Hoxe andei despistado por #cousas e estou desinformado. Alguén pódeme dicir se é posible que teña que desaloxar marines americanos cando volva a casa?
No norte de Italia hai vilas de >30000 habitantes que non están turistificadas... Non o sabía, e son ben agradables de ver e pasear. Teñen certo abandono do centro "vello" pero non por airbnb, se non porque a propiedade está en mans da xeración de "nonni" que nin arrendan nin venden... E marxinación asociada #cousas
Dun tempo a esta parte volvín recuperar a afección por coleccionar álbums de cromos. Non hai moito terminei un de Harry Potter e agora estou co de Stranger Things. Unha cousa levou á outra e acabei nunha web de intercambio de cromos. Agora vou camiño da oficina de correos para lle enviar un cromo a unha muller que vive en Madrid.
#cromos #cousas #comecartos