* #RUEDA E O #PP PERDEN. GAÑA O POBO GALEGO!*
Durante todo este tempo, #AlfonsoRueda non se comportou como o presidente de todos os galegos e galegas, senón como o delegado comercial de #Altri en #Galiza, antepoñendo os intereses dunha multinacional á protección do noso patrimonio natural, do noso desenvolvemento económico e ao futuro das comarcas da #Ulloa e a #Arousa.
Este fracaso rotundo é a vitoria da dignidade dun pobo que se mobilizou masivamente fronte a un proxecto depredador.


