Ola, amigas! O vindeiro 16 de novembro a ANPA do CEIP Apóstolo Santiago celebraremos o MAGÓSTOLO 2024! Un magosto tolo con castañas, música, obradoiros infantís, comida, bebida e festa rachada. Axúdanos encargando xa a túa camisola e faldriqueira! https://forms.gle/wjQk6UKH3skd3DKX9
Magóstolo 2024. Prevenda de camisolas e faldriqueiras
Ola magosteirx! Benvida á prevenda para encargar as camisolas e faldriqueiras da gran festa do Magóstolo 2024, o Magosto Tolo do CEIP Apóstolo Santiago, que terá lugar o 16 de novembro de 2024 na Praza do 8 de Marzo de Santiago de Compostela, de 12:00h a 22:00h. Tódolos beneficios desta prevenda irán destinados aos fundos da ANPA, para poder facer cousas para as nenas e nenos do noso cole. E de novo contamos coa incrible sorte de ter ás nosas amigas de Cestola na Cachola ao cargo do deseño! Nesta prevenda podes encargar: Camisola Magóstolo 2024 (dende talla 3-4 anos ata talla XL): 15€/unidade Faldriqueira Magóstolo 2024: 15€/unidade PACK OFERTA Camisola Magóstolo 2024 + Faldriqueira Magóstolo 2024: 25€/pack Feitas en algodón orgánico de excelente calidade por Marca Negra, un taller artesanal de serigrafia de Neda (A Coruña). No seguinte formulario podes escoller as tallas e cantidades que queiras. Ao rematar atoparás un número de conta IBAN ou un número de teléfono Bizum no que faceres o ingreso. Bota ben as contas antes de pagar! MOI IMPORTANTE! Os encargos faranse únicamente cando comprobemos o pagamento. Tras completar o formulario recibirás un email coa confirmación da reserva e un recordatorio coa información para o pago. Poderás recoller o teu encargo o día da gran festa do Magóstolo 2024. Se non podes vir ese día contacta connosco por mail para buscar unha solución. --- ESTA PREVENDA REMATARÁ o día 06 de novembro de 2024. Despois desa data NON será posible facer máis encargos. Para calquera pregunta ou dúbida podes escribirnos a [email protected]


