Que puta vergonha! 😠 A editorial Rodeira contribuíndo à castrapizaçom da lingua galega c'os seus livros de texto! Livro de Lingua e Literatura Galega (!) de 3º da ESO, pax. 50. Cita de Miguel Anxo Mouriño, de "Os Arriscados", publicada por Galaxia: "-O que MOLARÍA sería poderlles ofrecer máis recreo [...]" (maiúsculas minhas) #APragaDoMola #Castrapo #LinguaGalega #Editoriais #Ensino #Galiza #LiteraturaGalega
Hugin e Munin ( https://huginemunin.gal ) está a facer unha labor magnífica traendo ao galego literatura de calidade escrita en outras linguas. Unha mágoa que non queira saber nada do libro dixital e edite exclusivamente en papel.
#editoriais #galego #ebook
Editorial Hugin e Munin – Literatura de prestixio en galego

"Dúas editoras galegas nos Premios aos Libros Mellor Editados no Estado": https://culturagalega.gal/noticia.php?id=36368
#editoriais #Libros #librogalego
Dúas editoras galegas nos Premios aos Libros Mellor Editados no Estado. Alvarellos Editora quedou segunda na categoría de facsímiles e Creotz Ediciones ocupou o terceiro posto na categoría LIX

Alvarellos Editora quedou segunda na categoría de facsímiles e Creotz Ediciones ocupou o terceiro posto na categoría LIX

culturagalega.org
Galaxia ten esgotados, entre outros, *Dez negriños* e *Asasinato no Orient Express* (Agatha Christie) e *Peter Pan* (James M. Barrie). Supoño/espero que sexa un problema de dereitos porque se non é así non entendo por que --teñen a infraestrutura-- non o editan en dixital.
#libros #editoriais #ebook
Gustaríame mercar libros de editoriais galegas, en galego, como xesto de apoio, mais, que fago despois cos libros unha vez os lea? As bibliotecas non queren doazóns e non quero acumulalos na casa. Cando hai versión dixital do libro compraríaa con moito gusto, mais case sempre (sempre?) son EPUB con DRM e négome a mercar libros con protección. Así que fico con poucas opcións e enfastíame moito, máis coa progresiva redución da lectura en galego dos últimos anos.
#libros #editoriais #galego
Catro Ventos Editora | Por que publicamos ensaio?

En Catro Ventos Editora temos moitos motivos para publicar ensaios.

Catro Ventos Editora
Editores, os xogos de cartas de memoria ou de preguntas e respostas rápidas fan furor nas bibliotecas escolares, máis non os hai en galego!
#editoriais #galego #xogos #bibliotecas
Editoriais galegas: A triloxía dos gnomos (LIX) de Terry Pratchett (Truckers, Diggers, Wings) sería un bo comezo para achegar o escritor británico á lingua galega. En castelán está esgotada.
#editoriais #tradución #galego #terrypratchett
Outra eiva das web das #editoriais , non dar información imprescindible na ficha dun libro. No exemplo que ligo, non sei se é unha novela, relatos, un ensaio... Pois limítanse a ofrecer un texto críptico a modo de descrición.
https://editorialgalaxia.gal/produto/o-libro-da-musica/
O libro da música - Editorial Galaxia

Está a vida por aí. Musicada.

Editorial Galaxia
Vou insistir: #editoriais , se queredes que compre un libro na vosa web preciso ler algo antes, é necesario que de cada libro amosedes algo do seu interior. É o xeito de suplir a experiencia da librería física.