Remato de ler ‘La unificación de las fuerzas fundamentales’, escrito por Abdus Salam coa participación de Werner Heisenberg e Paul Adrien Maurice Dirac. Os tres son dos máis grandes científicos do século pasado, Nobel (1979, 1932, 1933), etc. Cada volta que abría o libro me preguntaba pola tirada (é un libro pequeno, non chega ás 200 páxinas en A5, rústica, sen fórmulas, …) que descoñezo, e pola tirada doutros libros que fan historia en Ribadeo, ou pola lectura relativa no pobo. Está visto que Ribadeo está envorcado ó seu embigo, e non é o único pobo que o está, nin moito menos. Podería dicirse que é porque a palabra é máis doada, máis usada e máis dúctil que as relacións matemáticas, por exemplo, pero o caso é que xa dixen que o libro non ten fórmulas, e coas palabras que introduce antes fai eso, introducilas. Pero parece que o que está aparentemente mais preto de nós, como pode ser a historia do pobo en relación coa historia da comprensión do que nos rodea en conxunto, produce máis interese, vémonos máis recoñecidos e, ó vérmonos dalgún xeito reflectido, tamén alimenta o ego propio (da persoa e do pobo como tal).

Pode que esa sexa unha das causas da proliferación dende que comezou o século de libros sobre Ribadeo e a súa historia (incluíndo o de ‘Ribadeando’, historia recente). Nese sentido, onte escribiuse un capítulo máis coa presentación de ‘tras sus huellas’, despois de haber publicado o autor, Manuel Díaz Aledo, ‘entre tus calles’. Tras a presentación do autor por Roberto Rodríguez, tomou este a palabra e deixou claro que o pasado era un libro da súa historia en Ribadeo e o actual, unha biografía novelada a base de hemeroteca dun parente seu. O certo é que retazos da historia que foi desganando deixaron en min certa gana de lectura do Ribadeo en castelán, se ben entre outras cousas, a segunda razón do corte do libro no ano 36 deixoume cun pensamento fixo. Dicía que había unha primeira razón para o remate do libro nese ano: a morte o seu tío, o personaxe principal. Pero engadiu que esa época enconáronse os sentimentos en Ribadeo que que non ía el a meterse no tema. Coa primeira explicación para min abondaría, pero o meterse na segunda implicou un recoñecemento de que a memoria quere esquecer cousas que xa están a rememorarse e que se ve que costa facerse con elas. En fin, hai xente que está a favor do exercicio de memoria e hai xente que está en contra. O tema da que pensar, por exemplo de por que non se escribe historia actual de Ribadeo: pode que en parte porque non ten o poso abondo, pero tamén en parte por medo, por quedar ben con todo o mundo (tamén o autor se referiu de xeito indirecto a este tema de que se escribía sobre aqueles anos ía quedar mal con xente), é dicir, por un espírito moi humano que está a flor de pel en Ribadeo. Tamén dixo que antes, ‘Las Riberas del Eo’ tiña un apartado de cousas da rúa, que agora botaba de menos na Comarca: estiven a piques de lle dicir que esas cousas, transformadas, agora aparecían nos múltiples blog de Ribadeo.

Esa era a historia. E aí as historias, que irán tecendo a historia pouco a pouco: onte chamei para tentar conseguir os planos da ponte, da que aínda agora non sei se admitirá peóns, bicicletas, … en Castropol nin sabían en principio se tiñan os planos, e por fin, na demarcación de estradas en A Coruña dixéronme que tiña que esperar a que alguén viñera de vacacións. De xeito diferente foi o tema dunha consulta sobre o Castro das Grobas en relación coa piscifactoría (por certo, aquí tedes un artigo que saíu onte na prensa sobre o mesmo tema, posteado dous días antes), pois por terceira ou cuarta vez non din collido ós arqueólogos da Xunta, que en Lugo non estaban, senón nunha escavación (xa me dixeran que tiña que chamar antes), co cal non me puiden enterar polo momento do status do castro a invadir parcialmente pola piscifactoría. Dúas historias ribadenses de actualidade ás que lle custa saír ‘do armario’. Hai outra. Antonte, por fin, fixen a travesía bloques-Figueiras-bloques, cun trazado un pouco diferente ó especificado nunha entrada anterior sobre a travesía da ría de Ribadeo, e puiden comprobar que a distancia a nadar, aproveitando a marea, non chega en total ós 500m (ida), pois o tesón de Castropol está avanzando cunha lingua (que pode chegar a independizarse ou seguir unida ó mesmo tesón) que permite ir andando ata pouco máis de 50 m da Berlinga das Figueiras. É dicir, un novo tesón na ría que reforza o que dicía sobre o cruce da ría de Ribadeo outro día antes: o avance dos tesóns, visible dende a costa e a pesares do repetido rañar no fondo para baixar area. En fin, tres cousas do día a día de Ribadeo que non soen ser nova por eso precisamente, porque son do día a día e diso, en Ribadeo, fálase nos cafés daquel xeito.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/08/30/ribadeo-historia-e-historias/

#castroDasGrobas #piscifactoría #sociedade

Imos para o inverno, pero aínda estamos no verán, precisamente na época na que os días decrecen dun ó seguinte con máis rapidez, no cambio de estación, cara ó frío. E se é unha posible alegoría do ‘atardecer da vida’, entre outras, pode facer pensar na perdurabilidade das cousas. Por exemplo, na facilidade con que o outro día Victor Moro nos lembraba nun artigo as cousas que desapareceron de Ribadeo e quedabamos abraiados pola comparativa das que quedan aínda. Para comparación, temos a loita de outros pobos por servicios, como a que tivo Foz polos servicios médicos ou que mantén estes días Burela polo Cuartel da Gardia Civil. Aquí, o que lembro de protesta auténtica foi en dúas ocasións en máis de 20 anos, nunha polo pediatra, que cando viu foi anos despois de facela, e outra loitando pola conservación da ría de Ribadeo en contra dun novo recheo, que o alcalde se encargou de desbaratar a semana seguinte, de xeito eficaz. Ribadeo vai para o seu particular inverno, e advirto que crecemento urbanístico non é asimilable a mellora, a cambio de estación para máis luz.

Así, voltando á feira de onte, da gusto que se abran novas portas ó campo, o que representa un pouco de esperanza de que isto poda cambiar a mellor, ó tempo que ó pasar por diante e ver unha rúa cortada á beira do lugar típico de realización do mercado, pregúntase o por que dun corte de servizos para ofertar a feira, é dicir, en principio, outros novos. Eu aínda non logrei contestar dende que o vin, e por eso a pregunta. Por certo, que no mesmo sentido de promoción turística que apuntaba o tenente de alcalde na apertura da feira ou eu na entrada sobre as Grobas, o catedrático de xeoloxía Augusto Pérez Alberti traía unha pequena recua a estudar a zona de costa ribadense e falaba da potenciación necesaria da xeoloxía na zona, tamén dende un aspecto turístico, lembrándome que se queren rebaixar tanto en Meirengos como en Piñeira unha morea de metros cadrados para construír sendas piscifactorías, na loita que xa esplicitei varias veces e que se dará máis mentres non se especifique un modelo de desenvolvemento para Ribadeo. E, apesares de todo o que sei sobre o desenvolvemento turístico, onte mesmo atopeime a dous ribadenses xa cunha certa idade, e con bo coñecemento da costa, que me preguntaron onde é o castro das Grobas. Por se non quedou claro o outro día co plano, queda pegado á insua (que formaría parte del). se se quere ir a esa zona dende a pista asfaltada, hai unha bifurcación, collendo á esquerda ó pouco estaremos metidos un bo cacho entre dúas zonas máis elevadas, que fan como paredes do carreiro: son muros exteriores do castro, trazados en xeito circular, que o limitan cara á terra.

Onte deixei sen dicir a fonte dunha cita. Referíase a Polonia, as declaracións dun cidadán de a pé sobre o que está a pasar nos últimos anos, a pesar dun crecemento do PIB non desprezable. Viña no ‘Le monde diplomatique‘ de setembro, p.5.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/09/18/os-das-non-medran/

#castroDasGrobas #historia

Le Monde diplomatique en español - Periódico mensual de información y análisis internacional

Periódico mensual crítico de análisis, geopolítica e información internacional

Xa saíu no blog: mañá, ás 4 da tarde, haberá un paseo para amosar o sitio do Castro das Grobas. É un paseo curto, que entre ida e volta, facéndoo de xeito calmado, espérase que dure unhas dúas horas.

A saída, ás catro da tarde da praza de san Roque.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/10/13/unha-lembranza-para-ribadeo-e-o-seu/

#castroDasGrobas #Medio #sociedade

Unha lembranza para Ribadeo e o seu entorno (3ª de hoxe) – Ribadeando

Onte foi o día do paseo ó castro das grobas, para ensinalo e velo máis en profundidade. Pouca xente, pero con amizade e ganas. Aquí está unha presentación preliminar. (hai máis fotos sacadas, xa se verán)

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/10/15/paseo-castro-das-grobas-vilaseln/

#blog #castroDasGrobas #fotos #Medio

Ribadeo

Hoxe metín ó castro das grobas na Galipedia. Lembrade que pode aumentarse…

Por non poñer outro post, unha segunda aprte posterior. Remato de recibir unha ligazón a outro conxunto de fotos do castro das Grobas, a parte da presentación sobre o castro das Grobas que xa puxen nun post anterior sobre o mesmo tema de actualidade en Ribadeo.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/10/15/o-castro-das-grobas-algo-mis-de-ribadeo/

#blog #castroDasGrobas #cultura #Galipedia

Castro das Grobas - Wikipedia, a enciclopedia libre

Remato de ler un post que da outro sentido á palabra humanizar, un sentido máis humano do que se está a empregar en Ribadeo co tema das obras. E outro que fala de novo do camiño ó castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo, que non está de máis o saber para non esquecer a existencia dunha base histórica, cultural e posiblemente tamén turística (non agora) do noso pobo ribadense.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2006/11/21/o-sentido-de-humanizar-ribadeo-e-o/

#blog #castroDasGrobas #cultura #filosofía #sociedade

Despois de comentar a súa aprobación no pleno, e de dar o seu enderezo electrónico, toca agora dar uns primeiros pequenos consellos ós interesados no Plan xeral de ordenación municipal de Ribadeo.
A primeira, facer o análise dende a páxina principal do propio plan, premendo co rato na primeira ligazón das que poño.
Son moitas follas escritas e moitos planos, polo tanto, paciencia. Tanto para descargalo como para procurar a información que se pretende en primeiro lugar. Está moi ordenadiña e bastante completa, pero iso fai precisamente que a quen non esteña afeito a tratar co mamotreto lle sexa mellor centrarse e ir primeiro ós lugares de índice, procurar o plano e logo de ver o plano, ir ó texto.
E, por último, darlle unha ollada xeral á información: o PXOM non é só a nosa parcela concreta, que pode ‘saír favorecida’, senón Ribadeo, que se non sae favorecido en conxunto tamén afectará a esa parceliña anterior que parecía que ‘saía favorecida’.
Rematando co pleno: houbo outras preguntas da UPRi; unha sobre carteis na precampaña, o que foi resolto sinxelamente coa resposta de que non houbo queixa á xunta eleitoral.
Saíu a UPRi sobre o centro de maiores de Obe e déronse cifras: 30 persoas no centro de día, a residencia a tenor de como saia finalmente o PXOM, o convenio, entre Vicepresidencia da Xunta e Bispado, non dispoñible no concello.
Houbo unha pregunta que quedou sen responder sobre gastos de son e iluminación nas actividades de 2007.
Outra sobre o Castro das Grobas, na que UPRi destacou que as asociacións veciñais estaban activas no tema. O alcalde dixo que xa hai un convenio asinado para facer catas, despois de ter feito un segundo desbroce hai un par de meses.
Varias cousas pequenas sobre aranxos finalizaron coa recomendción do alcalde de dicirlle ós veciños que non teñan medo en ir ó concello… A ver se os alcades, este e quen sexa, animan ás veciños a participar doutro xeito diferente ó que o están a facer, pero parece que isto só se ve cando afecta en temas particulares, como neste caso en preguntas que non deberan de chegar ó pleno cun funconamento participativo. Claro que para animar ós veciós na participación fai falta moito máis que dicilo nun pleno, e se non, que falen co Tesón, que temos experiencia no tema.
Do PP, subliñar a pregunta sobre a lei de dependencia e afectados: nº de casos resoltos en Ribadeo ata o momento? A resposta, na totalidade do proceso, ningún.
… E aínda que houbo máis (por exemplo, a contestación ás preguntas de O Tesón que poño a continuación), tiven que marchar …
Preguntas ó Pleno de Ó Tesón:

1.Dado que entendemos que hai incumprimento de prazos na aplicación da lei de dependencia, solicitamos saber se o concello está a facer algo para impulsar a súa aplicación e, en tal situación, coñecer cantos casos hai avaliados.

2.Ante o mal entendemento declarado polo sr. alcalde en relación á pregunta sobre a asignación e concesión de espazo para as terrazas, aclaramos que se refire á ocupación de beirarúas ou prazas por terrazas de bares en diversos lugares da vila, en particular no verán. Como exemplos, sirven o Cantón dos Moreno (no que os pequenos xa están totalmente desprazados), na rúa S. Francisco (na que foron desprazados os taxis para agora meter terrazas), na rúa peonil Rodríguez Murias (na que ás veces fórmanse auténticos tapós de viandantes debido ás terrazas) ou na praza do mercado, onde a liña de beirarúa deixada na ‘rúa semipeonil’ Dr. Moreda vése totalmente cortada polas mesas no exterior dun local. Unha volta explicado, repetimos a pregunta como recordatorio: “solicitamos coñecer os criterios de asignación e concesión de espazo, se existe ordenanza adecuada e se aplica, e en particular se teñen en conta a disposición de solo para uso doutras actividades non lucrativas como pode ser sinxelamente camiñar ou xogar, así como se hai disposto algún mecanismo de corrección en caso de abuso.”

3.Dada a pouca accesibilidade da casa do Concello para a xente con discapacidade ou deficiencia motora, solicitamos saber que medidas se pensa articular para facilitar o acceso ás persoas con discapacidade ou deficiencia motora.

A resposta aproximada foi no primeiro punto, que xa se contestara no pleno a un grupo municipal. No segundo, non houbo unha contestación direita, senón que se bordeou. e no terceiro, estase en xestións.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2008/03/13/primeiras-recomendacins-sobre-o-plan/

#arquitectura #castroDasGrobas #política #sociedade

A hora da política local

     Onte, pasadas as eleccións xerais, de novo a política local voltou a poñer o seu gran de area no interese público. Pleno en Ribadeo co...

Cortopego unha entrada do blog de José María o 3 de xaneiro de 2008, copia á súa vez dun documento público:

YACIMIENTOS ARQUEOLÓGICOS EN RIBADEO

Publicado por jmrd_ribadeo a las 9:55

UNA RIQUEZA TURÍSTICO CULTURAL ABANDONADA

Yacimientos arqueológicos catalogados en el concejo de Ribadeo

Concello de Ribadeo (Lugo)

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| | |

| |

| | |

| |

| | |

| |

| Código |Nome |Parroquia

|Tipoloxía |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051001 |Xacemento de Louselas |Sta. María de

Vilasel?n/ Louselas|Paleol?tico |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051002 |Mámoa do Freán |San Pedro de

Arante/ Vistalegre |Mámoa |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051003, |Mámoas de Regodomel (3 m?moas) |San Pedro de

Arante/ Regodomel |Mámoas |

| 19,20 | |

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051004 |Os Castros |Sta. Eulalia de A

Devesa/ A |Castro |

| | |Devesa

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051005 |Castro de Mairengos |Sta. Eulalia de A

Devesa/ |Castro |

| | |Mairengos

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051006 |Castro da Piñeira |San Xoán de

Piñeira/ Outeiro |Castro |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051007 |Castro das Grobas |Sta. María de

Vilaselán/ Espín |Castro |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051008 |Castro de Carcovas |San Xoán de Ove/

Capela |Castro |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051009 |Castro da Coroa |San Pedro de

Arante/ Fondo da |Castro |

| | |Vila

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051010 |Castro da Torre |Sta. Eulalia de

Vilaosende/ Torre|Castro |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051011 |Castro de Pumarega |San Vicente de

Cubelas/ Pumarega |Castro |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051012 |Xacemento de Esteiro |Sta. Eulalia de A

Devesa/ Esteiro|Romano |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051013 |Xacemento de Torre Vella |Santa María de

Vilaselán/ Torre |Medieval |

| | |Vella

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051014 |Xacemento da Praza de Santa María|Ribadeo/ Vila de

Ribadeo |Medieval |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051015 |Castelo de San Dami?n |Sta. Mar?a de

Vilasel?n/ O |Outros xacementos|

| | |Castelo

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051016 |M?moa do Monte da Forca |San Pedro de

Arante/ Monte da |M?moa |

| | |Forca

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

| GA27051017,18 |M?moas das Pallaregas (2 m?moas) |San Pedro de

Arante/ As |M?moas |

| | |Pallaregas

| |

|—————–+———————————+———————————+—————–|

 Obras de José Mª Rodríguez

 

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2008/10/28/xacementos-arqueoloxicos-en-ribadeo/

#castroDasGrobas #historia #JoséMªRodríguez

Non, ista vez non é polo tema de ruídos (aínda que visto Ribadeo, podería). Trátase dunha frase insertada nun artigo de Javier Guitián, A costa de la costa, onde se fala da posibilidade de voltar a construír na primiera liña de costa dentro de pouco. Nun momento no que o alcalde volta ó tema das alturas de máis penalizadas xa no concello, facendo un chamamento ós implicados para que se persoen nos contenciosos, coido que sería cousa de reflexionar. No artigo ponse de manifesto o absurdo que supón desprotexer o litoral para continuar un modelo de negocio/construcción que está xa caduco e que non duraría despois de destragar a costa, en troques de facer a aposta pola innovación. E pon como un dos exemplos, o denostado plan Zapatero para os concellos, que se empregou na súa totalidade en cousas relacionadas coa construcción.
O Tesón, e eu en particular, fixemos un chamamento ás asociacións de viciños para aportar ideas, e ó concello para aceptalas, debido ó escaso tempo que xulgamos que había para presentar as propostas. Poucas asociacións participaron e menos caso se lles fixo, co resultado xeral de que o concello emprega os cartos para obras. A un concello élle difícil facer outra cousa, entre outros motivos porque ven abocado a empregar cartos para ir tapando buracos de infrastrutura acó e aló segundo van presionando os viciños. Pero é necesario cambiar o chip (outra idea máis que xa é recurrente no blog: a necesidade de cambio de mentalidade nos concellos) pouco a pouco, tendo en conta que a xente non se recicla de traballo dun día para outro, pero que é necesario que se recicle por non poder manterse por varios motivos o mesmo sistema.
E, sobre o chamamento do alcalde, debera de resultar, pois os viciños chamados son os afectados … si, pero ata o momento o que se fixo con eles foi non contar, e tratalos máis ou menos coa mesma vara de medir que ós construtores, aínda que non se pida penas para eles (en realidade, sen decilo, ata o momento serían os máis afectados polo caso a pesares de non estar acusados formalmente). Polo tanto pedir agora que fagan piña co concello contra os construtores non o vexo tan doado. Por outros casos, sei que non é doado resolver este tipo de entuertos ‘a tres bandas’, pero todo entuerto, unha volta recoñecido como tal, hai que tender a solucionalo, e nesas estamos. Lentamente, pero sen pausa.
Outra das novas hoxe é a presidencia da Reserva da Biosfera para Castropol. Podería ser para Ribadeo, pero tampouco hai que pretender estar a todas nos organismos nos que participar Ribadeo. Penso que é preferible construír unha rede de boa vontade que de presidencia contínua. Coidado, non é deixar que mexen por un, senón tentar de sumar esforzos dun xeito colaborativo. E para iso non fai falta nin ser da mesma comunidade autónoma nin ser do mesmo partido, senón ser persoa e formar comunidade. Outra cousa é que os concellos asturianos xa teñan recibido e gastado cartos a conta do tema da reserva mentras que os galegos están a velas vir. Coa presidencia dun asturiano lograrase ver algún carto para manter a Reserva? Iso xa o vexo máis difícil, pero é de supoñer que algún día chegue tamén ós concellos galegos.
A outra nova non é exactamente de hoxe, senón de pouco a pouco, destes días, aínda que algo ten saído na prensa últimamaente: As Grobas ‘están dando froito’. Aparte do descobrimento dalgunha cerámica, chegouse xa a unha zona de restos de muralla romana rodeando ó castro (o que ademáis da idea da datación do mesmo), viuse que foi derruida para aminorar o foxo e facelo terra de labor, estimouse nuns 5 m a potencia de restos nalgunha zona, etc. Polo tanto, haberá que poñerse mans á obra, o mesmo que ata agora para facer presión para que se dinamizara o tema e se fixeran as catas (como ten feito O Tesón de xeito repetido), para que se sinale a súa existencia e se comece a valorizar e aproveitar.
… E unha pequena letura: “La cultura de la falta de esfuerzo está matando el gallego

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2009/04/16/basta-mencionar-maldita-crise-para-que/

#arquitectura #castroDasGrobas #economía #Medio #OTesón #política #sociedade

Onte mesmo apuntáballe a un representante do concello da conveniencia, ó meu ver, da existencia de guías no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares fóra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as Catedrais. É algo que non é a primeira vez que o comento, pois coido que pode dar moito de si, e se o concello ten a iniciativa de levalo adiante, pronto se poderia sumar a iniciativa privada. Pois Mira ti por onde hoxe aparece na prensa que a Deputación formará a guías sobre Ribadeo. A nova en conxunto, véxoa un pouco confusa, pero a oportunidade está ahí e coido que debe aproveitarse; en todo caso, pode haber tempo de limar algunha aresta que poda ter o plan.
Outra oportunidade que comeza hoxe está no ciclo de Historia de Galiza comezado por Mariña Patrimonio, que tratra do tema dos castros e que hoxe ten disposta unha visita a diversos castros de Ribadeo, todos eles citados no castro de José Mª Rodriguez, e entre eles, ó das Grobas, auténtica estrela emerxente no panorama castrexo galego. Será unha excursión máis, despois das de iniciación que ten realizado a avv. O Tesón, e preludio das moitas que son previsibles no futuro. No estado actual, o que se pode barallar é o tempo que levará facer o plan, procurar os cartos e poñerse mans á obra coas escavacións e posta en valor, non se se poñerá en valor ou non no futuro. E, nese sentido, ó estar concentrada a titularidade dos terreos en man pública facilitará enormemente as cousas.
Mentras, segue a tele de visita a Ribadeo. Se antonte era a TVG quen viña a facer unha reportaxe sobre o desliz de Google con ‘Ria de Ribambo‘, aínda sen corrixir a pesares da nota de O Tesón, (e sen emitir ata a próxima semana polo menos) onte vin varias veces equipos de televisión con diferentes motivos: a presentación da XV Feira da Ciencia de Ribadeo, a charla de José Ángel Docobo sobre Historia da Astronomía (por certo, que buscando biografías para ligalas aquí, non atopo ningunha, o que remediariei en breve para que este científico de primeira fila traballando na USC e no Observatoro Astronómico Ramón María Aller teña algo máis de relevancia que unha pila de artigos científicos citados na internet e unha única aparición como persoa, como Presidente do CB Obradoiro de Santiago), ou unha entrevista a opositores á liña de outa tensión para subministrar á que se pretende sexa a Subestación eléctrica de Folgosa.
Nota final: xa está comezada a biografía de José Ángel Docobo Durántez.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2009/04/18/oportunidades/

#castroDasGrobas #Medio #sociedade