
A construción de vivenda nova medra un 39% concentrada nunha decena de concellos - Praza Pública
En 2025 visáronse 4.839 vivendas de nova planta en Galicia, un 39% máis que o ano anterior. Con todo, a cifra está moi lonxe dos niveis previos á crise da Gran Recesión, cando chegou a superar as 40.000 vivendas novas. O 73% das novas vivendas construídas en Galicia concéntranse en dez concellos: A Coruña, Pontevedra, Sanxenxo, Vigo, Oleiros, Lugo, Vilagarcía, Ames, Ferrol e Carballo.







