Hoxe, varios compas dos Bancos de reciclaje electrónica organizaron equipos doados dende unha administración española. Todos os equipos se prepararán con #SoftwareLibre e serán doados a outras entidades ou particulares que os precisen
#ESFnaUni #ESFPro

O pasado sábado tivemos a nosa #XuntanzaESF de Primavera. As compas lindas do Casino1889 #Carballo nos cederon o seu precioso espazo, e puidemos celebrar a nosa asemblea xeral, onde renovamos a dúas persoas da xunta directiva.
Pola tarde, tivemos un espazo ben enriquecedor de reflexión sobre como orientar a nosa acción en tecnoloxía para o ben común.
Tamén tivemos tempo para o espazo de charla e celebración, comer xuntxs e coñecerse coas novas caras que se van unindo á asociación 🥰

#ESFpro

A pasada fin de semana estivemos presentes no X Encontro da Rede do Rural #RededoRural en Lousame.

Foi organizado pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.
Parece claro que non hai futuro sen un rural vivo.

ESF estivo invitada para falar sobre iniciativas como redes de asesoría técnica a plataformas de defensa do territorio, ou o proxecto #Micelio, que esperamos que pronto vexa a luz: un mapeo de iniciativas para o cambio ecosocial en Galicia

#ESFpro

Venres 10 de abril. 17 a 20h. Espazo da natureza de Oza. #Carballo. Obradoiro de reparación colectiva, #Repaircafé #DereitoAReparar #Right2Repair #ESFpro

O pasado sábado fomos moi ben recibidas en #lareiraconf. Alí xs compas voluntarixs Silvia e Fran puideron dar a coñecer o traballo de Enxeñería Sen Fronteiras ás máis de 150 persoas que pasaron polo postiño. Vimos moito interese das asistentes en falar de #TecnoloxíaParaOBenComún.

#ESFpro #ÚneteAESF

📣🛠Espazo de Reparación Colectiva de Obxectos Domésticos

📅 Sábado 7 de marzo. 11:00-14:00h
📍Casino de #Carballo

Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo...

#ESFpro #DereitoAReparar #DerechoAReparar #Right2Repair

No encontro que pon o punto e seguido ao noso programa de Tecnoloxía para o Ben Común no eido profesional técnico e da economía social de Galicia (#ESFPro), coñecimos os resultados do estudo que elaboramos con #aopaso

Seguiremos traballando aos poucos en tecnoloxías libres (en particular nas dixitais), indicadores de boas prácticas ou a formación

Tamén hai vontade de ter un grupiño de traballo/consulta para seguir avanzando

Grazas a todas as entidades 🥰

+INFO: https://galicia.isf.es/blog/estudo-sobre-tecnoloxia-para-o-ben-comun-na-economia-social-e-no-eido-profesional-da-enxeneria-en-galicia/

La UE propone responsabilizar de las acciones que realizan las redes sociales a las personas que las usan
Qué tienen en común Chat Control y la nueva propuesta de ley para protección de menores en el entorno digital.

Un artículo de @lucia_ferro e @jose para @ElSaltoDiario en el blog La Tecnología no nos salvará

🧐 https://www.elsaltodiario.com/la-tecnologia-no-nos-salvara/responsabilizar-acciones-rrss

#ESFpro #ESFnaUni

A UE propón responsabilizar das accións que realizan as redes sociais ás persoas que as usan.
Que teñen en común Chat Control e a nova proposta de lei para protección de menores na contorna dixital?
Un artigo de @lucia_ferro e @jose para @ElSaltoDiario no blogue La Tecnología no nos salvará

🧐 https://www.elsaltodiario.com/la-tecnologia-no-nos-salvara/responsabilizar-accions-rrss

#ESFpro #ESFnaUni

Escola de Inverno de ESF #TecnoloxíasLibres

📅 Venres 30 de xaneiro.
📍Libraría A Tobeira de Oza. #ACoruña

17:30-19h Faladoiro. Ghuifi, converte un enrutador obsoleto nun servidor FTP

19-19:15 Minicharla. Ferramentas avanzadas para oficina

E, coma sempre, toda a tarde, de 17:30 a 20:30, taller colaborativo de reparación (repair café)

Inscripción de balde aberta mandando correo:
bancoreciclaxecorunaARROBAgalicia.isf.es

#ESFpro