-Publicado hoxe na Comarca como resume das actividades da estación-
    Xa chegou o fin de ano. Momentos para proxectar despois de facer revisión da memoria. Neste 2010 O Tesón ten realizado diversas actividades, comezando coas dúas asembleas realizadas e finalizando polo desvelado e presión para que as vidreiras da capela do cemiterio non sexa unha cousa máis que caia en saco roto.

Centrándonos no outono, sen querer ser exhaustivos, para a asociación comezou coa xuntanza da Mesa de Asociacións de Veciños de Ribadeo, na que foi revisada unha proposta para o regulamento de participación veciñal e a petición de xuntanza co alcalde para dar unha explicación da mesma. Como se ve, que haxa actividades non significa que as actividades den froito inmediato, pois aínda non se celebrou a xuntanza co alcalde nin tampouco se sabe nada da proposta feita, asemade deixada no seu momento no concello. Non obstante, a relación entre asociacións é algo necesario, como tamén consideramos que o é a o dispor dun canle permanente de relación co concello, unha base que non estea suxeita ós avatares das boas ou malas relacións do momento e que permita unha actuación a longo prazo. Por iso, seguiremos insistindo.
    Dentro das relacións co concello atópanse tamén as preguntas ó pleno, nas que a asociación vai presentando, en practicamente tódolos plenos ordinarios, diversos temas que considera de interese. Non sempre se ten resposta, nin cando se ten sempre corresponde ó que se pretendía, pero á falta dun regulamento de participación, úsase e aprovéitase o que hai, ben escaso nos dous sentidos de ben. E así, atopamos preguntas diversas, como a realizada sobre o canón lanzacabos doado a Ribadeo pola armada norteamericana e actualmente na Cruz Vermella de Lugo. Estamos esperando o resultado da indagación do concello, como foi dito no momento correspondente, hai xa tres meses longos.
    A asociación segue moi de preto os pasos dados pola plataforma se seguimento sanitario, primeiro da costa, e logo, da sanidade pública. É certo que se mantén nun segundo plano, pois é un tema que afecta a toda Galicia e quédanos moi amplo, pero alí estamos tentando que o interese de Ribadeo estea presente tamén nese foro. E Ribadeo ten intereses en que a sanidade funcione.
    Fomos chamados a consultas para a realización de programas electorais. Alí estivemos, procurando non saír na foto porque temos claro que debemos ser independentes como asociación, por moito que cada persoa que estea integrada en O Tesón teña as súas ideas particulares e políticas. A parte do documento ‘Base para un diálogo’ que lle foi remitido ós interlocutores con posterioridade a cada xuntanza, nas entrevistas tentamos deixar claro que, a parte dun plan de redución de débeda do concello, as principais reivindicacións que propoñemos son inmateriais: trátase de que o concello funcione, políticos electos e funcionarios, cada quen dentro das súas posibilidades e responsabilidade, co cumprimento das propias normativas do concello, así como consideramos necesaria a mellora da credibilidade que candidatos e electos teñen por parte dos electores. Polo demais, o documento entregado tiña os apartados de Transparencia e participación, Sanidade, Recuperación de cousas e causas perdidas, Promoción (turística e outras), Ría e mar, Comunicacións, Obras públicas, Servizos e Industria, a parte doutros temas máis difíiciles de encadrar nun apartado concreto e dispostos baixo o epígrafe de ‘outros’.
    Un tema que foi escaparate da asociación durante o mes de outubro foi a realización das charlas ‘Ribadeo e …’, que abrangueron os temas de o mar, o medio ambiente, a pintura de Dionisio Fierros e o tempo, en colaboración coa Casa das Letras, e impartidas respectivamente por Pancho Campos, Iván Rodríguez, Celia Castro e Luciano Zubillaga, todas persoas relacionadas con Ribadeo. Deixou un bo sabor de boca ó ver que a asistencia se mantivo e aumentou ó longo do ciclo, e mesmo que foron pedidas máis, pero sobre todo, deixou unha boa impresión que as charlas se aproveitaran. En resposta, xa se anunciou un segundo ciclo para o mes de marzo.
    A principal actividade social do período levou a un grupo de xente a Meira, onde puidemos desfrutar dunha visita guiada por José Mª Rodríguez á Colexiata de Santa María, resto do antigo mosteiro, así como da man de Carlota Eiros á casa máis representativa do século XIX na vila, ir ós dous presuntos nacementos do Miño, O Pedregal de Irimia e Fonmiñá, para poder xulgar a súa preeminencia, e participar dunha comida de irmandade. Polo camiño, visitamos asemade o lugar onde antigamente se atopaba o Mosteiro de Esperautano e a reprodución do tren mineiro realizado e explicado por Luis Sanjurjo. Un verdadeiro desfrute de tempo e compañía.
    Para non alongar máis, pasaremos de longo os dous principais temas que caracterizaron a actividade no último mes: as vidrieiras, tema que continuará, e a recollida de sinaturas tentando a recuperación do xulgado para Ribadeo, no que somos conscientes que o paso seguinte debe ser dado por tódalas forzas políticas de xeito unido, sen fisuras. Lograrémolo?
    Estamos no Nadal, tempo que se emprega para felicitacións e bos desexos cara ó novo ano. A directiva de O Tesón fai extensivos a todo Ribadeo, non só ós socios do colectivo, estes bos desexos, pero sen perder de vista aquel vello refrán que di ‘a Deus rogando, e co mazo dando’… O futuro está en boa parte nas nosas mans, e se queremos que Ribadeo sexa un mellor lugar para vivir, é algo no que todos debemos participar.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/12/31/de-o-teson-ribadeo/

#CeliaCastro #IvánRodríguez #JoséMªRodríguez #oRibadeoQueQueremos #OTesón #PanchoCampos #participación

Resultados da busca de «label/Pancho Campos» – Ribadeando

Despois de ter subido onte un artigo sobre Dionisio Fierros, hoxe subín a ‘Publicado en Ribadeo‘ o artigo publicado en ‘Cadernos do Castro de Viladonga’ ‘Pintura e fotografía no s.XIX: unha aproximación á obra de Dionisio Fierros‘, por Celia Castro.

Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

O artigo, ampliable e descargable:

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/12/02/dionisio-fierros-en-publicado-en-ribadeo/

#CeliaCastro #cultura #publicadoEnRibadeo

Algo novo en Publicado en Ribadeo

A fotografía e a pintura nos retratos reais. Dionisio Fierros e a súa obra en Galicia, por Celia Castro Ampliable e descargable:

Remato de colgar unha publicación de Celia Castro referente a Dionisio Fierros, publicada no último número de Rudesindus: Dionisio Fierros. Os comenzos de un artista.

Con el, temos unha nova referenza para completar a vida e obra deste pintor tan relacionado con Ribadeo.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/10/13/dionisio-fierros-os-comenzos-de-un/

#CeliaCastro #cultura #publicadoEnRibadeo

Onte subín a Publicado en Ribadeo un novo traballo sobre Benito Prieto Coussent,de Celia Castro: A última Cea de Xesús de Benito Prieto Coussent, que foi publicado hai nada na Revista Lucensia, nº48, Lugo, Maio 2014, Pp 121 a128.

ampliable e descargable:

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/06/02/a-ultima-cea-de-xesus-de-benito-prieto/

#CeliaCastro #cultura #publicadoEnRibadeo

    Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas. Celia Castro pode consultarse noutra fiestra premendo a ligazón ou lerse directamente no artigo. Aparece en Croa nº 25.Pp 96-101 , out 2015.

(atención, pode tardar algo en cargar para ler no artigo)

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/10/22/corona-gonzalez-santos-e-ramon-gonzalez-2/

#CeliaCastro #cultura #publicadoEnRibadeo #sociedade

Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas Celia Castro

Artigo sobre o matrimonio, asinado por Celia Castro e publicado en Croa nº 25.Pp 96-101 (out. 2015)

Issuu

A ribadense Celia Castro publicou na primavera un novo artigo sobre arte: ‘Historias del romanticismo. Una elección’. Adxunto o deixo para a súa lectura. A imaxe pode ampliarse e o pdf pode ser descargado.

Máis obras de Celia Castro.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/08/19/historias-do-romanticismo/

#CeliaCastro #cultura #publicadoEnRibadeo

Ribadeando

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno ... )

Co gallo do anuncio de que Celia Castro será a pregoeira das festas, xa ten creada unha páxina na Galipedia. Polo momento, está incompleta, mais irá medrando… e xa se poden consultar a partir dela varias das súas obras, a máis de noutras entradas deste blog:

Celia Castro na Galipedia.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/07/11/celia-castro-ten-paxina-na-galipedia/

#CeliaCastro #Galipedia

Ribadeando

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno ... )

Celebrouse o sábado 2 de setembro o pregón das festas patronais deste 2017, a cargo de Celia Castro. Se o perdiches, aínda que sen diapositivas que o acompañen, nin ambiente do cine teatro, nin Polifónica actuando, embaixo o tes, cedido pola autora.

O pregón dende o patio de butacasO pregón dende o galiñeiro.

PREGÓN DAS FESTAS PATRONÁIS DE RIBADEO 2017

  Boas noites a todos:

  Autoridades, membros da Comisión de Festas, veciños e visitantes.

Antes de nada quero agradecer ao Concello e aos membros da Comisión das Festas Patronáis a proposta que me fixeron para ler o Pregón este ano. Esto supón para mín una grande honra, porque teño a gala ser ribadense de nacemento e corazón, como a maioría dos que aquí vos atopades.

  Quizáis non son a persoa máis adecuada para facelo, pois neste pobo sobran persoeiros con mais méritos. O meu, considero, e tan só tentar facer ben o meu traballo, e investigar e transmitir, na medida do posible, aspectos da nosa historia local.

  É a primeira vez que dou un pregón, polo tanto, agardo que saibades desculpar as carencias que este poda ter.

  Á hora de escribilo viñéronme á memoria aqueles fermosos versos de Lope de Vega:

“Un soneto me manda hacer Violante,

Que en mi vida me he visto en tal aprieto.”

  Todos me coñecedes, porque nacín e vivin aquí a miña infancia e mocedade, e sigo vivindo cando o traballo mo permite, polo que creo que non necesito presentarme.

  Sen embargo, gostaríame facer una breve referencia aos meus orixes familiares, explicándovos cómo cheguéi a ser ribadense.

  Meus avós maternos, Carmen e Cándido, procedentes ambos de familias numerosas do medio rural, víronse obrigados moi novos a emigrar, a La Habana para buscarse un futuro.

  Meu avó Cándido, procedente de Alaxe, parroquia do Valadouro, aprendéu o oficio de tintoreiro no establecemento que tiñan unos parentes acomodados, en dita cidade.

  Aos vintetrés anos montóu o seu propio negocio en San José de las Lajas, barrio de La Habana.

  Un día, no porto, agardando un barco, na espera de un veciño, coñecéu a miña avóa, que estaba tamén a espera de un parente, e tras un corto noivado de seis meses, casaron.

  Tiveron dous fillos, miña nai, Ofelia, e meu tío Cándido.

  En 1936, fartos dos desordes e inestabilidade política que asolaba a illa, decidiron voltar a España, e así chegaron a Ribadeo, onde residía dende 1932 un irmao moi querido de meu avó, José Manuel.

  José Manuel fundóu dous negocios en Ribadeo: A “Casa Americana”, de sastrería e confección, e a “Tintorería Americana”.

  Aos 9 días da chegada dos meus avós a Ribadeo, estalóu a Guerra Civil. Debido a este feito, decidiron quedar neste pobo e facerse cargo de un dos negocios de José Manuel, a Tintorería Americana, situada na rúa Virxe do Camiño 3, que logo trasladarían ao nº 22 da cercana rúa de San Roque, e que rexentarían ata 1964.
Có tempo, miña nai casóu con meu pai, Edelmiro, procedente tamén do Valadouro e un 9 de setembro, dun ano que queda xa moi lonxe, nacín eu, en plenas Festas Patronáis.

  Mais tarde, os meus avós paternos, procedentes tamén do Valadouro, instalaríanse en Ribadeo, fundando un negocio de ultramarinos tamén na rúa San Roque, nº 57, chamado “El Valle de Oro”.

  Ollando agora, á miña lonxana infancia, fago un reconto dos ribadenses que, aparte dos meus familiares, influiron de algún xeito na miña vida e forma de ver as cousas.

  Ribadenses cheos de calidade humana, de sabiduría, de pacencia, que coordinaban o seu bon facer diario con tarefas culturáis, que ás veces roubaban horas á súa vida familiar, pero que eles sabían compatibilizar con alegría e bon humor.

  Así, anos mais tarde, soupen, que aquel home tranquilo, que xunto con miña nai me ensinóu a ler cunhos cartonciños azuis que levaban un debuxo pintado, e o nome que lle correspondía, na parte inferior, dividido en sílabas, Don Gregorio Sanz, era en realidade un extraordinario mestre, pedagogo e traballador da cultura. Que aquel método co que aprendín a ler xa fora utilizado pola Institución Libre de Ensinanza, e que agora, na época actual, recibe o solemne nome de Lectura asociativa.

  Don Gregorio, ademáis foi un dos creadores da Cabalgata de Reis en Ribadeo. Él e outros veciños, ese día, facían una colecta, según as súas propias palabras:
“Para que todos los niños, fuese cual fuese su situación económica, tuviesen el día de Reyes, al menos, un juguete”.

  Ademáis, fundóu, xunto con Amando Suárez Couto e Camilo Barcia Trelles, a Biblioteca Popular Circulante, xermen da actual.

  Mais tarde, no Colexio do Sagrado Corazón, aprendín a convivir e a participar en actos culturáis de carácter público, como aquelas veladas no Teatro da Vila, dirixidas por Sor Pilar de León e amenizadas ca música do violín de Carlos de la Moda.

  Tamén a participar na Semana Santa, como tantos nenos da vila, caracterizada de Anxo, de María ou de Samaritana, actividades que coordinaba de maneira eficaz e entusiasta a profesora Mari Paz Otero Aenlle.

¿Como esquecer os primeiros actos solemnes na igrexa parroquial, e a Don Enrique López Galuá, que ofrecía pesos a quen acertase as preguntas do catecismo?. ¡Que rabia!, case sempre lles preguntaba a os nenos, co que as nenas rara vez obtíñamos algún premio.

  Có tempo tamén soupen que Don Enrique era autor de varios libros de teoloxía, e que un deles, ”Buscando a Dios”, era lectura obrigada na Academia Militar de Zaragoza.

  Mais tarde os primeiros cursos de Bachillerato na Academia Santo Tomás de Aquino, o Padre Domingo, ca súa infinita pacencia, e Don Amando Suárez Couto, Don Amando, ao que a Guerra Civil truncóu unha carreira artística máis que prometedora.

  Don Amando tiña maxia nos dedos. Despois de traballar trinta e seis anos nunha Escola de Arte, onde ademáis de alumnos hai artistas consagrados, creo que poido opinar algo sobre o tema, e digo, que nunca, nunca, vin debuxar a alguén como él o facía.

  A súa inquedanza cultural era enorme. Andando o tempo enteréime que tamén fora músico, participando nas rondallas ribadenses de principios de século, xunto con Antonio Darriba, e Emilio Vior entre outros. Tamén tomaba parte nas veladas teatráis, e foi cofundador do Ribadeo Fútbol Club.

  Como dato curioso, suliñarei, que hai exactamente noventa e tres anos hoxe, o día 2 de Setembro de 1924, presentóuse neste mesmo Teatro, co gallo das Festas Patronáis, con gran éxito, o grupo folklórico Cantigas da Mariña, creado e dirixido polo propio Don Amando.

  Este grupo suspendéu as súas actuacións en 1929, por diversos motivos, reanudándose estas en 1933 por iniciativa de Claudio Pérez Prieto, “Claudín de Dona Eudoxia”, sendo dirixido por Leonardo Fernández Reinante.

  Co seus irmaos Carlos e Amadora, fundaria en 1960 o grupo de gaiteiras “Meniñas da saudade”, o primeiro composto exclusivamente por mulleres,que obtivo grandes éxitos e tivo a súa útima actuación en 1997.

  Leonardo Fernández Reinante, que todos recordamos pola súa época de Bibliotecario Municipal, foi outro dos ribadenses que destacaron pola súa labor no campo da cultura. Músico e profesor de violín, tocaba ademáis a caixa o clarinete, o órgano, o piano e o baixo. Compuxo cantigas, obras polifónicas, serenatas, unha zarzuela, etc, traballando ademáis noutros aspectos culturáis. Grazas a él e a alguns outros ribadenses que gardaron os libros do Ateneo, non foron estos destruidos durante a Guerra Civil.

  ¿Cómo esquecer a D.Manuel Fernández Reinante, o emblemático cura de Pita? Home de gran cultura, foi o último eclesiástico da zona habilitado para facer exorcismos.

  Son tantos e tantos os conveciños orixinais e xeniáis que darían para tres ou catro pregóns, pero non vos asustedes, seréi breve:

  Recordo a Carlos Álvarez e Fernández Cid, dirixindo a Coral Polifónica cunha señorial capa azul, a Manolo Cortés enchendo a igrexa ca súa magnífica voz de tenor, nas ceremonias relixiosas.

  E actos menos solemnes, pero igualmente festivos, como o Antroido, celebrado tradicionalmente en Ribadeo, incluso cando non era ben visto, grazas á confianza e iniciativa do alcalde Pancho Maseda. O Carnaval de Vrao, evento agardado con ansia, no que o bon facer e os álbumes antigos de Luisita Coldeira, axudáronnos a gañar algún premio.

  E entre tanto, iamos medrando, xurdían os primeiros dilemas e compría tomar as primeiras decisións importantes que nos permitisen encarar o futuro.
Eu quería ser profesora de literatura, e adicarme a escribir nos ratos libres, pero no Instituto asistín as clases maxistráis de Don Juan Suárez-Acevedo, e influida por elas, decidín estudar Historia da Arte, nunca me arrepentín.

  Pouco a pouco, os mozos de entón, iamos participando nas distintas actividades locáis. Ribadeo sempre foi un referente cultural na Mariña, un elemento dinámico onde tiñan cabida as iniciativas máis diversas: Os concertos, as obras de teatro, a Feira do Libro. Xurdiron asociacións culturáis tan emblemáticas como “Francisco Lanza”, diversas agrupacións musicáis, folklóricas e populares, ata chegar hai vintecinco anos á creación da actual banda de música, tan agardada polos veciños, sobre todo os de maior idade, fartos de repetir:

 “Un pueblo no es nada sin banda de música”.

  Ribadenses da talla de Daniel Cortezón, Dionisio Gamallo ou Suso Peña, por citar algúns, dábannos lustre ca súa categoría intelectual e humana, facéndonos sentir importantes e apreciados.

  Quero facer una referencia especial ao pintor ribadense afincado en Granada, Benito Prieto Coussent .

  De familia procedente de La Bañeza, foi o primeiro fillo de Benito Prieto Ferrero, que establecéu un bon estudo fotográfico na nosa vila en 1901, chamado “La Modernista”, con sucursáis en Navia e A Veiga. Un dos seus anuncios estaba redactado nos seguintes termos:

“Si retratos superiores

queréis hacer, ¡Oh lectores! 

y os viérais en un aprieto,

sabed que son los mejores

los que hace Benito Prieto”.

  Benito Prieto Coussent, famoso polos seus Cristos de realismo exacerbado, e os seus magníficos retratos, foi bon amigo de Dionisio Gamallo e Daniel Cortezón, entre outros ribadenses.

  Tamén quero ter hoxe un recordo especial para o seu fillo Benito Prieto Rejón, que viaxóu dende Alemaña en abril do 2013, co gallo da adicación de una rúa ao seu pai neste concello. Foi una xornada leda e emotiva, para él e para todos. Falecería dous anos máis tarde, a consecuencia de unha grave e cruel enfermidade.

  Pero o punto álxido neste devenir foi sin duda o nomeamento de Leopoldo Calvo-Sotelo como presidente do Goberno.

  Ribadeo era o seu lugar habitual de descanso en vacacións, e debido a o seu cargo político e popularidade, o noso pobo adquiréu tamén gran sona. Creo que ademáis de varios logros políticos e sociáis, debémoslle tamén a promoción da Praia das Catedráis, hoxe auténtico fenómeno mediático.

  O carácter de un pobo faino a súa xente. Como di José Agustín Goytisolo nun fermoso poema que todos coñecedes, “Palabras para Julia”, musicado e interpretado por Paco Ibáñez:

  “Un hombre solo, una mujer, así tomados, de uno en uno, son como polvo, no son nada”.

  Esta unión, e esta suma ás iniciativas de todo tipo, é o que fai posible, que eventos como o do “Ribadeo Indiano”, teñan esta excelente acollida e proxección.
E ainda que as cousas cambiaron moito dende hay cincuenta anos, (¡da grima esta cifra!), e o ritmo das estacións xa non ven marcado polos pantalóns curtos, os calcetíns brancos ou a caseta dos churros creada por Aniceto, “O Barquillero”, despois rexentada por Juan, e que hacia 1960 Marina e Manolo poñían no Campo, que era para nós un anuncio da primavera, os ribadenses seguimos sendo os mesmos.

  A diferenza está en que agora, os mozos xa non somos nós, outros tomaron o relevo.

  As Festas de Santa María do Campo, son, sen embargo agardadas ca mesma ilusión. Non sei si seguen existindo Chacoli e a meiga Candelaria, pero sí os coches eléctricos, o algodón de azucre e a música. Tamén os Cocos, os invitados que agasallan con cartos aos nenos, e o boureo das tómbolas.

  As Festas Patronáis marcan o fin da despreocupación do vrao, son un sopro de aire fresco antes do inverno. A frase, “Despois das Festas”, tan repetida é a expresión máis contundente deste sentir.

  Por iso, aproveitémolas una vez máis. ¡Que sexan para nós una fonte de ledicia e diversión!.

  Fagámonos eco da famosa cantiga dos “Ruiseñores del Eo”, mostrando unha vez máis a nosa “grata animación”, en paz e en armonía.
Para pechar este pregón, permitiréime un pequeno berro, á discreta maneira ribadense:

¡Viva a nosa patrona Santa María do Campo!

¡Felices Festas Patronáis 2017 ¡.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/09/04/e-as-festas-foron-pregoadas/

#CeliaCastro #Festas

Actividades das Festas Patronais de Ribadeo 2017

Despois das Festas de San Roque ...  (outra versión lixeiramente diferente, por se acaso...) pero antes de que as festas foran preg...