Axuda co Firefox.

Teño un mobil vello con android 7 que funciona aceptable/ para o uso que lle dou, pero desde hai unhas semanas o Firefox vai a rastras. Pensei que eran as demasiadas pestanas, pechei todo pero con so tres webs normais abertas case me deixa con 500 Mb de RAM. Fun a actualizalo pero me di GPlay que non, que cambie de tlf.

Algunha suxerencia ou outro navegador mais lixeiro co que tirar.
Grazas polos comentarios.

#fediaxuda

Teño un portátil que encende pero non arranca, a pantalla está en negro e fai ruido pero non consigo facer nada. Ten Win Vista.

Preparei un liveUsb con Ventoy de Linux Mint xfce pero non mo recoñece.
Quería preparar un liveCD porque parece que quere ler o cd.
Qué programa debo utilizar para preparar o liveCD ?
Grazas polos comentarios

#fediAxuda #linux #liveCD

Pido axuda/consello.
Miña nai está nun comenzo de demencia e precisa axuda para cuidarse e asearse. Estamos buscando unha persoa para este traballo. Non sei se alguén coñece algunha persoa ou empresa que se poida recomendar que traballe en Arteixo.
Grazas

#dependencia #asistenciaNoFogar #fediaxuda

Solicito #fediAxuda
A miña sobriña traballa con office por medio dunha licencia q lle dan no insti. Agora ten q viaxar a outro pais durante 15 días e precisa o office para presentar traballos de clase.
A dúbida é, funcionaralle o office con unha VPN ? Algunha vpn recomendable para este uso puntual ?
Grazas polos comentarios.
#fediaxuda #fedihelp oi! Quero aprender a facer animacións destas "educativas", sabedes? Eses vídeos que mesturan animación, imaxes, textos e audio para narrar unha explicación. Sabedes dalgún #foss que sirva para isto, sen ser demasiado sofisticado? Blender excede con moito a curva de aprendizaxe, grazasss 😇