16. A chamada de Cthulhu e outros contos de terror cósmico (H.P. Lovecraft). Primeira experiencia lendo nun #xteink e que mellor xeito de estrealo ca con contos do soñador de Providence. Levar sempre este pequeno lector no peto axuda a non coller o móbil neses intres mortos e que cando te decatas transfórmanse nunha vendo vídeos chorras en YouTube. Tecnicamente non é o mellor trebello do mundo pero a combinación de prezo, practicidade e utilidade real é imbatíbel. Dos contos pouco que dicir que xa non saibades. Unha boa edición en epub de Urco dispoñíbel de balde na súa web.






