Estamos en
#xaneiro: aínda se poden plantar
#allos e sementar
#chícharos e
#tirabeques. Se non vos xea moito, tamén podedes poñer unhas patacas de cedo.
Pero o mellor de todo é que estamos no momento de plantar unhas
#cebolas, tres ou catro, nun lugar onde non atranquen moito. Na primavera van florecer e, aló polo mes de agosto, podemos recoller a nosa propia semente, coa que obter ceboliño e as cebolas do ano que vén.
#soberaniaalimentar#patacasdecedo