
Chega 'Breogán', a primeira gaita virtual para tocar dende o ordenador - Praza Pública
O trebello, en aberto de de balde, estará dispoñible dende este sábado 21. Foi desenvolvido polo creador coruñés Carlos Lijó, que o pasado ano presentou tamén Carmucha, unha aplicación que ofrece ritmos de pandeireta, tamboril ou pandeiro. O plugin inclúe tamén outros instrumentos de vento tradicionais, como o pito galego, a requinta e o asubío.





