@ifrit Podedes usala coma o repolo ou as verzas, é un chisco máis doce. Ao vegano, cocela 15/20 ' e engadila a uns tacos de mazán grellada cun fío de aove e pementa, e unhas noces ou castañas cando é tempo delas. Podes tamén combinala cun queixo San Simón , Cebreiro, Ullóa no caso dos vexetarianos, e se comes de tudo, polo estofado ou grellado, pavo, presunto da Paradanta... Eu hoxe comina arrimada a unhas luras rebozadas ao pementón-limón, mais igual non é para calquera padal