3° Condados de Marín. Xornada de xogos de rol en Marín o vindeiro 28 de marzo: https://alagoadalamiaescura.gal/2026/01/28/3a-edicion-condados-de-marin-galego-espanol/
#rolengalego #lodelrol
3ª Edición Condados de Marín [galego, español] – Rol | Lamia Escura

E a terceira é «A pena da meiga Carmesí», unha aventura tipo funil, con Freebooters on the Frontier 2e (outro OSR, pero tamén PbtA), en galego, e dirixida por manu, compañeiro de #IrmandadesDoDado. Pode que dure unha poucas sesións (3-4).

#RolEnGalego #lodelrol #rol

Outra é «O Val das Flores», un sandbox hexcrawl ambientado nun escenario de inspiración artúrica e en decadencia, con Cairn 2e (un OSR), en galego, e dirixida por @undeadmole.bsky.social en @galiciarolera.bsky.social . Está vai para longo (meses) para poder explorar ben o escenario.

#RolEnGalego #rol #lodelrol

Ta guapo volver xogar rol, e en galego, ainda que sexa online. Botábao de menos. Desta vez, en Galicia Rolera, ao xogo Cairn: "A Serpe Negra de Brandonsford". @undeadmole.bsky.social é bo compinche.

#GaliciaRolera #RolEnGalego #lodelrol #rol #ttrpg

CON G DE ROL 2025

Saúdos, galegoxogantes! Se este sábado 17 de maio estades en Coruña e vos apetece celebrar as nosas letras e a nosa lingua xogando rol, tedes una cita co #RolEnGalego na Asociación Draco.

As partidas:
- Unha de Dungeon World, e
- "Os pecados do pai" (Savage Worlds)

Ambas ás 11:00*, no local da asociación (r/ da Merced, 59, A Coruña).

Máis info en: https://www.asociaciondraco.com/gl/con-g-de-rol

Inscrición (recomendada pero non obrigatoria) en: https://forms.gle/CpjwYuCJAxe9ptSL7

(1/2)

#lodelrol

CON G DE ROL | ASOC. DRACO

Este próximo sábado, 17 de maio, Día das Letras, queremos celebrar a nosa lingua como só unha comunidade galegoxogante sabe facelo: xogando ao rol en galego!. Nesta ocasión, ofrecémosvos as dúas partidas que podedes verlas aquí. Terán lugar a mañá do mesmo sábado 17, ás 11:00, no local da Asociación Draco (r/ Merced, 59, baixo), na Coruña.

En vésperas das Letras, tedes aberta en #IrmandadesDoDado a seguinte partida de #RolEnGalego:

"HONEY HEIST: MISIÓN COUREL

Nesta aventura encarnaredes un grupo de osos atracadores de mel. Fai anos erades os máis exitosos do voso gremio pero o grupo acabou por romperse e cada un seguiu coa súa vida. Isto foi ata que fai pouco recibistes un aviso para un importante golpe coa promesa dunha recompensa que non puidestes rexeitar."

(Segue +info 👇)

#lodelrol #rol

👹 DÚAS TROLS NOS CASTROS 👹

Este xoves é o derradeiro día para te apuntar ás nosas partidas e só quedan unhas poucas prazas!

Todas as partidas: https://www.asociaciondraco.com/gl/duas-trols-nos-castros/partidas

Formulario de inscrición: https://forms.gle/nbg4wSuqe8Yjv7sf6

As partidas que teñen praza: 👇👇👇

#IrmadadesDoDado #lodelrol #rol #Coruna #Galicia #RolEnGalego

Partidas Evento: Dúas Trols Nos Castros | Asociación DRACO

Hoxe xoguei unha primeira sesión da partida de #rol «Marexada no Bosque Profundo», de @undeadmole.bsky.social, en #IrmandadesDoDado.

Nesta aventura, obra do máster e dirixida con Cairn 2ª edición, interpreto a Brun do Brañal, unha tosca arqueira que, canda o seu curmán Brook (un habitante dos ríos coñecedor de cancións) e Ruzdán, o orífice anano e socio de ambos, vai na procura da espada máxica Namiken, unha reliquia con poder sobre os mares.

#lodelrol #RolEnGalego