⚠️ Precisamos da túa axuda!!!! 🌱

No marco do proxecto #MulleresBravas (https://mulleresbravas.gal/) 👩🏾‍🌾  xunto coa Universidade de Santiago, estamos a desenvolver un estudo sobre as dinámicas de xénero existentes dentro dos espazos de participación galegos (asociacións de veciñs,sindicatos, montes veciñais,xuntas de augas, plataformas activistas,partidos políticos, etc).

Contestar a enquisa non leva máis de 10 minutos: https://forms.cloud.microsoft/e/UKMNWuyy4x

Agradécese difusión 🗣

Graciñas polo teu tempo!!🤗

Mulleres Bravas – Tendendo pontes entre defensoras da vida de Honduras e Galicia.

Hoxe as #MulleresBravas de #Honduras marchan de Galicia despois de 8 días que non esqueceremos.
Onte,con mariscadoras do Río Anllóns,falaron das problemáticas de Honduras como contaminación polas empresas que crían langostinos,e de Galicia,a gran mortandade polas choivas intensas.
Despois,subida a #MonteNeme, territorio de extractivismo, con #SendaNova e Rede Decrecemento #Carballo que logo nos acolleron para xantar e falar no #casino1889.
Grazas Maigra e Esther,por compartir a vosa valentía🌊🌱

O sábado foi un día tranquilo con Esther e Maigra, as #MulleresBravas de #Honduras. Descanso, paseo e boas conversas.

As participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades de ESF #PCR2026, que visitarán Honduras no verán, tiveron a sorte de coñecer con elas moito sobre o contexto e os desafíos que afrontan día a día.

Pola noite, confraternización coas compas da revista feminista andaina, na súa pre-celebración do #8m. Moitas grazas pola acollida!

🌊🙌 Dúas #mulleresbravas hondureñas están xa en Galicia compartindo as súas experiencias de loita polo territorio, os bens comúns e os dereitos das mulleres.

Coñece a historia de Maigra Guevara e María Esther Velásquez, dúas defensoras que levan décadas enfrontándose aos que ameazan o medio ambiente sen medo.

#MulleresBravas #DefensorasDeTerritorio #Honduras #Galicia

As #MulleresBravas de #Honduras, Maigra e Mª Esther, xa están en Galicia!😍

Compartimos a axenda para que non perdas de coñecelas😉

Estarán en #ACoruña, #Vilagarcía, #Compostela, #Vigo, #Lalín e #Carballo

Para calquera dúbida loxística ou para anotarte a algún dos xantares fálanos🌞

Mulleres Bravas volve tender pontes entre as loitas de Honduras e Galicia na defensa da terra - 21NOTICIAS

Nunha lagoa hondureña, Maigra Guevara leva décadas enfrontándose a empresarios e gandeiros para defender os canais de pesca que alimentan a súa

21Noticias

Aqui vai a última crónica de Aida tras a súa estancia en Honduras co Programa de Coñecemento doutras Realidades, no verán de 2025.

Nela compártenos fondas reflexións tras entrevistar líderes e lideresas comunitarias, convivir en La Flor e sobre o 2º encontro de Mulleres Bravas que celebramos con moito agarimo 🌸🌽

Pódelo ler na nosa web: https://galicia.isf.es/blog/sempre-na-loita-a-terceira-de-aida/

#MulleresBravas #PCR

Hoxe foi un día de encontros e celebración , co xantar de fin de ano, que xa é unha tradición. Tamén tivemos mañá de reflexión sobre o futuro de ESF coas novas ideas que foron xurdindo na elaboración da nosa planificación estratéxica 2026-2030, sempre coa tecnoloxía para o ben común como fío condutor

#ESFpro #HackersSenFronteiras #MulleresBravas #ESFnaUni #Honduras #Mozambique

Este mes finalizou o ApS do grao de Dirección e Xestión Pública da UVigo, no marco do programa Mulleres Bravas.

As participantes visitaron a CMVMC de Tameiga e a Oficina de Transformación Comunitaria de Barro.

Rematou cun obradoiro de "acazine", dando paso á creatividade e compoñendo publicacións nas que amosaron os coñecementos xurídico-politolóxico e as súas reflexións persoais, para a través da ilustración e a linguaxe coloquial divulgar de xeito accesible temas complexos.

#MulleresBravas

O pasado venres na celebración da #CooperaciónGalega #30anos #UnhaCarreiraDeFondo tivemos a Sandra na mesa redonda de experiencias de voluntariado.

Ela participou en 2024 no noso programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades #PCR, onde hai que facer un esforzo adicional de deconstrución do eurocentrismo. Para nós é unha ponte entre sociedades civiles que teña dobre sentido (de aí a iniciativa de #MulleresBravas).

En xaneiro esperamos unha nova edición do programa!