Moito público na presentación do poemario de Xerardo Quintiá e Baldo Ramos UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', que tivo lugar na Torre Museo de San Paio de Narla (Friol) o sábado 18 de abril #poesíagalega

A raíz dun faro é un corazón de luz tecido por moitos outros q sabían ler as estrelas, coida de quenes non ve para que non morran afogando en escuridades tralo solpor, fai q non se perdan entre néboas ou lóstregos q nin chamaron, nin provocaron

A farosofía é todo o q esta humanidade precisa para non afundirse nas súas propias tebras: acubillarse e guiarse uns aos outres, sen verse nen coñecerse e para non esvaecer...

#SilentSunday #lighthouse #poesíaGalega #Galiza

Cheo total na libraría Couceiro para asistir á presentación do poemario de Xerardo Quintiá e Baldo Ramos UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', este mércores 25 de febreiro #poesíagalega
Xeitos de morrer en Alemparte. Reflexións ao redor dunha simulación. #poesia #poesiagalega
https://youtu.be/YEjANwT1IxE?si=b62AI0nQTqIbqtRF
Xeitos de morrer en Alemparte. Reflexións ao redor dunha simulación

YouTube
O suplemento 'Nordesía' dos xornais do grupo La Capital, fíxose eco da aparición dun novo título da colección 'VentoaLto Poesía' de #Laiovento: o volume UMBILICAL, de Xerardo Quintiá e Baldo Ramos #poesíagalega
A outra voz: corpo, violencia e linguaxe como territorio político

Hai libros que non admiten unha lectura inocente. A outra voz , de Alberte Momán e Verónica Martínez Delgado, pertence a esa estirpe de text...

Presentación do poemario de David Otero CONECTA CO ÍNTIMO, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', que tivo lugar no Museo da Terra de Melide o 28 de novembro #poesíagalega

O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra

Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro describindo o sentir do vivir nunha dictadura
Non máis noites de pedra, nin aqui nin en ningures..

#poesíaGalega #Galiza #antifascismo #memoriahistorica #franquismo