https://butterword.com/la-ue-acuerda-restablecer-plenos-lazos-comerciales-con-siria-parte/?feed_id=80874&_unique_id=6a01cd6e83632
Nota de prensa: OS TERREOS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE
OS TERREOS PARA O NOVO CENTRO DE SAUDE
O pasado martes dia 31 de marzo celebrouse un Pleno Ordinario no Concello de Ribadeo [deixo a convocatoria en baixo] no que se acordou, entre outros asuntos, a cesión á Xunta de Galicia dos terreos para a construcción de un novo Centro de Saúde enfronte da estación de servizo de Repsol, ou sexa a un km do centro do actual que será pechado a todolos efectos, co conseguinte perxuicio para os veciños e residentes en Ribadeo. Se este proxecto acaba sendo realidade os ribadenses seguirán con escasos servizos médicos por falta de persoal – de esto nunca se fala na Casa de Ibáñez- pero terán que desplazarse a un km de distancia, con sol, choiva ou vento, para que a Xunta e o alcalde de Ribadeo vexan satisfeito o seu proxecto urbanístico.
Pero vexamos o que nos vai costar en euros contantes e soantes esta deriva constructiva para seguir sen médicos nin enfermeiros. O día anterior ao pleno a prensa daba a nova de que o concello tivera destinado arredor de 220 000 euros para estas parcelas que transfire á Xunta libres de cargas. Nin nas notas do concello nin no pleno se dixo explícitamente cal foi o prezo final dos terreos, de onde deducimos que hai certo interés por agochar este dato. Asemade o alcalde repetiu que unha das parcelas soportaba moitas cargas e que os trámites executados foran complexos. O lector xa entende, así que aforramos explicacións. Das mesmas fontes recollemos a declaración de que a urbanizacións dos terreos colindantes ao centro de saude custará outros 300 000 euros procedentes da Consellería de Infraestrcturas. Non esquezamos que estamos falando de unha zona do acceso a Ribadeo dominada por unha ampla curva, con unha visibilidade limitada e pola que transitan en horas de consulta entre uns 14 e 18 automóveis por minuto, o que fará especialmente complicada a entrada e saída nese espazo, para os centos de automóveis que se moverán se ese centro de saude se chega a poñer en marcha. Pola outra banda o día 26 de decembro de 2025 o Conselleiro de Sanidade e o Alcalde de Ribadeo asinaban un convenio para a construción do devandito edificio, declarando que o investimento ía supoñer máis de cinco millóns de euros e que contaría con novos servizos. Naturalmente o que non se dicía era cando se iban a cubrir as vacantes actuais que siguen baleiras de persoal.
En resume, levamos tres anos denunciando o erro histórico de levar o Centro de Saúde de Ribadeo para unha zona lonxana do casco urbano e da vida social e comercial da gran maioría dos veciños, pero non nos decatáramos de que detrás de este proxecto aniñaba unha operación urbanística de mais de cinco millóns e medio de euros, cun despilfarro innnecesario para seguir sen atención sanitaria por non cubrirse as prazas de médicos e i.
Ribadeo, 8 de Abril de 2026
PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES
—
Convocatoria do pleno referido:
pleno 20260331Descarga #EvaristoLombardero #plenosHoxe e a Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004
Por estar de actualidade a aprobación do novo estatuto dos plenos de Ribadeo, que adxunto ó final, deixo tamén a Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004, que regulaba unha minúscula participación cidadá nos plenos, cousa que este novo estatuto non contempla (a dicir verdade, non nega tampouco, simplesmente esquece o tema…). Esta parte é copia dunha entrada en Ribadeo Historia, blog anterior á existencia das ‘Notas do concello’ na súa web, cousa que en parte era a miña retensión parchear.
Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004
Ten, por exemplo, a regulación de rogos e preguntas por parte do público ó remate das sesións plenarias ordinarias, feita á proposta da Xunta de Portavoces.
Acta pleno 13 set 2004DescargaEn relación ó acordo aprobado no último pleno, que se reproduce a continuación, a destacar que foi aprobado por unanimidade dos presentes (outra cousa sería a unanimidade do pobo). Em en relación á participación cidadá nos plenos en Ribadeo, a única forma era mediante pregunta por escrito con tempo abondo antes dos plenos, que era lida polo alcalde ó remate do pleno e contestada a continuación. Iso, se non se lles escapaba e pasaba a outro pleno no que se lembraran de contestala. aínda hai algunha pregunta sen contestar de hai vinte anos.
Algúns concellos, poucos, teñen regulamentos de participacion mais ambiciosos, e mesmo consellos de saúde ou de servizos sociais moi paticipativos. Ribadeo mesmo tivo un consello da muller activo. A lei de réxime local e moi aberta para facilitar a participacion, algo desaproveitado sistemáticamente en xeral.
A participacion da veciñanza na xestión e na política municipal é un dos temas pendentes, e moi interesante porque afecta a aspectos ideóloxicos e estratéxicos referentes ao modelo de democracia que buscamos.
20260211_Certificado_Certificado pleno_CERTIFICADO 2026-0019 [Certif. Pleno 10_02_2026 Regulamento Orgánico]Descarga #plenos #sociedadePode empregarse o muro de novas do concello para criticar á oposición?
Deixo a captura de pantalla realizada hoxe mesmo dunha nova posta esta mañá no muro de novas do concello. Non entro a valorar os motivos da oposición nin os do goberno municipal a favor ou en contra da solicitude dun convenio extraordinario no pleno de onte. Si lin a nota de prensa, que sería a correspondente ó pleno de onte (non hai outra no muro do concello), pero non o que ten que dicir a oposición, e tampouco asistín ó pleno. Pero chámanme a atención as formas: que se use un medio do concello, da institución, para un titular no que unha formación, no poder, di ‘non entender’ a outra, oposición, que non ten acceso a esa mesma difusión.
Non me estendo máis. Prefiro que cadaquén xulgue. Ó fin, só presento a miña sorpresa por un feito que coido non debera ter pasado, sen importar que noutros lugares sucedan cousas parellas ou peores.
#plenos #políticaOnte (20260127) houbo pleno
Si, polo que parece estaba a convocatoria do pleno dende hai hoxe cinco días na sede electrónica do concello, pero non a vira. A convocatoria era a seguinte:
Convocatoria pleno Ribadeo 20260127DescargaPenso que de terme decatado antes, tería ido. E é que me chamoa a atención que antes de rematar xaneiro haixa unha “Modificación orzamentaria 03/2026”, que non sei se quere dicir que é a terceira modificación do orzamento (aprobado o 23 de decembro, é dicir, hai 36 días) ou ‘só’ unha modificación orzamentaria cando levamos transcorridos só 27 días do novo ano.
Tampouco sei o que significa ‘Comodatos’, nin teño máis precisión sobre as ‘responsabildiades patrimoniais’ a raíz da caída dunha árbore (por exemplo, onde?), o ‘impacto dunha pedra ó rozar’ (asemade, onde?) ou os ‘danos en vehículo pola caída de alumeado de Nadal’ (supoño que nalgunha das ventoeiras deste Nadal).
Do que si teño datos, porque xa o vin no xornal, é do convenio marco plurianual con ACISA, que supón 20 000 € para este ano. Aínda que non comprendo como teñen que aprobalo se é algo plurianual e entendo que xa estaba aprobado o conxunto, supoño que trámite administrativos.
#economía #plenos #sociedadeDo pleno de 18 de marzo
Escudo de Ribadeo, versión tradicional e segundo Pancho CamposO 18 de marzo houbo un pleno en Ribadeo. O asistir a el deixoume un regusto amargo como tentei plasmar na entrada correspondente do blog. Como dixen alí, segue sen estar accesible na web do concello a convocatoria, e polo tanto, a orde do día que se seguiu. E, pasados dez días, non vou comentar máis que o que xa comentou a prensa, baseándose principalmente na nota que sacou o propio alcalde antecedendo ó pleno. Nota que, por exemplo, xa non comenta a presentación para aprobación definitiva do escudo e bandeira municipais, que houbo que facer debido ás alegacións presentadas, a pesar de dar a ‘noticia definitiva’ a nota de prensa da alcaldía de 19 de febreiro.
En fin, deixo sen máis comentarios o audio do pleno. O falado sobre escudo e bandeira foi breve, a partir do minuto 25:20.
Reflexos condicionados
Din que músculo que non se usa, atrófiase. E calquera aparello que non é usado, remata por estragarse, de xeito que cando se pretende usar, pode non responder… A democracia, tamén. De feito, estámolo a vivir.
Teño estado presente en numerosos plenos municipais de Ribadeo, como público sempre, moitas veces acompañando a xente como José María Rodríguez ou Pepe Salvatierra. En diversos mandatos. A última vez, onte, martes 18 de marzo. E onte volvín a lembrar un sentimento que tiven moitas veces ó facer o seguimento do pleno.
Hai sentimentos que son moi comúns e que aínda que non sexan sempre e para todo o mundo igual, están normalizados por unha verba: ledicia, desacougo, temor… Pero mesmo neses, hai situacións que necesitan cualificarse mellor para achegarse a comprendelos. O que me pasa nos plenos (e cónstame que non son o único a quen lle pasa algo parello) necesita un pouco de explicación. En parte, porque sempre puiden ver que a asistencia é moi minoritaria, en parte polo mesmo funcionamento dos plenos, xa dende antes da súa convocatoria.
Coido que os plenos municipais están concibidos como exercicio democrático: alí se discuten cousas e logo se toman decisións, tendo participación diferentes representantes do pobo. Mais, a quen se asome por un pleno, esa concepción pode soarlle a algo estraño. Se vas de público, moitas veces non tes oportunidade de acceso ós documentos que alí se tratan. Mesmo parece que máis dunha vez algúns dos que están sentados nas butacas que lles corresponde tampouco tiveron acceso adecuado. Onte era inútil a procura na sede electrónica do concello da convocatoria, co que a xente que acudimos, fomos alí (ao menos a maioría) pola propaganda pola que o goberno municipal gabou o que presentaba na sesión. Propaganda, non anuncio, pois trataba de difundir unha visión das cousas e non un resume obxectivo. De calquera xeito, propaganda que non logrou (coido que tampouco era o seu fin) que houbera máis público que participantes de oficio.
En canto ó desenvolvemento do pleno, as introducións ós puntos lidas polo secretario puxeron, como é habitual, a proba a intelixencia e comprensión do público asistente, que non tiña participado nas sesións da Xunta de Goberno. Chama a atención que pareza que a principal función dos concelleiros sexa levantar a man; por iso citei a José María ó comezo: el sempre dicía que era mellor que fora un por partido, por exemplo cun carteliño que puxera o número de concelleiros do seu grupo para levantalo cando fose necesario. As discusións, pola súa banda, poden corresponder ó tratado… ou non. É dicir, pode adicarse máis tempo a xulgar o que se fai noutros concellos, por ser de diferente signo político, poñamos por caso, noutros tempos (outro mandato municipal), ou á autoposta de medallas, que en discutir os pros e contras para a poboación da decisión que está sobre a mesa. E que se fixera algunha vez solta, puidera ser ilustrativo, aportar valor. Que se faga coa frecuencia común nestes casos, sinxelamente é como mínimo, distrativo, unha distracción. E poderiamos seguir.
Alongaría estas palabras o facer unha revisión do chamado regulamento de participación cidadá, que permite ó alcalde, despois do pleno, contestar a preguntas que se lle poden facer dende as asociacións. Asemade o alongaría explicar o por que ese mecanismo caeu en desuso en Ribadeo.
Por suposto, mellor é algo que nada, non? E non, non creo que teña que estar todo o pobo nos plenos, para iso está a representación política. Pero está claro que a democracia, se non se usa, se non se coida, pérdese. E unha cousa é non estar nos plenos e outra só seguir, como moito, a propaganda dun ou outro partido colgándose medallas ou atacando de calquera xeito a quen ten unha postura diferente. E así, por costume, rematamos cos reflexos condicionados, deixando a política en mans de… quen?
Martes 4F, actividade no concello
Martes, actividade no concello
O martes 4 de febreiro está previsto que teña lugar tanto unha Xunta de Goberno Local como un Pleno Extraordinario obrigado, pedido pola oposición.
O segundo foi obrigado legalmente pola peticiónda oposición, e terá lugar ás oito da tarde no salón de plenos (lugar normal da celebración dos plenos, dianteira do concello) cun único punto na orde do día: “Debate e aclaración sobre o acontencido coas cortas de árbores en diferentes lugares do Concello e a manifestada intención de proxecto de reforma sobre o campo de San Francisco.”
Martes 4F, actividade no concello
Mentres, a primeira está convocada ás sete da tarde, no salón dos alcaldes (o
que ten os retratos dos alcaldes da democracia en Ribadeo, situado na
traseira do concello), coa seguinte orde do día, asunto de trámite:
Aproveito para deixar a ligazón á última acta que aparece polo momento na Sede electrónica do Concello:
ACTA DO PLENO 2024-0013 [ACTA PLENO EXTRAORDINARIO 20.12.2024]
Remata o pleno votando contra a lei?
Antes de comezar o plenoRemata o pleno votando contra a lei?
A vida está chea de cousas absurdas
que poden dar a impresión de non ser verídicas.
Sabes por que?
Porque esas cousas absurdas son verdadeiras.
(L. Pirandello, Seis personaxes na procura de autor)
1.- Lembremos: un pleno extraordinario obrigado pola oposición sobre a corta indiscriminada de árbores dos últimos tempos…
O de onte -martes 20250204- foi curioso, si. Un pleno que encara o seu remate do seguinte xeito: pasando de votar as propostas ata que dende o público se pregunta por elas. Un pleno no que logo diso o alcalde continúa falando e dicindo que se está a cumplir a legalidade que piden as propostas, que por fin pasa a votación e o grupo maioritario vota en contra da mesma proposta que remata de ser declarada cumplida e legal por parte do alcalde… (a primeira, paralización inmediata das cortas, entendo que seguiu sen ser votada)
A espera de solucionar problemas técnicos coa reprodución aquí do audio recollido, sigo o resumen do pleno, de xeito rápido: unha vez feita a exposición, longa e detallada, por parte da oposición ó comezo da sesión, o alcalde pasou a lembrar episodios de pasados mandatos (‘lexislaturas’, segundo el) por un bo tempo, e, do pouco que falou sobre o tema enriba da mesa, a contradicir as súas verbas anteriores -documentadas- e mesmo algunhas das ditas un pouco antes no mesmo pleno para tentar xustificar que todo estaba correcto, axustando que ‘eles’ (o equipo de goberno, do que só falou el) facían todo ben, e que se algunha vez erraban, non se lles caían os aneis por pedir perdón (ainda sigo esperando que o faiga). Cara ó final, o público interrompeu varias veces ó ver que o alcalde falaba dando voltas sen dicir nada relacionado coa corta indiscriminada de árbores, motivo do pleno.
Pleno de hora e media, con asistencia de 35 persoas de público (con xente de pé), despois de celebrarse nun sitio non anunciado (estaba anunciado para o salón de plenos e celebrouse no de alcaldes por obras no outro), con accesos non ben sinalados (a escaleira principal resultou estar en obras, e o único cartel indicador que puiden ver estaba ó fondo do corredor, á beira das escaleiras que había que usar).
Unha nota final: Hai só poucos días que escribín unha petición para que se colgase na web documentación sobre unha modificación do PXOM afectando a unha zona verde de Ribadeo, que debera estar exposta dende case un mes antes. Pouco despois da petición, púxose. A petición incluía un aviso: se non se pon, non corren os prazos e a votación realizada no pleno non serve de nada… Non citaba na petición a falta de transparencia que o desleixe implicaba. É só un de tantos dos episodios ocurridos ultimamente. Deixo en baixo unha copia parcial do documento de petición:
2.- Como ampliación, unhas horas despois, aumento:
2.1.-A nova, en Crónica 3 (nota de prensa do BNG).
2.2.-Engado a entradilla do comezo.
2.3.-Vexo que vou tardar en solucionar o problema técnico para a publicación do audio, polo que é de esperar que ata os próximos días, en entrada aparte, non o dé feito.
Remata o pleno votando contra a lei? Audio
O teixo de Arante, árbore senlleira dada onte por desaufizada polo alcalde. Autor descoñecido
Aínda con problema, xa podo compartir o audio da sesión do pleno extraordinario e obrigado de 20250204 en Ribadeo. Tomado dende o fondo da sala, hora e media, sen editar. Componse de breve intervención do alcalde para abrir o pleno, presentación das propostas a cargo de Pablo Vizoso (BNG), breve intervención de Marta García Rey (PSOE), longa intervención do alcalde Daniel Vega, resposta de Pablo Vizoso, incluíndo audios de entrevistas, e remate tamén longo do alcalde. Audio dende Acast, https://shows.acast.com/ribadeando:
O audio, noutra plataforma: