e executorias de fidalguía, entre eles un de enorme volume, 772 páxinas do ano 1587 de Juan López Polido. Este preito fala de ascendentes anteriores ó ano 1520 (Sala de Hijosdalgo, caixa 179,4). Tamén se encontraban: unha Executoria do ano 1589 de Juan, Caixa 1648,11 de 4 páxinas; Executoria do ano 1603, caixa 1951,86 de 20 páxinas [estas tiñan estado por aqueles anos na Chancillería de Medina del Campo, segundo se narra na Cédula da Áspara]. De Toribio López Polido, ano 1702, caixa 3103,51, de 18 páxinas. De Domingo (5º avó) de San Miguel de Reinante e de Juan Ramón (irmáns) de San Pedro de Arante, do ano 1766, caixa 966,51; preito e executorias que contén 130 páxinas. De José López Polido, de San Vicente Cubelas, ano 1758, de 80 páxinas. De Francisco Ramón López Polido, de San Vicente de Cubelas, ano 1785, de 100 páxinas. Preitos e Executorias con un total de 1.140 páxinas

    Naturalmente, á vista de tal descubrimento, quixemos ter copia de todas e cada unha delas para ver como se desenrolaran os preitos e acontecementos familiares, e chegar a saber da utilidade práctica da Cédula da Áspara. Lembrar e expresar desde aquí o noso agradecemento aos funcionarios de Chancillería de Valladolid que nos atenderon con exquisita amabilidade e premura, poñéndonos ao tanto de tódolos requisitos necesarios para a obtención das copias, pois eran moitos folios.  

    De todas as copias, unha vez clasificadas, transcribimos primeiramente as 130 páxinas relativas ó Preito e Executoria de Domingo López Polido, casado en San Miguel de Reinante con María Antonia Rodríguez del Valle y Passarón (5º avós), que conxuntamente se refire tamén ao seu irmán Juan Ramón, casado con Rosa Gómez en San Pedro de Arante. O litixio foi resolto o seu favor no ano 1766, e aquí faremos un relato documental, dos requisitos esixidos para chegar a ter unha Carta Executoria de Fidalguía. 

    A documentación, comeza describindo a ditos irmáns nas freguesías do Condado e Vila de Ribadeo do Reino de Galicia. Así mesmo, cita a expendedoriña do escribán da Súa Maxestade de carreira Don Joseph Baca Villamizar, e quen levará o caso será don Bernardo Castillo Alonso en nome de ambos irmáns, quen os presenta como seus clientes, fillos de Don Juan López Polido + Dª Josefa Díaz de Aguiar (súa terceira muller), netos de Juan López Polido + Cathalina Fernández, veziños de Vilamatín Grande da freguesía de San Julián de Cavarcos: “digo que mis partes de sí, Padre, Abuelo y demás antepasados por línea recta de varón han sido y son Notorios Hijosdalgo de Sangre, en cuya fama y reputación han estado y están así en dichas feligresías, como en las demás partes, villas y lugares a estos reinos donde han vivido y morado y tenido bienes y hacienda y como tales executoriaron su Ilustre Nobleza sus antepasados, y así bien Don Joseph López Polido, su hermano, en contradictorio juicio con los vecinos y estado de hombres buenos de la feligresía de San Vicente de Cubelas en el año de mil setezientos cinquenta y nueve [1759]“…a quien se libró Real Carta Executoria por esta Chancillería”. 

    Domingo alega que por motivo de casarse lexitimamente con Dª Ramona Antonia Passarón Valle (sic) coa que ten nese momento catro fillos: Carlos, Manuel, Joseph e María, e ó facer veciñanza en San Miguel de Reinante, non lle gardaron as exencións da súa condición de fidalgo notorio e por iso comeza o contraditorio xuízo do Preito de Fidalguía, que disputa contra o Fiscal de Súa Maxestade na Real Chancillería de Valladolid e na de Medina do Campo en “donde en aquel tiempo residía dicha Chancillería, en donde obtuvieron en Vista y Revista su Real Carta Ejecutoria de Hidalguía, la que después filió D. Joseph López Polido, mi hermano, obteniendo auto a su favor el 18-Enero-1759”. O escribán da Súa Maxestade, Francisco Martínez, vai ser o encargado de ir indagando e recompilando os datos que se atopan nas freguesías onde viviron e viven os López Polido, convocando ós empadroadores do Estado Xeral e legados do Estado Nobre. Así, en 2-xullo-1765, están nomeados en San Cosme de Barreiros, D. Phelipe Antonio Lodeiro, Xuíz e Xustiza ordinaria, e Lorenzo Reimundo, onde na súa casa se atopa a Arca de tres chaves, que contén o Arquivo dos padróns da Xurisdición. D. Phelipe Fernández Vizoso é o Procurador Xeral, e Francisco Rodríguez e Alonso Gómez, os empadroadores de Calle e Casayta (documento descrito en Folio oficial do Selo de Carolus III d.g. Hispaniar Rex, selo quarto, vinte marabedís, ano de mil setecentos e sesenta e cinco a [2-Xullo-1765]). O folio está endosado cunha nota: “El pedimento con que se presenta es bastante” firmado polo licenciado de Valladolid: Castillo Buida. 

    En Mondoñedo a 3-Outubro-1765, Luís Francisco de Allegue supernumerario e receptor da Cidade e Xurisdición, presenta denuncia polos perxuízos que están sufrindo as súas partes [Domingo e Juan Ramón], e son representados por Bernardo del Castillo Alonso, e Bernardo Pasqual Entero, Procuradores de número na Real Chancillería de Valladolid. Documento firmado por Don Carlos Fernández de Parga, Joseph de Cora y Antonio Martínez veciños da cidade de Mondoñedo, e por Domingo López Polido e Lancuís Francisco de Allegue. Este último acreditado polos escribáns públicos y reais, en Testemuña de Verdade: Luís Fernández del Riego, Alonso Fernández del Riego e Pedro Joseph de Allegue.

    (Continuará) 

    — Artigos desta serie: —

  • https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2025/12/03/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado/
  • 2. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2025/12/15/fidalguia-ii-xenealoxia-pancho-campos-dorado/

    3. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2026/01/14/fidalguia-iii-pleitos-e-executorias-pancho-campos-dorado/

    4. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2026/02/04/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos/

    #historia #PanchoCampos

    FIDALGUÍA (I). Un manuscrito inédito. Pancho Campos Dorado

    FIDALGUÍA (I) 

    UN MANUSCRITO INÉDITO 

    Pancho Campos Dorado 

    Esta historia comeza a finais do ano 2006. Á morte de María Docobo González (f.8-Dec-2006) muller de Narciso Dorado Dorado, primo carnal de miña nai Inés Dorado López, el, fillo de Narciso Dorado López, patrucio da “Casa do Páxaro” da Áspara, e Inés, filla de José Ramón Dorado López, “O Heredeiro”, ambos os dous de San Miguel de Reinante. 

    Aos poucos días do óbito de María, fun visitar unha vez máis a meu primo segundo Narciso “O Novo” e a seu pai. Narciso pai, fixo café para os tres que sentados á mesa do comedor, lembramos a triste e repentina perda que sen ningún tipo de aviso se presentara na familia. Emotivos momentos pero sen solución algunha, pois cando as cousas pasan, pasan!. Quizais os familiares e amigos non se van realmente, pois quédanos a saudable nostalxia de que para nós pasan a ese chamado “estado da cuarta idade”, onde “os vivos”, expresamos xestos, accións ou ditos de calquera deles, recordos inesquecibles que lembramos e lembraremos mentres vivamos. 

    Despois daquela entrañable lembranza, Narciso pai, subiu ás habitacións do primeiro andar, e baixou un libro con tapas de coiro suave, ennegrecido, sen ningún título nin cabeceira algunha. Pola encadernación, claramente artesanal, tiña pinta de ser antigo. Non se podía abrir, así como así, pois as páxinas estaban pegadas unhas a outras pola humidade e tamén mostraba algúns sucos da couza polos cantos da cuberta. Pregunteille que era aquelo, e díxome que era un libro que estivera no sobrado da casa “desde sempre”, e que por desgracia cadroulle ter estado nalgún tempo baixo unha goteira. Falárase algunha vez entre os vellos da casa, que era un libro importante da familia, pero a día de hoxe sen saber por qué, pois facía anos que non se podía abrir para lelo, e ninguén se tomara o traballo de abrilo por ter medo a desgracialo.  

    Díxome de si eu quería tentar abrilo para poder ler o que poñía. -Por suposto que sí!. Collín o libro como quen colle un ovo sen casca, e boteille unha ollada ás tapas, e con sumo coidado abrín a tapa que parecía ser a de arriba, e vimos que se trataba dun manuscrito. A tinta estaba esvaecida e líase moi malamente algunha que outra letra da primeira páxina, que estaba roída pola parte alta prolongándose a desfeita nunha especie de triángulo escaleno, con dous vértices na parte alta e un vértice case a metade de páxina. Era como un cráter, que afectaba en maior ou menor medida a todas as páxinas, que se formou onde debeu estar caéndolle a gota da goteira. Díxenlle a Narciso que volvería en días sucesivos con algo de material apropiado para ir abrindo as follas unha a unha e tratar de non rompelas, pois estaban moi pegadas e non ía ser fácil ir despegándoas sen resgalas ou destruílas. 

    Folio primeiro da Célula de Puridade de Áspara

    Ao día seguinte pola tarde, logo da hora da sesta de Narciso, chegueime á Casa do Páxaro. Narciso fixo o café, algo ritual despois da sesta, e eu púxenme a despegar aquela primeira folla. Con sumo coidado e axudado dunha lámina metálica de moi pouco grosor, delgadiña, longa e estreita a modo dun coitelo de liscar o xamón, fun introducíndoa entre as dúas primeiras páxinas milímetro a milímetro, soerguendo a primeira cunha pinza de bocas de pato anchas e, á súa vez, a medida que avanzaba tamén metía un folio para ir encamando a folla desprendida. Logo de tempo abondo, fun capaz de desprender aquela primeira folla, e vin que estaba manuscrita polos dous lados con tinta que mostraba tonalidade azul, moi esvaecida polos anos e as malas condicións de conservación que padecera o libro. 

    A páxina pola parte alta da primeira plana estaba literalmente ilexible nas liñas iniciais pois faltaba un cacho, pero máis abaixo aparecían palabras inconexas, a un e outro lado do cráter, e  unha data escrita:

    Real Executoria de 1758, de Joseph López Polido

    xurisdi / ción …. de la…. Rivadeo a / zinco días del mes de octtu / bre de mill settecientos cin / quenta y ocho [5-Outubro-1758], yo escrivano / por fee dillixencia y zertifica / ción havia benido a esta casa di / cha Casa y en ella encontra / do a Don Vicente Luís Taboa / da cura y rector propio de la / citada feligresía a quien con / toda urbanidad manifestte”.

    O relatado non nos daba a coñecer a que puidera referirse tal descrición. Deixei a páxina entre dous folios, para que en futuras manipulacións non fixera falta tocarlle, pois podíase voltear tocando só os folios. Un documento manuscrito do século XVIII en aquelas condicións, eu nunca o tivera entras mans e facíame tremer un pouco para non estragalo. 

    Na volta desta primeira plana, que obviamente tampouco era posible lela desde o principio, pois faltáballe un cacho, dicía:

    yendo que…./ los libros de…./ dos de estta…./ parroquia….com / pulsar la …. de Casamiento de Don Joseph López Po / lido con ….Doña / María Ana López Zid y la / de su hijo que tienen llama / do Domingo Joseph Ló / pez Polido. Ygualmente la / de otra hixa llamada Doña / Agustina Antonia López / Polido y las deestos dos ulttimos / por lo que respecta a las de sus / Bapttismos mediante el llama / do Don Joseph López Polido /”. 

    O de López Polido xa nos sonaba. Era un documento familiar pois meu avó e tódolos irmáns, eran López e sabíamos polas escrituras testamentarias que Dolores, súa nai, chamábase Dolores López Polido y Pérez Moreda, ambos os dous apelidos dobres. Pero nin Narciso, nin eu víramos en ningures documento parecido. Habería que ir descifrando páxinas ate atopar algo relevante que nos dera unha pista para entender o documento.  

    Nas seguintes páxinas seguían aparecendo actas matrimoniais de diversos membros da familia López Polido cos nomes das testemuñas e do cura que os casara, así mesmo, actas bautismais de pícaros e pícaras tamén da mesma familia, cos nomes dos padriños ou só dunha madriña e sen padriño.  

    Chegados á páxina oito, atopamos a Partida seguinte:

    “…En quince de henero deestte / año de mil seiscienttos sesen // tta y uno digo nobentta y uno [15-Enero-1691] / vapttizé un hixo de D. Juan / Polido y desu mujer Catthali / na Fernandez hubo por nom / bre Juan fueron sus padri / nos Don Gaspar de Lamas / cura de dicha feligresía y / Ana González mujer de /”.

    Ou sexa estábamos falando tamén de actas ou partidas do sáculo XVII. Nós, cada día estabamos máis intrigados de que era aquela listaxe de persoas, e para que servía tal recompilación de datos. 

    Na páxina doce, outra Partida dicía

    Executorias de Domingo e Juan Ramón de 1766

    …en a Juan …. / por hixo de …. / …. entoria ….su hixo le / xítimo y de Rosenda Fernan / dez su segunda mujer a Jo // seph López y de Josepha / López su tercera mujer a Do / mingo y a Juan Ramón Ló / pez Polido y de Josepha López / quarta mujer a Angel y / Francisco López, Juana, Ber / narda, María, Anttonia, The / resa y Rosa López concluien / dichos padrones con las firmas / siguienttes: Alfeiran = Al…. / Fernando Santtar, Juan Fer / nandez Maseda = ante-mí /”.

    Ou sexa que Juan López Polido, casouse catro veces, e seguíamos sen saber, quen era aquel Juan e, qué nos era a nós? 

    Levaba case dúas semanas indo a diario ver a Narciso, e despegando e transcribindo o que podía ler axudado dunha lupa. No fin de semana fun a A Coruña, e merquei unha lámpada de luz ultravioleta como as que se usaban para ver posibles falsificacións nos billetes de banco. Ao luns seguinte, volvín tomar o café con Narciso e seguín despegando e transcribindo as páxinas do manuscrito, agora de modo máis doado, pois a luz ultravioleta resaltaba a esvaecida tinta e líanse mellor as palabras, por suposto, sempre axudado de lupa e da luz complementaria dun flexo. 

    Chegados á páxina trece, dicía:

    estado xeneral …. / noble don …. / tar y Don Fer[nando González / Santar vezi …. / jurisdición ….[Cu]belas pa[rtidas] / y cláusulas …. / en dicho [padrón] de nobles de Calle y Casa …. hay una (Partida) deel / thenor siguiente = Así mis / mo reconocen a Juan López / Polido de Hixodalgo de Carta Executoria ttiene por su hi / xo lexítimo y de Rosenda / María digo Fernandez / su segunda muxer a Joseph / Lopez Polido y de Josepha Ló / pez su ttercera mujer ttiene / por sus hixos lexíttimos a Do /”.  

    Seguindo na páxina catorce:

    [mingo]…. / Juan López [Polido y de] / Josefa López su / [cuarta muj].er tiene por sus / hixos lexítimos a Anxel a Juana concluien / las partidas de dichos padro / nes Joseph Anttonio / Salgado y Benitto Ro / driguez; Antonio Fernan / dez de Maseda; Juan Fernan / dez Maseda y Fernando Gon / zalez Santar = Marcos Gon / zalez Santar: anttemí Pedro // Francisco Bizoso = encontro / se en la referida arca otro / padrón de nobles y servicio / hordinario echo y formado / según suena ttener princi /”. 

    Vaia. Ou sexa que o tal Juan que se casou catro veces, era fidalgo. Narciso e eu mirámonos, sen saber que dicir, e sorríamos pois nunca souberamos tal cousa de que tiñamos na ascendencia familiar algún fidalgo. A min ninguén mo falara, nin xamais escoitara algo do tema. 

    Na páxina vinte e unha, e na vinte e dúas volta, reiterábase o de Juan como Hixodalgo de Carta Executoria e na páxina vinte e oito, moi desfeita ate a liña terceira, está a Partida:

    “.. deel mes de / marzo de el año mil y seis / cientos sesenta y tres años [año 1663] / yo Don Antonio Pardo de / Tobar y Aguiar prior que soy / destte Prioratto y feligresia / de San Juan de Obe Vapttize / un niño hixo lexítimo de / Don Juan Lopez Polido difuntto /”

    Vimos que as freguesías onde se desenrolaban as partidas de bautismos e casamentos eran as de San Juan de Obe, San Vicente de Cubelas e San Xulián de Cabarcos, lugar de Vilamartín Grande. Por outra banda, falaba de que as sentencias e executorias de Fidalguía se emiten en audiencia pública na Chancillería de Valladolid en 1587, e en Medina del Campo en 1602 e 1603

    Real Executoria de 1603, de Juan López Polido

    O documento continuaba describindo aos membros da familia unha e outra vez ate a súa páxina final, a setenta e oito volta. E nós sen saber aínda que era todo aquelo e para que servira. 

    Propúxenme pescudar que había de certo no documento e para iso tería que ir ás orixes, ás igrexas que estaban nomeadas nel. Sabía que ía ser un traballo longo, pero tamén era una forma de distraerme, pois ese mesmo ano de 2006, finais de Febreiro, quedei inhabilitado para navegar despois de terme posto un “stent” na coronaria dereita do corazón, o cal é considerado un accidente laboral, que me inhabilitou para o traballo no mar de por vida.  

    Foi algo moi pesaroso para min, pois dedicara toda a miña existencia laboral ó mar, unha paixón vocacional indescritible, e que se truncaba de repente sen darche tempo a ir pensándoo. Levaba desde o primeiro embarque en maio de 1971, no pesqueiro “María Irene” de Ribadeo, de Genaro do Circo de Vilaselán e de Justo do Campanillas de Cabanela, até febreiro de 2006, 35 anos menos tres meses dedicado a vida marítima. Acababa de cumprir 54 anos, e tiña por diante un ano de convalecencia ó cabo do cal, retiráronme con 55 anos. Unha idade que me tiña que corresponder por tempo cotizado, pois naveguei máis do 90% das veces en barcos con un coeficiente do 1,3 e 1,4 por ano navegado, incluso fixen dez meses de mili nunha fragata, que tampouco entrou nos anos de cotización na vida laboral. Deixáronme unha pensión do 75% pois ese coeficiente en barcos estranxeiros non se me recoñeceu, o que equivalía a máis de 42 anos cotizados. Sempre me obrigaron a pagar na Declaración da Renda como si de barcos españois se tratara, pois non podía rebaixar nos barcos de bandeira estranxeira aquel 15% que lles correspondía aos emigrantes, por non poder xustificar aquel terceiro punto da norma, de que tiña que ter residencia no estranxeiro, pois un barco non ten “residencia”, como sí podía facer calquera emigrante en terra, pois ten dirección domiciliar. Así as cousas. No gremio mariñeiro, non hai folgas e paros reivindicativas dos nosos dereitos laborais, polo perigoso e duro traballo, pois ao estar espallados por todo o mundo, non hai maneira de xuntarnos, e así nos vai a hora real de facer contas.  

    Pois ben. Naquel traumático momento estaba embarcado e descargando produtos refinados de petróleo no peirao de A Coruña e tiven que desembarcar de urxencia por un principio de anxina de peito, e que por medio de cateterismo se descubriu a obstrución case completa da coronaria dereita, 99,9 % di o diagnóstico. Estaba a punto dunha morte súbita por parada cardíaca. 

    En fin, a miña saúde condicionábame a non facer esforzos físicos pero permitíame facer traballos de escritorio. Estaba libre para poder indagar qué era este documento e a onde nos levaría.  

    Eu estaba sabido de como se facía unha árbore xenealóxica, e as dificultades que iso tiña, pois xa comezara a facer no ano 2003, a recompilación parcial da familia de miña avoa materna, Remedios López Huerta. A historia familiar dos HUERTA AZA, fora iniciada por Doloris Huerta Peterson (Doloris Lloyd, de casada) que naceu no seu rancho de Oregón, nos Estados Unidos, filla de Manuel Enrique Huerta + Daisy Peterson, neta de Manuel Huerta Aza + Enriqueta Haskell Almada. Manuel Huerta Aza era irmán de Carme, miña bisavoa, nai de Remedios, oriúndos de Meira e Bretoña, da familia Huerta Yañez e dos Aza Vigil de Pola de Lena, de onde viñera Florentina, miña tataravoa materna, que acompañaba ao seu tío, o Freire Benito Aza González, da Orde de San Bieito ou de San Bernardo, pois ámbalas dúas ordes monásticas foron de dita igrexa de Meira, a que Benito estivo rexentando dende o 22-Decembro-1858, até o 29-Setembro-1886, segundo o Libro de Matrimonios Nº3 (1818-1900) de Sta. María de Meira dende o folio 86, até o folio 147. Esta rama familiar téñoa desenrolada en un apartado aparte da nosa familia. 

    Á vista do documento da Áspara, establecemos un método de traballo para a busca das probas que nos deran a coñecer a súa autenticidade. En primeiro lugar recompilei cronoloxicamente os nomes e apelidos dos matrimonios e dos nenos e nenas bautizados que se describían no documento, incluíndo a freguesía e a igrexa na que foran casados e bautizados, padriños que participaran nas cerimonias, número de folio si se describía e todos os datos que eran relevantes para descifrar os asentamentos. 

    Para verificar e corroborar os datos, había que atopar as actas bautismais, matrimoniais e de defuncións, e para iso había que ir ás igrexas. Pero na antiga provincia de Mondoñedo, temos a sorte de que o bispado, recompilou e concentrou todos os libros das igrexas e capelas da súa xurisdición bispal, no Arquivo Diocesano de Mondoñedo, polo que era cuestión de tempo o ver de localizar todas as actas descritas no documento da Casa da Aspara.  

    Foi unha labor de dous anos de viaxes a Mondoñedo, para revisión folio a folio, dos libros das igrexas, e de ir integrando escrupulosamente no seu contexto unhas actas con outras, o que non é doado de facer nun principio, pero como López Pulido todo xunto, é un apelido único da nosa familia en esta zona, pouco a pouco se foi formando unha árbore xenealóxica incrible de grande, pois recollemos a todos aqueles que relataban os libros co apelido López Polido ate buscar o entronque principal da nosa familia directa.  

    Si se quixera ampliar o abano familiar que nós temos, faltarían por revisar pormenorizadamente multitude de ramas de casamentos de irmáns e irmás, pero isto requiriría varios anos máis de revisión, pois hai que ter en conta, que no século XVIII soamente os descendentes por liña recta de varón son os que levan o apelido en primeiro lugar, pois as fillas levaban o apelido da nai e poucas veces se menciona o segundo apelido, polo que ante, por exemplo: un apelido Rodríguez, López, Pérez, Martínez, etc. hai que revisar todo o texto para ver de saber o nome do pai e avós, o que representa revisar absolutamente o texto completo de todas as partidas de bautismo, matrimonios e defuncións de todas as mulleres que aparecen co mesmo apelido en todos os libros, algo que require unha inxente labor de tempo e de esmero, para non confundir unha familia con outra do mesmo apelido, pois moitas veces están os nomes dos pais pero non os dos avós, e nalgúns casos é imposible saber de certo a ascendencia, pois pode saltarse da rama dun irmán a outro, ou dalgún primo, ou dun alleo co mesmo nome e apelidos. 

    Os libros que consultamos foron 33, con centos de folios, e folio a folio. A revisión de tanto libro parecería que fora de fastío e canseira, pero non, a pescuda cada día volvíase máis interesante, pois íamos atopando nas igrexas respectivas os nomes dos matrimonios e dos bautismos que se describían no documento da Áspera. Unha vez descubertas as primeiras decenas de coincidencias, e comprobado sobradamente que o que se relataba no documento era exactamente igual, copia das partidas que se relataban nos libros da Igrexa, soubemos de certo que o documento era verdadeiro sen dúbida, non era unha falsificación, e queríamos saber para que tiña servido.  

    Ó levar máis de dous meses indo o Arquivo Diocesano, que só abre polas mañás tres horas, tres días á semana, un colle certa confianza con outros asiduos investigadores, e a “Cidre” (don José Isidro Fernández Villalba) un habitual investigador que busca árbores xenealóxicos por encargo dalgunhas familias (ademais de axudar nas buscas a don Félix, o arquiveiro xefe), pregunteille que podería ser aquel documento. Despois de comentarlle a busca que eu estaba facendo, díxome que o documento que tíñamos na Áspera era unha Cédula de Nobreza de Sangre, tamén chamada Cédula de Puridade, pois entre os séculos XVI e XVIII esixíaselles ás persoas que quixeran acceder a cargos públicos ou a confrarías, pois non podían ter ascendencia xudía nin musulmá. 

    Moito máis tarde, souben que este tipo de cédula se lles esixía aos cabaleiros fidalgos cando se cambiaban de localidade para ir a vivir a outra poboación, xeralmente debido a que se casaban cunha muller doutra freguesía. Era tal o número de cédulas de fidalguía falsas, que había un decreto real que esixía aos fidalgos de esa nova poboación, que para admitir a un foráneo no seu Padrón de nobres, e concederlle os privilexios de tal, lle obrigaran a facer un Preito de Fidalguía que pasaba a ser revisado na Chancillería de Valladolid ou na de Medina del Campo, a finais do século XVI, que tiñan a potestade de conceder unha Carta de Provisión, con a cal un escribán do rei ou de número, a quen o fidalgo contrataba e lle pagaba, ía pescudando polas freguesías das parroquias os datos dos ascendentes e as súas orixes cristiáns, así como revisaban os padróns de nobres e ordinarios, para conseguiren unha definitiva Real Carta Executoria de Fidalguía que concedían os “Alcaldes dos Hixosdalgo”, na Chancillería de Valladolid. 

    A Carta Executoria eximíaos de pagar “pechos de pecheros”, e os confirmaba como cabaleiros Fidalgos de Sangre e de Carta Executoria, quedando exentos de pagar impostos ordinarios, e tiñan o privilexio do tratamento de “Don”, e podían dedicarse a cargos administrativos civís e poder empadroarse en confrarías eclesiásticas, cousa que por aquel entón críase que era moi importante para a “saúde na vida eterna e celestial”. Os cabaleiros fidalgos, contribuían ao Estado con pagos establecidos para o seu cargo, así como, tiñan que presentarse ante o Rei ou ó seu representante, no caso de ser chamado a defender algunha liorta, cousa que era bastante frecuente. 

    O camiño das pescudas eclesiásticas comeceinas na freguesía de San Juan de Ove. No primeiro Libro de Bautizados, Casados e Velados (1628-1708), só atopei o falecemento de Juan López Polido (f.24-agosto-1663; Folio 147) 

    Pasei ós libros de bautismo de San Xulián de Cabarcos, empezando polo máis moderno, o número 4, e seguindo co nº3, Nº2 e o Nº1 que abranguen Bautismos dos anos 1590-1595-1606-1611-1668 // de Matrimonios 1612 // de Velados de 9-setembro-1578 a 1606-1676. Seguidamente tamén revisei os libros de Bautismos Nº1 (1547-1683) e nº2 (1683-1724) de San Xusto de Cabarcos.  

    Foi un auténtico pracer, atopar tanta ascendencia, e chegar a un fillo de Juan López Polido de San Juan de Ove, casado con Dª. María González, outro Juan nomeado “el Viejo” que naceu o mesmo ano en que faleceu o pai (n.1-marzo-1663), quen se casou con Catalina Fernández, e tiveron un fillo a quen nomearon tamén Juan, “el Nuevo” (n.15-xaneiro-1691).  

    Rexistrados e situados na árbore xenealóxica a todos os López Polido das freguesías de San Xulián e de San Xusto de Cabarcos, lugar de Vilamartín Grande, comecei cos libros de San Vicente de Cubelas. Libro de Bautismos Nº1 (1809-1830) abrangue Cubelas, Vilela e As Anzas. Neste libro Nº1, faise mención a que os franceses na Guerra da Independencia, prendéronlle lume ós Arquivos da Igrexa de San Vicente de Cubelas. Dito acontecemento está descrito no folio 274-V, no asentamento de 19-Abril-1818, que fai D. Manuel López Pulido, ó relatar a súa Partida de Bautismo, que tivera lugar en 7-Abril-1797. D. Manuel e D. Bernardo López Pulido, ambos os dous, este tío e aquel sobriño, foron diáconos e presbíteros de S. Vicente de Cubelas, entre 14-Xuño-1816 até o 15-Setembro-1830, como queda reflexado neste Libro de Bautismos Nº1. O Libro de Bautismos Nº2 (1830-1851) abrangue as parroquias de San Vicente de Cubelas, Vilela e As Anzas, ó igual que o Libro de Matrimonios Nº1 (1809-1851). Había moitas descricións de fillos e  matrimonios, que ían encaixando cos membros xa descritos nos libros de Cabarcos, e moitos deles coincidían coas descricións da cédula de puridade.  

    Seguidamente cheguei aos libros de Bautismo, Matrimonios e Defuncións de San Miguel de Reinante. Se foran abundantes as referencias de San Xulián de Cabarcos e de San Vicente de Cubelas, non foron menos as de San Miguel, dado que aquí estaban todos os membros que sí coñecíamos e que eran descendentes directos dun dos fillos de Juan López PolidoO Novo” e a súa terceira muller, Dª. Josefa Díaz de Aguiar, filla de José Felipe Cid e de Beatriz Díaz de Aguiar, a quen lle dan como dote e como parte da herdanza, 400 ducados segundo documento de 21-Agosto-1734, selo cuarto de Felipe V, o que equivalía a unha verdadeira fortuna naquela época, xa que 400 ducados equivalían a 150 000 marabedís = 2 490 000 pesetas do ano 2000.  

    Juan + Josefa, resultaron ser nosos 6º avós por liña paterna, e José Felipe + Beatriz os 7º avós por liña materna.

    (Continuará). 

    — Artigos desta serie: —

  • https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2025/12/03/fidalguia-i-un-manuscrito-inedito-pancho-campos-dorado/
  • 2. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2025/12/15/fidalguia-ii-xenealoxia-pancho-campos-dorado/

    3. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2026/01/14/fidalguia-iii-pleitos-e-executorias-pancho-campos-dorado/

    4. https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2026/02/04/as-arcas-das-tres-chaves-epilogo-pancho-campos/

    #historia #PanchoCampos

    ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE?

    ESCUDO NOVO DE RIBADEO, POR QUE?

    Pancho Campos Dorado

    Este pasado día 28 de marzo de 2025, recibo por correo certificado do Excmo. Concello de Ribadeo, una Notificación do Acordo Plenario, na que o Pleno do Concello en sesión celebrada o día 18 de marzo de 2025 adopta un acordo para aprobar o ESCUDO E BANDEIRA OFICIAIS DE RIBADEO, desestimando as alegacións presentadas por nós, Antonio Gregorio e máis eu, “por motivos expresados no informe da Comisión de Heráldica e ditame da “Comisión de Estudo da bandeira e escudo de Ribadeo, de data 18/02/2025 mantendo o escudo en bandeira de Ribadeo de conformidade co acordo inicialmente adoptado”.

    Pois ben. A expresión “por motivos expresados no informe da Comisión de Heráldica”, non hai ningún informe expresado, só hai unha imposición sen ningunha explicación o respecto. Sobre aqueles “debuxos” do tal informe, fixemos alegacións ao cambio que se propuñan das figuras ou mobles do Escudo de Ribadeo, tanto da estrela que pasaría de ser a estrela de cinco puntas, con historia de máis de trescentos anos, a ser unha estrela de oito puntas, polo arte de birlibirloque, pois non se comunicou en ningún momento o por qué deste cambio tan significativo, sen ningún informe ao respecto.

    Tamén alegamos en contra do cambio da coroa do timbre do escudo: a Coroa do Condado de Ribadeo, pasará a ser unha Coroa Imperial que nada ten que ver con Ribadeo e que representa simplemente o querer timbrar todos os Escudos Municipais de Galiza da mesma maneira, o que está levando a perder as “sinais de identidade particular” que cada municipio ten, e que tan teimudamente están facendo desaparecer estas “Comisións de Heráldica” con subvencións mantidas pola Xunta de Galiza.

    As nosas alegacións foron publicadas en Ribadeando e en La Comarca del Eo (11-xaneiro-2025) artigo no que non aparece o verdadeiro Escudo Condal de Ribadeo, que nós enviamos á redacción e que non se publicou por falta de espazo, e outras alegacións con data do (8-Marzo-2025), que se recortaron tamén por falta de espazo, pensamos.

    Os artífices de tales cambios no Escudo, correron a cargo, por un lado de: D. Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, que segundo a descrición de Google é historiador especializado no estudo da nobreza baixomedieval galega e profesor de investigacións do Consello Superior de Investigacións Científicas (nada menos), e por D. Pablo Otero Piñeyro Maseda, licenciado en Historia pola universidade de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, ambos enviados pola Xunta de Galiza, e este último señor, xa non se nomea no informe final que se nos envían. Non sei si é porque xa non era importante o seu criterio, ou só veu nun principio a facer vulto e dar “prestancia e excelencia” á “Comisión de Heráldica”?

    Pola parte local houbo unha Comisión Municipal de Ribadeo formada por D. Eduardo Gutierrez Fernández, Cronista de Ribadeo e algún concelleiro máis dos que non coñezo o nome.

    Cómo é posible que a Comisión local non puxera obxeccións a tales cambios? Pois segundo a miña opinión, persoal e intransferible, porque no teñen nin zorra idea do que significa a Heráldica, pois aínda que lean todas as actas do concello, para controlar datas e acordos diversos, son incapaces de transcribir o que significan os Mobles, nin as Armas dun Escudo. Para iso hai que pasar moitas horas estudando o que din os mellores Heraldos dos séculos XVIII e XIX, época na que un nobre, ou un fidalgo tiñan peso político de por sí, e NON PODÍAN ERRAR, NIN TERXIVERSAR OS SEUS BRASÓNS pois senón eran motivo de mofa e desprestixio por parte dos seus veciños, mesmo podían botalo do Padrón de Nobres da fidalguía local, o que levaba ao procesado a ter que pagar de por vida, todos os impostos dos que antes estaba exento.

    En Ribadeo, no ano 1962 nace a “Sociedade de Amigos da Gaita Galega” da que foi presidente e impulsor o alcalde de Ribadeo, Don Francisco Maseda García, entre outra decena de melloras que trouxo para o pobo e que beneficiaron sobre maneira as condicións de vida de Ribadeo: Parador Nacional de Turismo, e que tamén gracias a súa dona Doña Felisa, veu para Ribadeo, pois nun principio ía ir para Castropol, pois tiraba máis o “pelo” de Doña Carmen Polo, que “estacha de barco”, pero as vistas panorámicas a nivel turístico, dunha á outra ribeira da Ría de Ribadeo, nada tiñan que ver, e o Parador por esta sinxela razón, veu para Ribadeo. Tamén aquel mesmo ano de 1958, inaugurouse o Instituto Laboral Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel, onde tantos miles de alumnos estudamos, entre eles eu e o 98% da miña familia, e tamén toda a do “Cronista de Ribadeo”. Pancho Maseda, como era coñecido por todos nós, tamén foi o artífice da construción do Estadio Municipal de Fútbol, da Axencia de Extensión Agraria, do Campamento Xuvenil da Devesa, da Cociña Comedor para os necesitados, construción das Casa Baratas de San Miguel e de Francisco Iglesias, Biblioteca Pública na Torre dos Moreno, ademais dos negocios privados da súa familia, Hotel Restaurante Ribanova, Casa Maseda, Taller de Carpintería Maseda, etc.

    Pois ben, despois desta entrañable lembranza, que tanto se merece aquel irrepetible alcalde de Ribadeo, que aínda sendo moi de dereitas, era por encima de todo un ribadense de corazón, aquel home, como dicía, no ano da súa saída de alcalde, estaba na inauguración en Santa Cruz, do “Monumento ao Gaiteiro Galego” (La Comarca, 1 de agosto de 1965).

    Todo isto o traio a conto, porque naquelas datas tíñase, e até fai catro días, a perfecta conciencia de que o Escudo de Ribadeo, era cunha Estrela de Cinco Puntas, e timbrado coa Coroa Condal, e fixéronse decenas de recordos daquela manifestación de galeguidade con xogos de cerámica con deseños do Escudo de Ribadeo e do Monumento ao Gaiteiro, en xarras e cuncas de viño e xarras de cervexa como as que mostran as fotos, así como, Burelart sacou pratos de cerámica esmaltada en verde esmeralda, co propio Escudo Condal de Ribadeo. Incluso durante anos estivo debuxado nas carrozas dos Reis Magos, até a súa remodelación.

    Por qué en vez de encargar tanta Comisión de Estudio e de Heráldica e tanta parafernalia ridícula, non se aprobou e se rexistrou directamente o que o Escudo de Ribadeo de “toda a vida”? Por qué non se rexistrou, eh?

    Que alegacións se fixeron para que: “A Comisión Informativa, por unanimidade dos seus membros presentes, acordase ditaminar favorablemente o expediente”, e proclamase este manifesto: “A Alcaldía felicita á Comisión de estudio creada para tal fin así como á Comisión de Heráldica e particularmente ao Sr. Pardo de Guevara polo traballo realizado. Tamén ao Consello de Cultura Galega e ao Instituto Padre Sarmiento”.

    Creo que todo ven porque, a política actual tanto da Xunta como a do Concello, o único para o que serve e para malgastar o diñeiro presupostado para incrementar o desenrolo do pobo, e como o desenrolo do pobo non da votos, hai que gastalo en “pirotecnia”. Véxanse as eleccións municipais dos últimos vinte anos. Eduardo Gutierrez, peatonalizou as rúas máis céntricas de Ribadeo, trouxo a piscina municipal, etc. Perdeu as eleccións seguintes. Despois do traballo encomiable de Fernando Suárez Barcia, que entre outras moitas melloras viarias, chegou as beirarrúas de Ribadeo desde a Rúa San Roque até Dompiñor, levaron a perder as eleccións ao BNG.

    Agora o que importa son “Comisións” de Estudios de Heráldica, ou do que se tercie, para pagar dietas, comida e “fonda”, cenas, freixoadas e chocolatadas as galla, degustación de pinchos á saída da misa de 12 dos domingos, etc. etc. Iso da votos, moitos votos, “iso e o desenrolo urbanístico” na cabeza deste “Ilustrísimo Alcalde” aínda que eu non sabía que había tanta “xente necesitada” no Concello de Ribadeo para que teña que estar regando cartos en tantas comidas e lamberetadas, un mes si e outro tamén. E a Xunta facendo promoción de mariscos e pescados e “impoñendo” a celulosa Altri, para desgraciar a Ría de Arousa entre outras barbaridades ambientais. E non pasa nada.

    Unha vergoña, e no medio deste vórtice de falcatruadas sen nome, aparece a nivel municipal a “necesidade” do cambio do Escudo de Ribadeo. Ë pregunto eu, os que forman parte dunha comisión, son tamén comisionistas?

    Da bandeira inventada non digo nada. É unha artistada que nada ten da bandeira histórica marítima de Ribadeo, único sitio onde apareceu sempre, un grimpolón enarbolado nos mastros maiores dos barcos de Ribadeo que surcaron os tres principais océanos do mundo

    Os asturianos cambiaron o nome de media Ría de Ribadeo, coa complicidade da Alcaldía do BNG de Ribadeo, e agora cámbiase o Escudo de Ribadeo coa unanimidade do PP e do BNG. Qué será a continuación? Qué nos deparará o futuro con este tipo de ribadenses ignorantes da nosa historia? Pouco hai que esperar. Unha pena.

    #historia #PanchoCampos

    Pancho Campos – Ribadeando

    Do pleno de 18 de marzo

    Escudo de Ribadeo, versión tradicional e segundo Pancho Campos

    O 18 de marzo houbo un pleno en Ribadeo. O asistir a el deixoume un regusto amargo como tentei plasmar na entrada correspondente do blog. Como dixen alí, segue sen estar accesible na web do concello a convocatoria, e polo tanto, a orde do día que se seguiu. E, pasados dez días, non vou comentar máis que o que xa comentou a prensa, baseándose principalmente na nota que sacou o propio alcalde antecedendo ó pleno. Nota que, por exemplo, xa non comenta a presentación para aprobación definitiva do escudo e bandeira municipais, que houbo que facer debido ás alegacións presentadas, a pesar de dar a ‘noticia definitiva’ a nota de prensa da alcaldía de 19 de febreiro.

    En fin, deixo sen máis comentarios o audio do pleno. O falado sobre escudo e bandeira foi breve, a partir do minuto 25:20.

    #cultura #PanchoCampos #plenos

    Resultados da busca de «label/Pancho Campos» – Ribadeando

    Verbas na xuntaza pola Paz en Ribadeo 20250202

        Hoxe domingo tivo lugar unha nova concnetración semanal pola paz en Ribadeo, ás 12:30 no Cantón dos Moreno. Algo máis de trinta persoas fímonos achegando ate o final, máis algún que se parou a escoitar algún retazo ó lonxe para logo seguir o seu camiño. Deixo o audio antes do Grândola, con intervencións de Suso Fernández, miña, de José Ángel Salvatierra e de Pancho Campos, un par de fotos entre as que tomou Suso e o cartel, tamén del como ven sendo tradicional.

     

    #JoséASalvatierraRico #PanchoCampos #paz #podcast #SusoFernández

    Resultados da busca de «label/paz» – Ribadeando

        Deixo aquí un artigo dun amigo, na liña de oposición á construcción da nave en Ribadeo:

    Construir futuro


    Pancho Campos


    Fai meses que estamos escoitando as moi diversas opinións sobre as consecuencias destructivas que para a Ría de Ribadeo sería a construcción da nave-garaxe que ENCE pretende facer como terminal de carga para a pasta de papel.

    A este respecto, a maioría dos vecinos de Ribadeo e moitos dos pobos limítrofes a Ría, nos pronunciamos en contra de dita obra, considerando incluso unha vileza administrativa a simple proposición de obra para tamaño monstro arquitectónico no belísimo e incomparable ámbito natural en que se designa.

    Pois ben. Agora leemos nos medios de comunicación o contrato ENCE-FEVE para o traslado da carga para o porto de Aviles, pois aínda que algúns din textualmente que sería para Xixón, paréceme estraño preten­der instalar unha vía de FEVE desde a praza dos Mártires o Musel. De todas formas sacar 500.000 Tm/ano de pasta de papel en un tren de vía estreita, non vai ser ningunha bro­ma, pois equivale a sacar 500.000 Tm/365 días = 1370 Tm diarias, e supoñendo 40 Tm para este tipo de vagóns-plataforma, son 35 vagóns diarios o qué equivale a un convoi de case 500 m. de largo. En Estados Unidos é fácil de levar a cabo co ancho de vía dos trens e coa orografía llana do terreo que te­ñen, eu alí teño visto trens de 12 e 14.000 Tm de varios kilómetros de largo con catro e seis locomotoras, na época de recollei­ta do trigo e do millo, e nos transportes de mineral e carbón. Aquí dubido moito que se

    poida facer tamaño transporte coa cantida-de de curvas que ten o trazado da vía e a inseguridade de tracción de dito convoi en vía estreita, como é o caso. Pero ese non é noso problema, así que xa o solucionarán os “despertos” na materia.

    Tamén se oe, que podemos perder postos de traballo no porto de Ribadeo senón se fai dita nave. Este comentario é realmente malvado, inxusto e malévolo. Vexamos. Recordando un pouco a historia da miña propia familia co Porto de Ribadeo, podo dicir que meu avó Pancho por liña paterna, cando a primeiros dos anos 1930 volta por segunda vez de Cuba, emprégase na colla, na que ten a desgracia de accidentarse o caer entre un barco de carga no que traballaba e o muelle, o que o leva a morte os seis meses como consecuencia do aplastamento que recibiu. Pois ben. Na colla había de 24 a 28 persoas ou o equivalente a dúas mans de traballo de doce ou de catorce homes, para facer a car­ga e descarga dos barcos mercantes, e aten­der do seu amarre. Nos barcos de pesca, estaban enrolados máis de medio cento de homes. Por outra banda, meu pai Pancho e seus irmáns, quedan orfos e pequeños can­do o óbito de meu avó ocorre, e miña avoa Pepa e eles, deféndense como poden para sobrevivir as penurias da Guerra Civil. Meu pai vai a Escola da Granxa pola maná, co para él o millor mestre e inolvidable Genaro. Pola tarde aprende o oficio de mecánico no taller de Larravide, e logo, xa maior de idade, pasa a traballar nos talleres do muelle por mais de 30 anos, con Jesús e con Seivane e Barcia, os Carrelos; mais tarde iría para a fábrica de Alginatos da Vilavella, onde por desgracia morreu tamén novo.

    Cando traballaba meu pai no muelle de Figueirúa, polos anos 50, 60 e 70, eu mesmo recordó no ano setenta e tres, Seivane e Barcia tina mais de trinta empregados: mecá­nicos, soldadores, montadores, etc. propios e de subcontratas, pois facían para os bar­cos de arrastre de casco de madeira, todo o puente de aluminio e aceiro, así como, toda a instalación eléctrica, fabricación e montaxe de tanques, motores, servo motor do timón, alineación do eixe de cola e propulsor principal, montaxe aparatos de navegación diversos,.etc. etc. Nos talleres limítrofes, aserradeiros, fábrica de xeo e barcos de pesca de altura e baixura, podía haber outro cente­nar de homes. Pola outra banda, Asteleiros Gondán estaba construíndo 1 barco ramplero por mes, con unha plantilla de persoal moi grande.

    Con todo esto quero dicir que se perde-ron moitos empregos no Porto de Ribadeo, e si se fixera o que vimos dicindo desde fai meses, os que nos manifestamos en contra da “nave-garaxe”, esto é, montar unha grúa pórtico para carga de contenedores, eso si sería dinamizar a actividade do porto e tra­ballar en serio por un futuro mellor. Nos, non estamos en contra de activar o porto, e crear mais postos de traballo, senón que o que non queremos e seguir vendo a destrucción da Ría de Ribadeo, sen siquiera levantar a voz e gritar con todas as forzas, NON MAIS BAR­BARIDADES NA RÍA (léase escolleras ¿para qué?; pilastras do ponte ¿non hai outros tipos de construcción de pontes?; recheos ¿non hai explanadas naturais mellor feitas a todo o largo da ría sen tocar o seu álveo?)

    Os vecinos de Ribadeo, polos anos sesen­ta e setenta, víamos medrar a actividade do porto de tal forma, que estudiamos e conse­guimos o título, dezaoito capitáns e xefes da Marina Mercante por aquetas datas. Algúns incluso pensábamos en navegar uns anos e volver para traballar no noso porto, cousa que nunca ocorreu, precisamente pola desi­dia das autoridades competentes que nunca emendaron as barbaridades que se facían e se humillaron para sobrevivir e defender prebendas complementarias en aras de que “creaban emprego” e non era cuestión de ir en contra das obras, o que eu traduzo por que “creaban cazo” e naide está en contra do seu propio peto.

    Para terminar, se ENCE-FEVE fixeron un contrato, claro está que se van a gastar millos de euros dos fondos públicos, supo­nemos que a Administración do Tesouro Público agora considera o proxecto elixido mais “rentable” que o do Porto de Ribadeo, pois montar a grúa pórtico aquí, custará uns dez millos de euros, mentres que tender e poner a funcionar unha vía férrea, e montar a grúa pórtico de descarga de trenes tipo Porto de Amberes, en Aviles ou en Xixón, tanto me ten, pode saír por centos de millós de euros, a diferencia de capitales e clara, pero … quizáis algún “defensor do cazo” nos siga achacando e dando a tabarra os manifestan­tes, culpándonos da pérdida de empregos o non deixar montar aquí tamaño enxendro de nave.

    Ría sí, nave non.

    https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2008/08/31/contrur-futuro-un-artigo-de-pancho/

    #economía #Medio #PanchoCampos #ríaSiNaveNon #tren

    Resultados da busca de «label/ria_si_nave_non» – Ribadeando

    Pancho Campos Dorado

    Logo de ler o panfletillo, que en La Comarca del Eo Nº4680, nos larga o Sr. Luis García de Presno (non de Ribadeo? polo tanto non galego?) quedo abraiado lendo as súas verbas e diatribas que escupe en contra da nosa Lingua Galega e a favor da chorrada bilingüista que se está a establecer na nosa terra, en contra de todo canto decreto, lei ou acordo que está firmado, incluso polos que hoxe rixen a Xunta. Non quero perder o tempo en buscar as ordenanzas o respecto, para enumeralas eiqui, pois pode atopalas calquera buscando nas páxinas web da Xunta.

    Só quero contestar por tempos, a tamaña indignidade que só un Bocanegra pode concebir da nosa Lingua Galega:

    1) E insultante que un individuo da túa talante queira darnos leccións de demócracia os galego-falantes… do que “temos” ou “debemos” de falar… ¿pero tí quen te crees que eres para expresarte así? ¡que si impoñemos unha ou otra linguaxe os do BNG…! Mira, amiguiño, ti foches deses beneficiados de traballar nun Concello Galego como é o de Ribadeo, mal que che pese, porque entre outras cousas, sabes falar galego, pois é imprescindible que todo o mundo que traballa na Administración Galega, fale galego… o idioma de Galiza.

    2) Por outra banda, “Nunca máis” foi un movemento algo sin parangón en Galiza, o lazo de unión entre un pobo con sentimento e a súa terra. Fracaso estrepitoso? mire vostede: nunca se recordan manisfestacións tan multitudinarias en Santiago nin en Madrid de máis de 100.000 galegos e galegas, nono olvide… a causa da indignante catástrofe do Prestige… e todos a unha… falando en galego… o idioma de Galiza ¡mire vostede que cousas! ¿eh?. Eu estiven nas dúas e tódalas consignas foron gritadas en galego… nono esqueza… só os mamarrachos que incordiaban na manifestación falaban en castelán… nono olvide, incluso había unha pancarta de xente da Coruña que nos fixo estremecer, sentirnos galegos para sempre, xamais…amén… cheos de orgullo, de vivir aquel momento…de estar alí… e ¿sabe que rezaba?: “Castelao…os galegos xa estamos aquí” ¿Cantas veces habería soñado Castelao, con que os galegos nos manifestáramos en Madrid, en favor da Nosa Terra? ¡Pois alí estabamos…!

    3) Na manifestación de octubre en Santiago en pro da Lingua Galega habería unhas 50000 persoas, entre as que tamén me atopaba… e comentar vostede, que en Galiza eso é un fracaso estripitoso, e simplemente non coñecer o pobo galego, ou ser un mentiroso.

    E a mini-manifestación de Santiago a favor do bilingüismo, encabezada por Rosa Diez (¿non tiñan “os bilingüistas” a ninguén máis galego, para arrear persoal.?) non sei como se desenrolou na rúa… pero debeu ser bastante tranquila pois que sepamos, non houbo detidos… e eu non fun, para corroboralo e os do BNG seguro que tampouco apareceron por alí, pero en cambio sí vin con amargura pola TV, (pois a min hai cousas que sí me afectan) que en unha das pancartas “pacifistas polo biligüismo” estaba rotulado algo así como qué “O galego e a linguaxe para falar coas vacas”, e eu contéstolle desde estas queridas páxinas, a tal Rosa e o resposable de política linguistica da Xunta e a vostede: “Muuuuuuuuuuu”

    4) Continuando o súa perorata, sobre dos comerciantes en Galiza… pois eu creo que deberan por si mesmos, sin necesidade de imposición algunha… de anunciar os productos en galego, pois eso é algo que a todo o mundo nos gusta… que nos coñezan polo noso nome, non polo traducido… (imaxínese o meu nome: Francis Joseph Fields Golden… manda truco ¿non lle parece?), pero menos mal que de feito os grandes comerciantes de Ribadeo, teñen a amabilidade de rotular os seus productos en galego é en castelán… o que nos honra, xa que a maioría son de mui fora de Ribadeo e os que nono fan así… ¡bueno! véndenlle a xente como vostede… ¡a min non!

    4) Dice vostede “O castelán está arrinconado en Galiza”. Mentira. Eso é unha indecente falacia fácil de descubrir, abrindo calquera dos periódicos de Galiza, e contando o número de páxinas en galego (atopa algunha?) e o número de páxinas en castelán (todas). Podemos tamén escoitar as emisoras de radio locales, e fixarnos cantas ¿horas? se emite en galego e cantas en castelán… por tanto editan e falan para castelans.

    5) Vostede escribe “a los nacionalistas cuanto más se les da más quieren”. Esa expresión denota claramente o seu espíritu democrático, do que se “empapa” unhas líneas atrás, e do que está alardeando desde fai meses en este semanario. Pois verá, os nacionalistas non necesitamos que nos den nada, nós esiximos os nosos dereitos, nós non precisamos mendigar nada, nós somos demócratas de feito é pelexamos polos nosos dereitos día a día. Naide nos dá nada, e menos xente coma’de vostede. E paso a explicarlle o que é Estado de Dereito, pois vexo que non ten nin idea do que dice, e sin que lle sirva de precedente, pois eu non dou clases…:

    “O Estado de Dereito é señal inequívoca de unha sociedade civilizada, donde a independencia e dignidade de cada cidadán baséase na existencia de un “goberno de leis, non de homes”. Valores como a certeza e a seguridade xurídica son centrales no contexto de apoloxía do Estado de Dereito” (Neil McCormick, “Retórica e Estado de Dereito”. Universidade de Edimburgo)

    Os partidos nacionalistas tratamos de seguir desenrolando a Constitución Española de 1978. Pero claro, eiquí estamos acostumbrados a en vez de esixir dereitos legales a ver a un Manuel Fraga “abrindo a chequera” para pagar os afectados do “Prestige”…¿desde cando era a “chequera de Fraga”? ¿non sería máis ben, a de todos os contribuientes? ¡claro vendo o que hai por aí!… como dice vostede: “é cojonudo, perdón”

    A algunhos por non comulgar con rodas de muiño, chámanos vostede “iluminados”. ¡Magnífico talante democrático! pero o que non debe engañarse debe ser vostede, pois afírmolle e reitérolle que algunhos nacionalistas loitamos por ser unha federación de estados, polo tanto é necesario ser nación ou estado independendiente. Naturalmente, como cualquer fillo de veciño de este global estado español. ¿Ou vostede cando ten reunión no seu bloque de veciños, non ten a independencia suficiente para expresar o que quer para o seu fogar, ou déixalle meterse o veciño do quinto ou o do terceiro a instalarlle as lámparas no seu salón ou na súa cociña? ¿non pode expresar a súa propia opinión, e non pode poñer voste as que lle gustan? –¿Non? -¿e non se sinte asovallado por iso, de que nunca respeten a súa propia opinión na asamblea? ¿ou anda o dictado do que lle dicen e lle impoñen os que o pisan, xa non só o seu veciño, sinon o que diga calquera ente extraño o seu fogar? Diráme vostede. ¡A min non me pisa naide!… Minte. ¡A vosté písao tódolos días a súa propia conciencia!

    6) A “Mesa pola Normalización Lingüistica” (da que tamén da a “casualidade” de que son socio ¿será porque son demasiado galego? ou como di a xente coma vostedes, un “galego cerrado e iñorante”?), pois sí, a Mesa tamén está en contra de reformar o Decreto da Lingua Galega. ¿Que ten esto de malo?… ¡estar en contra do desmembramento deste noso pobo outra vez máis!… por outra banda si o BNG perdeu as eleccións ¿que ten de malo? perdéronse no xogo democrático e xa está, antes as perderon vostedes, e as volverán a perder…¡seguro! ¡e de novo, non saberán perder democráticamente!… e nós volveremos a presentarnos unha e outra vez ata que sepamos concienciar os nosos cidadans.. ¡e gañar..! ¡nono dude..! ¡seguro gañaremos un día… ¡quizáis eu nono vexa pero… aínda que hoxe se pense que a opinión maioritaria ten razón, pode ser errónea tal opinión… pois a Terra, durante centos de anos todo o mundo decía que era plana e..¡coido que non era verdade…! ¿pero algunhos o millor aínda o dudan…?

    7) O de falar galego, na súa casa, é posible que sexa concebido como cousa da “tropa”, na miña casa sempre foi un orgullo falar galego… galego como o falan dende fai máis de quinientos anos os Campos de Folgosa, os Dorado de San Miguel e eu… dende algunhos menos, e mire vostede estiveron entre unhos e outros como emigrantes en Cuba máis de un século… e cando foron vindo, seguían sabendo falar galego… e viñeron en moi distintas épocas da historia… e seguramente incluso, falando un galego máis entrañable e máis enraizado que cando se foron…! sempre estivemos orgullosos de todo o da Nosa Terra.

    ¡Pero estóu empezando a extrapolar, hacia o resto da cidadanía galega, a súa forma de pensar, e empezo a crer fervientemente, que é tal o grado de “vasallaje” que temos impregnado na ialma ante os reinos hispanos, que somos un pobo que podemos desaparecer do mapa… e non se vai enterar ninguén! O noso pobo galego e moi duro consigo mesmo e é incapaz de apreciar o seu, sendo capaz de facerse moito dano, pois un pobo que non se quere a sí mesmo, e non aprecia as súas propias costumes, non perdura, morre de noxo hacia sí mesmo… a min non me gusta o que se reflexa no espello de unha burguesía galega estúpida e inexistente… ¡os valientes deste pobo… quedaron na emigración! e os que estamos aquí… non temos ningún dereito a perder e a esquecer as nosas raíces; e remato con un lamento de amargo sentir, que comparto desde a primeira a última sílaba con Rosalía:

    “Probe Galicia; non debes

    chamarte nunca española,

    que España de ti se olvida

    cando eres ¡ai! tan fermosa”

    https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2009/12/05/por-que-voltas-co-galego/

    #cultura #PanchoCampos

    ¿POR QUÉ A VOLTAS CO GALEGO? – Ribadeando

        -Publicado hoxe na Comarca como resume das actividades da estación-
        Xa chegou o fin de ano. Momentos para proxectar despois de facer revisión da memoria. Neste 2010 O Tesón ten realizado diversas actividades, comezando coas dúas asembleas realizadas e finalizando polo desvelado e presión para que as vidreiras da capela do cemiterio non sexa unha cousa máis que caia en saco roto.

    Centrándonos no outono, sen querer ser exhaustivos, para a asociación comezou coa xuntanza da Mesa de Asociacións de Veciños de Ribadeo, na que foi revisada unha proposta para o regulamento de participación veciñal e a petición de xuntanza co alcalde para dar unha explicación da mesma. Como se ve, que haxa actividades non significa que as actividades den froito inmediato, pois aínda non se celebrou a xuntanza co alcalde nin tampouco se sabe nada da proposta feita, asemade deixada no seu momento no concello. Non obstante, a relación entre asociacións é algo necesario, como tamén consideramos que o é a o dispor dun canle permanente de relación co concello, unha base que non estea suxeita ós avatares das boas ou malas relacións do momento e que permita unha actuación a longo prazo. Por iso, seguiremos insistindo.
        Dentro das relacións co concello atópanse tamén as preguntas ó pleno, nas que a asociación vai presentando, en practicamente tódolos plenos ordinarios, diversos temas que considera de interese. Non sempre se ten resposta, nin cando se ten sempre corresponde ó que se pretendía, pero á falta dun regulamento de participación, úsase e aprovéitase o que hai, ben escaso nos dous sentidos de ben. E así, atopamos preguntas diversas, como a realizada sobre o canón lanzacabos doado a Ribadeo pola armada norteamericana e actualmente na Cruz Vermella de Lugo. Estamos esperando o resultado da indagación do concello, como foi dito no momento correspondente, hai xa tres meses longos.
        A asociación segue moi de preto os pasos dados pola plataforma se seguimento sanitario, primeiro da costa, e logo, da sanidade pública. É certo que se mantén nun segundo plano, pois é un tema que afecta a toda Galicia e quédanos moi amplo, pero alí estamos tentando que o interese de Ribadeo estea presente tamén nese foro. E Ribadeo ten intereses en que a sanidade funcione.
        Fomos chamados a consultas para a realización de programas electorais. Alí estivemos, procurando non saír na foto porque temos claro que debemos ser independentes como asociación, por moito que cada persoa que estea integrada en O Tesón teña as súas ideas particulares e políticas. A parte do documento ‘Base para un diálogo’ que lle foi remitido ós interlocutores con posterioridade a cada xuntanza, nas entrevistas tentamos deixar claro que, a parte dun plan de redución de débeda do concello, as principais reivindicacións que propoñemos son inmateriais: trátase de que o concello funcione, políticos electos e funcionarios, cada quen dentro das súas posibilidades e responsabilidade, co cumprimento das propias normativas do concello, así como consideramos necesaria a mellora da credibilidade que candidatos e electos teñen por parte dos electores. Polo demais, o documento entregado tiña os apartados de Transparencia e participación, Sanidade, Recuperación de cousas e causas perdidas, Promoción (turística e outras), Ría e mar, Comunicacións, Obras públicas, Servizos e Industria, a parte doutros temas máis difíiciles de encadrar nun apartado concreto e dispostos baixo o epígrafe de ‘outros’.
        Un tema que foi escaparate da asociación durante o mes de outubro foi a realización das charlas ‘Ribadeo e …’, que abrangueron os temas de o mar, o medio ambiente, a pintura de Dionisio Fierros e o tempo, en colaboración coa Casa das Letras, e impartidas respectivamente por Pancho Campos, Iván Rodríguez, Celia Castro e Luciano Zubillaga, todas persoas relacionadas con Ribadeo. Deixou un bo sabor de boca ó ver que a asistencia se mantivo e aumentou ó longo do ciclo, e mesmo que foron pedidas máis, pero sobre todo, deixou unha boa impresión que as charlas se aproveitaran. En resposta, xa se anunciou un segundo ciclo para o mes de marzo.
        A principal actividade social do período levou a un grupo de xente a Meira, onde puidemos desfrutar dunha visita guiada por José Mª Rodríguez á Colexiata de Santa María, resto do antigo mosteiro, así como da man de Carlota Eiros á casa máis representativa do século XIX na vila, ir ós dous presuntos nacementos do Miño, O Pedregal de Irimia e Fonmiñá, para poder xulgar a súa preeminencia, e participar dunha comida de irmandade. Polo camiño, visitamos asemade o lugar onde antigamente se atopaba o Mosteiro de Esperautano e a reprodución do tren mineiro realizado e explicado por Luis Sanjurjo. Un verdadeiro desfrute de tempo e compañía.
        Para non alongar máis, pasaremos de longo os dous principais temas que caracterizaron a actividade no último mes: as vidrieiras, tema que continuará, e a recollida de sinaturas tentando a recuperación do xulgado para Ribadeo, no que somos conscientes que o paso seguinte debe ser dado por tódalas forzas políticas de xeito unido, sen fisuras. Lograrémolo?
        Estamos no Nadal, tempo que se emprega para felicitacións e bos desexos cara ó novo ano. A directiva de O Tesón fai extensivos a todo Ribadeo, non só ós socios do colectivo, estes bos desexos, pero sen perder de vista aquel vello refrán que di ‘a Deus rogando, e co mazo dando’… O futuro está en boa parte nas nosas mans, e se queremos que Ribadeo sexa un mellor lugar para vivir, é algo no que todos debemos participar.

    https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/12/31/de-o-teson-ribadeo/

    #CeliaCastro #IvánRodríguez #JoséMªRodríguez #oRibadeoQueQueremos #OTesón #PanchoCampos #participación

    Resultados da busca de «label/Pancho Campos» – Ribadeando

    (Publicado en La Comarca de 20110122)

    PINTADAS E VIDRIEIRAS

    En “A Mariña” de El Progreso, do pasado sábado (15-xaneiro-2011) aparecen, na páxina tres, dúas noticias sobre acontecementos que pasan no Concello de Ribadeo, sobre os que me gustaría suliñar varias cousas.

    Primeira: “Las pintadas de la Casa de la Ría van a quedar impunes”… “lo escrito no se considera un delito, sino una mera falta”…”se trata de dos simples faltas, una de daños y otra de amenazas”.

    As amenazantes pintadas son contra do edil do BNG do goberno local do Concello de Ribadeo, Horacio Cupeiro, nas que o tratan de “inutil”, “chupón” e piden a súa “dimisión – Ove non”.

    As pintadas non terían maior trascendencia, si dixeran unha soa verdade, pois todo o mundo que manda, non cabe duda de que sempre terá detractores, por aquelo de que “cada maestriño o seu libriño” e nunca haberá forma de gobernar a gusto de todos.

    Pero resúltame moi extrano, que sexa en contra de Horacio Cupeiro, pois coñezoo desde fai máis de corenta anos, somos colegas de profesión, pois é Xefe de Máquinas da Marina Mercante, e sei de certo que é unha das persoas máis traballadoras coas que un se poida atopar. Un home moi consciente do que ten entre mans e do que ten que facer, un home totalmente volcado na causa do cumplimento das súas obrigas, incluso por derriba do seu propio descanso persoal e familiar. Eso é o que lle dá carta de natureza a un traballador. A entrega a súa profesión ou a súa vocación.

    Un señor, do que todos os que o coñecemos, nos sentimos moi orgullosos de que houbera aceptado que quixera traballar para a comunidade, para o pobo de Ribadeo, pois xente así entregada é a que nos fai falla, sexa o color que sexa a súa ideoloxía democrática.

    Un amigo polo que poño, sin cortapisa alguha, a miña mao dereita no lume.

    Pero gustaríame volver as pintadas, para sacar un algo en claro do que dicen do autor das mesmas, facendo un pequeno estudio básico de grafoloxía práctica.

    Mirando a foto do artigo da Mariña, vese que están feitas en letra maiúscula (como casi todas as pintadas), donde hai un primeiro letreiro: Horacio “inutil” (unha sobre outra) que debía ser o que o autor quería decir en un principio, e salir escopetado para agocharse e que nono viran, pero, supoño, que o verse que seguía solo, continúa escribindo, non na mesma liña: “chupon”, é xa de forma máis zarapallada, “dimisión”, para rematar con letra mitade máis pequena “Ove non”.

    Analizando as voces e a forma caligráfica, a pintada remata con “Ove non”, o que significa que o autor é galego (seguro que polas circunstancias, non do BNG).

    As comillas que usa, non sabe rematalas, polo tanto, sabe que son un signo ortográfico que existe, pero co que o autor non está moi versado, así que os seus estudios non deben alcanzar nin o Graduado Escolar. Por outra banda, polo tamaño da letra vese, que o seu principal obxetivo e insultar a Horacio (en letra grande), e aínda que remata como para xustificar que a pintada foi feita para defender intereses da parroquia de Ove, vemos que a frase: “Ove non”, ten menos da mitade de altura de letra que o resto da pintada, o que significa que Ove lle importa un pimento o autor, e moi posiblemente, sí os seus propios intereses, que chirrían co cargo e desvelo de Horacio.

    En conclusión e para non alargarnos, calquera autor medio analfabeto, pode cometer un acto vandálico emporcallando a fachada da Casa da Ría, o Gaiteiro, o Cargadeiro, calquera parte do patrimonio de todos, que vale moitos cartos facelo e mantelo, fachadas das casas dos veciños de Ribadeo (véxanse portales da calle dos Moreno Ulloa, salida de Restrepo as Catro Calles, Fonte Nova, etc.) e todo esto queda impune, sin nin siquiera ter a posibilidade de saber quen o quenes son os autores é ter o gusto de velos limpar con estropajo e sosa cáustica as guarradas que fan. ¡Manda truco!

    Segunda noticia: “El jefe del Taller de Empleo aclara que no ordenó tirar las vidrieras del cementerio”.

    ¡Era o que nos faltaba, que o jefe da Escola Taller, mandara tirar as vidrieiras o contenedor do lixo!. Non, señor José Manuel Rodriguez, xa sabemos que vostede non mandou nada. E máis, incluso sabemos que non aparece nin polas obras, nas que están traballando os alumnos/as que están o seu cargo (eu fun varias veces polas do cementerio, e non había máis que alumnos traballando). Vostede non mandou nada, e moito menos “retirar las vidrieras de una capilla del cementerio para restaurarlas y si no se hacía, volver a colocarlas en lugar en que estaban”. Mentira. As vidreiras foron “mandadas tirar por que non valían para nada”, e por eso foron sacadas de mala maneira, e literalmente tiradas desde o pico do andamio en baixo. Pódese ver o destrozo das vidrierias polo que quedou da estructura e esqueletos de plomo, e polo o estado de casi tódolos cristales rotos (a excepción de unha vidriera). Eu mesmo, saquei alguns cachos das vidrieiras do contenedor de lixo, os que xa se lles había pegado fuego, para queimar os cachos de ataúdes e restos de coroas e frores secas dos difuntos, cos que estaban enramallados e alguns esqueletos de plomo xa estaban feitos bolas e totalmente destruídos. Calquera pode comprobar o seu estado na custodia do Concello, e eu teño fotos, para corroboralo.

    Como dixen xa nun anterior artigo sobre as “Brutalidades Patrimoniales” que se fixeron e fan en Ribadeo, as vidrieiras foron sustituídas por cristales transparentes, montados sobre angulares de aluminio ¿foron esas as órdenes que vostede deu, ou é que nunca se enterou de nada….?

    Por outra banda, decirlle, que non é nada raro que sacaran os fondos e subencións estatales a este tipo de colectivos, como é a Ponte dos Santos, pois aínda que daban traballo temporal a máis de 40 persoas, o que é moi de agradecer na nosa comunidade, tendo administrativos como alguns de vostedes ¿que é o extraño…?. O que é de extrañar, é ¿como puideron estar o frente de todo esto, nada menos que durante seis anos….? Si esto funcionara como aquel PPO da miña mocedade, con monitores competentes e profesionales, entregados a enseñanza teórica e práctica dos seus alumnos ¡seguro que non sacaban as subencións! pero hoxe en día…¡que pouquiño control houbo/hai do gasto dos fondos públicos…! pura desídia administrativa…! Esperemos que todo este control se fiscalice por parte da Comunidade Europea, dos Estados, das Autonomías ou da Xunta de forma tallante… e non se permitan chorradas, nin zarapalladas, nin despilfarros, nin tonterías diversas…. e non lle quepa duda de que seguiremos o tema das vidrieiras o dedillo, pois queremos que se esclareza e depuren responsabilidades alí donde se atopen…

    Pancho Campos

    https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2011/01/22/pintadas-e-vidrieiras-artigo-de-pancho/

    #cultura #educación #PanchoCampos #sociedade

    PINTADAS E VIDRIEIRAS, artigo de Pancho Campos – Ribadeando