🇭🇳 Xa temos participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades!

Aquí podes coñecelas, e saber máis do programa!
https://galicia.isf.es/blog/voluntariado-internacional-de-conecemento-doutras-realidades-2026-xa-temos-participantes/

#PCR2026 #Honduras

O sábado foi un día tranquilo con Esther e Maigra, as #MulleresBravas de #Honduras. Descanso, paseo e boas conversas.

As participantes no programa de voluntariado internacional de coñecemento doutras realidades de ESF #PCR2026, que visitarán Honduras no verán, tiveron a sorte de coñecer con elas moito sobre o contexto e os desafíos que afrontan día a día.

Pola noite, confraternización coas compas da revista feminista andaina, na súa pre-celebración do #8m. Moitas grazas pola acollida!