A lombarda é san e curiosa de aspecto, igual non incita moito a comela non sabendo o que é #gastronomía #gourmand #oPirico #foto #photo
@doceasubio
Receitas? 😁🙃
@ifrit Podedes usala coma o repolo ou as verzas, é un chisco máis doce. Ao vegano, cocela 15/20 ' e engadila a uns tacos de mazán grellada cun fío de aove e pementa, e unhas noces ou castañas cando é tempo delas. Podes tamén combinala cun queixo San Simón , Cebreiro, Ullóa no caso dos vexetarianos, e se comes de tudo, polo estofado ou grellado, pavo, presunto da Paradanta... Eu hoxe comina arrimada a unhas luras rebozadas ao pementón-limón, mais igual non é para calquera padal
@doceasubio
Obrigado! Que variedade!!
@ifrit así malo será que non che encarte algunha
@doceasubio alédame ter medrado comendo lombarda porque está deliciosa (e adoita ser barata tamén!)