Hoxe estivemos no IES de Brión con 4º da ESO.

Co primeiro grupo presentamos os Bancos de Reciclaxe Electrónica con Software Libre: reacondicionamos equipos “obsoletos” para alongar a súa vida útil, reducir lixo electrónico e pechar a fenda dixital. Tamén abrimos ordenadores para coñecer os seus compoñentes.

Co segundo grupo fomos detectives: viaxa máis o noso móbil ca nós? Investigamos sobre extracción dos materiais, fabricación e uso dos móbiles e o lixo electrónico.

#HackersSenFronteiras

Botamos a vista atrás para ver o que medraron as rapazas e a Rede de Alumnas Tecnólogas. Esta actividade foi collendo identidade propia na segunda fase de Hackers Sen Fronteiras e encántanos ver como evoluciona e como conectan as mozas con cada encontro que facemos.

Na terceira xornada crearon unha serie de pequeños proxectos que autoxestionarán elas mesmas. Agardamos coñecelos neste 2026 🌱

Esta é unha recopilación dos 3 econtros feitos na segunda fase do programa.

#HackersSenFronteiras

Hoxe foi un día de encontros e celebración , co xantar de fin de ano, que xa é unha tradición. Tamén tivemos mañá de reflexión sobre o futuro de ESF coas novas ideas que foron xurdindo na elaboración da nosa planificación estratéxica 2026-2030, sempre coa tecnoloxía para o ben común como fío condutor

#ESFpro #HackersSenFronteiras #MulleresBravas #ESFnaUni #Honduras #Mozambique

A mediados de novembro pasamos unha tarde ben nutritiva na ofi de Compostela. Xuntámonos profesorado participante en Hackers Sen Fronteiras, voluntarias e técnicas.

Comezamos botando unha ollada ao camiño percorrido, con números e lugares, avaliamos entre todas esta segunda fase e comezamos a cociñar a vindeira.

Pásate pola web para ver o traballo desta sesión :-)

#hackerssenfronteiras

Hoxe botamos unha tarde ben entretida no Mercado Solidario do IES Rosalía de Castro.

Nós participamos cun espazo de reparación colectiva, onde pasaron polas nosas mans dende reloxos de parede até mandos de playStation. Para máis celebración, foi o primeiro espazo do voluntariado do novo Banco de Reciclaxe da ETSE. De seguro que prontiño haberá máis en Compostela.

#DereitoAReparar #RightToRepair #R2R #HackersSenFronteiras

Esta semana voltamos ás aulas 🤸

Estivemos co alumnado de 3° da ESO do IES de Vedra falando de privacidade dixital. A onde van os nosos datos? Por que os queren as grandes empresas? Que información damos se aceptamos os permisos das aplicacións nos móbiles?

#HackersSenFronteiras

Xa está Belén de volta de #Honduras. Ela é profesora de secundaria e participou no voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades grazas ao programa #HackersSenFronteiras, que desenvolvemos en centros públicos de secundaria e FP

Aquí a súa 2ª crónicas:
https://galicia.isf.es/blog/cronicas-dende-honduras-belen-ii-solpor-entre-amizades/

"Eses instantes lembráronme que o voluntariado non se mide só en esforzo ou dedicación, senón tamén en momentos de encontro, aprendizaxe e alegría compartida, aínda que sexan pequenos ou breves."

Crónicas de Honduras. A primeira de Belén, dentro do programa #HackersSenFronteiras con profesorado de secundaria.
"Este voluntariado está a ensinarme que a verdadeira conexión tamén pode nacer do silencio, da escoita atenta e do respecto profundo polas dinámicas locais. E iso, para min, é unha forma moi valiosa de aprender."
https://galicia.isf.es/blog/cronicas-de-honduras-a-primeira-de-belen-o-amencer-en-san-lorenzo/

Hoxe rematamos a #EscolaDeVeránESF montando e programando robots sapoconcho, con compas de #Bricolabs.

Este obradoiro de 6 horas púidose facer tamén grazas ao programa #HackersSenFronteiras

Grazas á #EscolaDeCamiños #ACoruña por acollernos

Xa temos a Aída e Lorenzo viaxando a #Honduras, como parte do Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades neste 2025

Belén se lles unirá nun par de semanas.
Dende aló irannos contando as súas vivencias e reflexións.

Este #PCR2025 é viable grazas aos proxectos #HackersSenFronteiras (para profesorado secundaria e FP),
#ESFProfesional (para profesionais da enxeñería, tecnoloxía e da economía social) e #MulleresBravas, financiados por #CooperaciónGalega e #IRPF