🐶 Apolo busca un fogar onde seguir medrando en paz 💛
Este cruce de mastín apareceu hai uns meses en Laxe, e dende entón non deixou de amosar o seu bo corazón.
É tranquilo, obediente e agarimoso... aínda que tamén lle encanta correr e xogar cos peques, aos que trata con moitísimo respecto. 💫
Levar correa aínda lle custa, pero está aprendendo con paciencia.
Apolo precisa un fogar con finca (ou espazo exterior) e moito amor.
📍 Está en Carballo
🔗 https://olegadodemax.org/animais/apolo-2/
#Adopta #Mastín #Apolo #CansDeGalicia #OlegadoDeMax #AdopciónResponsable #Carballo






