CON G DE ROL 2025

Saúdos, galegoxogantes! Se este sábado 17 de maio estades en Coruña e vos apetece celebrar as nosas letras e a nosa lingua xogando rol, tedes una cita co #RolEnGalego na Asociación Draco.

As partidas:
- Unha de Dungeon World, e
- "Os pecados do pai" (Savage Worlds)

Ambas ás 11:00*, no local da asociación (r/ da Merced, 59, A Coruña).

Máis info en: https://www.asociaciondraco.com/gl/con-g-de-rol

Inscrición (recomendada pero non obrigatoria) en: https://forms.gle/CpjwYuCJAxe9ptSL7

(1/2)

#lodelrol

CON G DE ROL | ASOC. DRACO

Este próximo sábado, 17 de maio, Día das Letras, queremos celebrar a nosa lingua como só unha comunidade galegoxogante sabe facelo: xogando ao rol en galego!. Nesta ocasión, ofrecémosvos as dúas partidas que podedes verlas aquí. Terán lugar a mañá do mesmo sábado 17, ás 11:00, no local da Asociación Draco (r/ Merced, 59, baixo), na Coruña.

Por un erro na precipitada organización desta actividade, solaparase coa Foliada Nacional Pola Lingua, en Compostela, ás 12:00. Se podedes ir á Folada, ide! A vosa lingua vos necesita.
https://www.queremosgalego.gal/foliada-nacional-pola-lingua/

(2/2)

Foliada nacional pola lingua - Queremos Galego!

Este 17 de maio voltaremos ás rúas co clamor unánime de Lingua vital xa! Queremos que na manifestación que sairá ás 12h da Alameda de Santiago, o baile e as pandeiretas enchan as rúas para rematar na praza do Obradoiro nunha multitudinaria foliada pola lingua que será a grande homenaxe colectiva ás cantareiras e pandeireteiras. […]

Queremos Galego!