A pasada fin de semana estivemos presentes no X Encontro da Rede do Rural #RededoRural en Lousame.
Foi organizado pola Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.
Parece claro que non hai futuro sen un rural vivo.
ESF estivo invitada para falar sobre iniciativas como redes de asesoría técnica a plataformas de defensa do territorio, ou o proxecto #Micelio, que esperamos que pronto vexa a luz: un mapeo de iniciativas para o cambio ecosocial en Galicia


