Onte completamos a nosa participación no programa Universidade Senior da USC, na materia de Medio Ambiente de 2º curso. Foron 4 sesións nestes meses, en #Santiago e #Ribeira, falando dos programas internacionais que desenvolvemos en #Mozambique e #Honduras, con moita participación.
As ideas principals nos nosos programas son:
- tender pontes entre sociedades civiles para coñecemento mútuo
- fortalecer capacidades (técnicas e tamén de presión política) con participación e intercambio

#ESFnaUni

Hoxe, varios compas dos Bancos de reciclaje electrónica organizaron equipos doados dende unha administración española. Todos os equipos se prepararán con #SoftwareLibre e serán doados a outras entidades ou particulares que os precisen
#ESFnaUni #ESFPro
Hoxe mércores tivemos na ETSE #Compostela unha Chocolatada Solar, con estudantado do grao de Enxeñería Química, dentro da materia de transmisión de calor.
Ao principio o sol fíxose de rogar, pero en canto apareceu a cousa quenceu dabondo!
#ESFnaUni

Hoxe foi un día divertido e productivo en #Lugo, indo á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría para xogar con profes a estudantado do mestrado en enxeñería agrónoma ao xogo de mesa Comuneiras, de xestión de montes veciñais.
Tamén houbo tempo para coñecer o recén creado Instituto #iTerra, co que seguro que haberá moitas sinerxias

#ESFnaUni

No Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre na Escola Superior de Enxeñaría #Compostela seguen coas entregas de equipos informáticos e formacións.

Desta volta, coa #CruzVermella e a #AsociaciónDePeruanos de Ames e Compostela

Se tes solicitudes de equipos (tamén particulares), doazóns ou queres participar formando en soberanía dixital, preparando equipos, ou falando do #DereitoAReparar en distinos espazos, contacta en bancoreciclaxecompostela[arroba]galicia.isf.es

#ESFnaUni

💻 Onte o Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre de #Vigo @teleco_uvigo @universidadedevigo entregou 2 ordenadores no centro sociocultural A Nubeira, da man de A Cuidarth (Asociación de Cuidados y Derechos de las Trabajadoras del Hogar), e 1 ordenador a Provivienda.

Polo #dereitoaReparar e o peche da #fendaDixital.

#ESFnaUni

A expo #CoñecesOTeuMóbil? está xa hai un par de semanas na Escola de Telecomunicacións da UVigo

Por un consumo responsable de aparellos electrónicos, reducindoo e sendo máis consciente da importancia de coidar as cadeas a nivel social e ambiental, non só económico. Xusto estes días houbo nova traxedia en mina na República Democrática do Congo (RDC), similar a de hai un par de semanas, que deixa máis de 400 persoas falecidas...

+INFO: https://galicia.isf.es/blog/exposicion-coneces-o-teu-mobil/

#ElectrónicaÉtica #ESFnaUni

💧 🇲🇿 Luns en #Ribeira e mércores en #Compostela, dentro da Universidade Senior da Universidade de Santiago, falamos de #AquaMoz, o programa en #Mozambique con #AugasDeGalicia #CooperaciónGalega, as Administracións Rexionais da Auga de Mozambique, e asesoramento de expertas da Universidade da Coruña

#ESFnaUni

+INFO: augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html

Os bancos de reciclaxe electrónica con #softwarelibre que temos no Campus Industrial #Ferrol e Campus Elviña #ACoruña participaron nas actividades do #MarzoAmbiental.
O pasado venres, cacharreando nun #RepairCafé (obradoiro de reparación colectiva) en #Ferrol, e hoxe mércores pola mañá cun relatorio para tratar de responder ás preguntas:
O soporte de Windows 10 remata nuns meses, vai valer o meu pc para actualizar a Windows 11? E agora que fago con ese pc?

#ESFnaUni #TecnoloxíasLibres

Seguro que se andas pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría #Compostela viches algún dos carteis que elaboraron Carmen, Marco e Nerea, bolseiras de ESF na escola, con fotos e frases que nos fan pensar no acceso a elementos vitais para a vida como auga, enerxía ou alimentos

#ESFnaUni #IRPFformativo