Vilamor
Volvín en boa compaña a Vilamor, un lugar que desde pequeno gardo con agarimo na memoria. Esta vez, malia o reencontro coa beleza das súas paisaxes, funme dalí coa sensación de que a vida se apaga por alí. Casas pechadas, baleiros, a igrexa rodeada de maleza, coches en desuso... Sempre son crítico coa fotografía que só amosa a cara triste do rural galego, pero as fotos que vedes, son as que o corpo me pedía. Con todo, podedes ver que as cachenas levan boa vida e o pan e a […]







