Non podemos esquecer que a solución da lavadora era provisional!
Seguimos a traballar na solución definitiva.
Nova fonte de alimentación, máis axeitada, pero de 15 voltios. Necesita un pequeno apaño para obter 16 voltios.
Máis información en
https://oncekmporsegundo.marinho.com.es/posts/a_lavadora_recalcitrante/
Isto merecía unha redacción un pouco máis extensa:
https://oncekmporsegundo.marinho.com.es/posts/a_lavadora_recalcitrante/
Colada en marcha. Polo de agora non arde.
Logo xa non queda máis que tomar alimentación de 220V no punto que deixa libre a resistencia, alimentar a fonte de alimentación de 24V, logo coa saída de 24V alimentar o conversor DC-DC, e coa saída do conversor (que o regulo a 16V) alimento a placa no punto onde o inductor debería entregar a tensión de saída.
É algo provisional, porque o mellor é poñer unha única fonte que entregue directamente os 16V, pero polo menos sei que o apaño é viable.
Así que chegou o último cartucho. Se non había forma de que funcionase a alimentación do circuito, habería que alimentalo dalgún outro xeito.
De donde podería sacar 16V?
Tiña unha pequena fonte de alimentación de 24V que usara fai tempo para unhas luces LED de acuario. E tiña un reductor DC-DC, así que...
Desoldando a resistencia de 100 ohmios que se queimara, corto a entrada de tensión ao regulador conmutado. E desoldando o inductor queda illada a súa saída.
Desmontei o inductor, aislando a parte do regulador do resto do circuito.
Alimentando o circuito cunha fonte externa a 16V, o consumo era de 10mA. Non había sobreconsumo.
Como comprara dous reguladores de reposto, volvín a cambiar o regulador. Nada, seguía a facer o mesmo.
Non o dixen antes, pero a parte de alta tensión xa a comprobara e estaba ben. O condensador cárgase a 316V sen problemas. E conserva a carga de marabilla. Vaia lostregazo que levei...
Pero o problema continuaba.
Outra posibilidade que podía estar provocando os auto-reinicios, era que o inductor estivese estropeado. A medida en continua daba ben, pero eso non garantiza que a inductancia sexa a que ten que ser. Non comprara reposto para o inductor, pero tiña un na casa de 4mH. O orixinal era de 1.8mH, e o fabricante indica valores mínimos e permite superalos, así que pasar de 1.8mH a 4mH era asumible.
Pero os autoreinicios seguían.
Así que lle metín un condensador de 10uF. Cal? Pois o que comprara para o rectificador de media onda de alta tensión, que é de 10uF e 400V. Pero o condensador orixinal era un SMD 1206 (enano). Para que encaixara na placa tiven que metelo debaixo do display LCD, tal e como se ve na foto.
O LNK304GN (e toda a familia) ten un modo de autoreinicio cando detectan algún fallo, e tiña toda a pinta de que era o que estaba a ocorrer.
Revisei todos os compoñentes e todos estaban ben, pero o condensador de feedback, o que vai conectado entre o inductor e o diodo da parte superior do circuito, dábame unha capacidade de 1uF. Que non é que esté mal, pero o fabricante recomenda entre 10 e 22 uF.