Onte pola tarde/noite, a auga en Ribadeo non se podía beber. O sabor a lixivia era tal que facía botar fóra a que se bebera. Chegaba con cheirar o fondo dun vaso para ver que algo non ía. Ó lavar as mans, quedaban suaves sen neceisade de xabón. Coido que houbo quen tentou ducharse e tivo que abandoar o empeño. Cito unha mensaxe recibida: “intentei ducharme e picanme os ollos e toda a pel”. Que pasou? Non o sei. A alguén se lle foi a man ou lle caeu un recipiente abondo grande no depósito. Non lle medín o pH, pero seguro que non era o normal. Nos xornais en internet non vexo ningunha referencia, non sei se a haberá no papel…

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/01/12/auga-3/

#augaDaBilla #Medio

A auga … – Ribadeando

    O día do libro, con actos ó seu arredor, tamén en Ribadeo, a adxudicación das obras da residencia á UTE Anllar, a aprobación inicial do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico de Ribadeo (o curioso acrónimo PEPRICH) e as bolsas de chan edificable en Ribadeo ou o coleteo da marabunta nas Catedrais serán hoxe novas tratadas nos xornais. O retorno da choiva coido que non merecerá tal. A auga, a ‘outra’ auga, a da billa, non o será, pero fará de comentario de fondo en moitas conversas. Hoxe tiña pensado tratar calquera dos outros temas, pero levantarse e ter para o aseo persoal unha auga na que non se confía na súa calidade fíxome cambiar de idea.

    Pouca xente lembra que a recollida da auga de Ribadeo comezouse a facer hai tempo do rego de Vilaselán, desviándoo cara ó ‘Pipelo’, despois pasouse directamente ás Fontes do lobo, o seu nacemento por tras de Santa Cruz, para a recollida da auga: aínda están alí as casetas ben visibles e usables, casetas que teñen saído xa algunha vez no blog [o tema da auga, dende diferentes puntos de vista, foi tratado en moitas ocasións, como aquí]. Despois fíxose un encoro no río Grande, á altura da desviación para Noceda dende a estrada Reme-Villamar, e realizouse o depósito á beira da estrada segundo se sube a Santa Cruz. E, por último, cóllese auga do Eo, con moito máis caudal que o Grande, á altura de Vilarbetote, súbese a un depósito que se observa alí por riba da estrada que leva a Lugo, e de alí distribúese a Trabada e á Ribadeo, pasando polo depósito que está un pouco embaixo de Santa Cruz a unha altura semellante ó de Vilarbetote, e que se ve sobre a estrada Reme Vilamar ladeira enriba e que é onde se atopa a estación de tratamento. No mapa collido do Sigpac dispoño de xeito aproximado as tomas de auga en círculos en negro e os depósitos noutros máis pequenos en vermello claro. A conexión do depósito de recollida do Eo cos  de Santa Cruz fáise a través dunha traída que segue de preto o trazado da estrada a Lugo e que non está en moi bo estado, como amosan os continuos cortes por rotura, polo que sería necesario substituír (para o que non hai cartos) xa que se se repara de xeito integral nas zonas de rotura, a presión podería facer estalar en zonas algo máis altas e en xeral de más difícil acceso, o que levaría a reparacións máis complicadas e longas, co desabastecemento pertinente.

    Ben, o tempo hoxe non da para máis. A ver se mañá xa está dispoñible auga de mellor aspecto para o consumo.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/04/23/o-dia-do-libro-con-actos-o-seu-arredor/

#augaDaBilla #Medio #sociedade

auga

Hoxe chove, mesmo de tempo den tempo, forte. Iso non é nova. Polo que está a pasar da útlima tempada, tampouco é xa nova que a auga da billa...

Xa estamos afeitos, aquí non pasa nada. Os parámetros son normais. O sabor que sentimos, anormal. O cheiro, anormal. A pel lisa, anormal. Ó final, está claro, os anormais somos nós, que nos afecta.

Que hai un verquido que foi denunciado hai tempo, e volto a denunciar, e volto a denunciar, como din dos peixes no río por estas datas? Pois nada, como a maioría dos peixes, que non se poda dicir que beban auga continuamente, nós tampouco beberemos auga (da traída) cando nos decatemos. Ó fin, o tema da auga emprega a unha empresa famosa en Ribadeo, Aquagest (se prefires, chámalle Viaqua, que para algo cambiou o nome, aínda que nós sigamos a usar o vello) e outra non menos famosa e xeradora de riqueza, Os Irmandiños. Menos mal que non se ve afectada Alcoa, que se non ó mellor a lexislación cambiaba e permitía cagar lingotes (con pago de dereitos á empresa, claro!).

Poder público? O poder público está amosado que é o poder da xente, non o das institucións que poderían representalo. E a xente, onde está? Nestes casos a xente parecemos como o da agulla na palleira, ou, actualizado, como cando os nenos ou maiores van na procura de ‘Wally’, ese boneco co xersei a raias tan chamativo que non se da atopado entre outros personaxes dun debuxo ateigado de xente no que cada quen está ó seu.

Mentres, xa ten pasado ‘de todo’. Dende as denuncias ata a inhibición, dende fotos publicadas neste mesmo blog ata o tema tratado pola Mesa de Asociacións de Veciños co alcalde sen resultado. Dende o ‘non hai risco para a saúde‘ ata a case desaparición de auga embotellada dos supermercados nalgúns momentos. Dende mirar para o CAVI (Centro de alimentación de vacuno Irmandiños) ata culpar ás chuvias, por iso de ocorrérselle chover en cantidade e arrastrar terras. Dende … ata … e xa non importa o dende e o ata, que para algo a xente non protestamos moito e todo está normal segundo a lexislación, ou ó menos o normalizamos nós ó non protestar. Ó fin, o destes días pasados foi pouco fronte a outros. Ou non? Era ó revés? Que máis da!

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2014/12/16/que-auga-volve-saber-raios-culpa-e-dos/

#augaDaBilla #Medio

Imaxes do verquido no CAVI

Hai varios anos que foi denunciado por verquidos. Este ano, hai pouco, saltou de novo ás novas: no Centro de Alimentación de Gando Vacuno Ir...

Como xa ten saído no blogue algunhas veces, o encoro de Vilamariz no rego de Lexoso foi o segundo lugar de onde se comezou a traer auga a Ribadeo, despois de facelo das Fontes do Lobo, na beira de Santa Cruz.

A foto é da caída de auga do encoro de Lexoso, o día 8. A continuación, unha vista máis xeral do pequeno encoro leva á percepción de que xa está colmatado, é dicir, cheo de terra.

Pero o encoro na actualidade non subministra auga a Ribadeo. A razón? A foto de embaixo amosa a beira do CAVI (Centro Alimentación Vacuno Irmandiños) un pouco máis aló do límite de Ribadeo e Barreiros, cunha coloración certamente sospeitosa. [Nota: é posible que teñas que inclinar a vista/a pantalla para distinguir ben o aspecto]

 O que se complementa coa foto dunha das caídas de líquido por onde se chega a esa coloración:

O mapa, centrado no lugar do CAVI:

Os puntos clave da recollida de auga de Ribadeo: en negro, fontes do Lobo en Sta. Cruz, Encoro de Vilamariz no rego de Lexoso, e Vilarbetote, recollida de auga do río Eo. En vermello, depósitos e lugares de tratamento, dous na beira de Santa Cruz e outro en Vilarbetote:

Algunha entrada anterior no blogue sobre o tema:

Auga 20140421

E máis auga 20140423

Non hai risco para a saúde 20140607

Imaxes do verquido no CAVI 20140804

Que a auga sabe a raios? A culpa é da auga por saber así! 20141216

Auga, bando e bando 2 201502

Aprendendo sobre a traída de auga a Ribadeo:

Relato breve dunha actividade de aprendizaxe

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/02/11/de-aqui-bebemos-bebiamos/

#augaDaBilla #Medio #sociedade

Collo a referencia do estribillo do ‘viño que bebe Asunción’ para chamar a atención sobre a auga de Ribadeo. Non é a primeira vez que me refiro a ela. Hoxe, a conta de varias referencias á auga, parolando con outra xente sobre como saía da billa onte, lembreime dun folleto que editou hai pouco a Casa das Ciencias, ‘Auga e cidade’ (en castelán ou inglés).

O certo é que non estou moi de acordo con el. Está patrocinado por emalcsa, a empresa municipal de augas da Coruña, propiedade do concello, pero que non deixa de ser unha empresa con criterios non exactamente sociais, o que leva a que, por exemplo, haxa no folleto un apartado que explica por que a auga é tan cara. Hai máis exemplos que levan a inducir que non é o beneficio social ou a información pública o punto de mira da entidade, pero aínda así, presenta algunhas cousas abondo claras, para ir aproximándonos á realidade da auga da billa. E, en particular, á auga da billa en Ribadeo, coa súa turbidez, o seu sabor ou a súa química alisadora da pel.

Porque, visto o sucedido na última entrevista na que se tratou o tema entre alcaldía e representantes da mesa de Asociacións de veciños, seguiremos a falar da auga da billa en Ribadeo.

No blog:

Auga, bando e bando 2

Que a auga sabe a raios? A culpa é dos raios por saber así!

Auga

E máis auga

Auga, aceite…

Auga (2006)

Auga (2007)

A auga…

De aquí bebemos/bebíamos

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/05/18/a-auga-que-bebe-ribadeo-e-branca-ou/

#augaDaBilla #Medio

Museos científicos

Museos Científicos Coruñeses

Non, non se trata de andar polas que quizáis son as dúas principais fontes de consumo en Ribadeo, bares e tendas de roupa. Trátase de ser conscientes de que mesmo cousas nimias supoñen un consumo non pensado con anterioridade.

A cousa ven a raíz de algo común: o consumo de auga. Sobre a auga da billa non é a primeira volta que aparece un post no blog, sexa polo tema da contaminación, sexa polo ‘subministro dun servizo público‘ por unha empresa privada. Desta, vai dende outro punto de vista.

Na factura da auga/lixo/depuración aparece un mínimo de 20 m3 cada dous meses. Iso é 20 000 L de auga cada dous meses, ou 330 L de consumo de auga o día por cada casa. É dicir, poderiamos afogarnos unha vez cada día coa auga que consumimos.

Nos meses de pouco consumo, a Santa Cruz chegan cada día uns 3 000 m3, isto é, 3 000 000 L  cada día, agora ás veces só procedentes do Eo, despois da anulación periódica/desviación de recollida do Lexoso relacionada co verquido dos Irmandiños. Iso significa máis ou menos, subir dita cantidade de auga diaria a uns 130 m de altura. E para iso, necesítase unha enerxía de 4 000 000 000 J, ‘só’ uns 1 000 kWh. É dicir, dependemos desa enerxía para o subministro de auga de Ribadeo.

En números redondos, se consideramos os 10 000 habitantes de Ribadeo, sairían 0,1 kWh de consumo eléctrico para subministrar a auga a cada un. Ou sexa, o ter acesa unha lámpada das de filamento de 100 W durante unha hora é algo equivalente á enerxía que temos que gastar para que a auga chegue ás nosas casas.

A parte, o tema da depuración, entre outros moitos… Non é necesario pensar en mercar algo como un coche, unha cervexa ou un vestido para consumir. O custe? diso podemos falar outro día.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/06/03/consumindo-en-ribadeo/

#augaDaBilla #economía #Medio

Ribadeando

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno ... )

Fíxose estes días: o encoro de Vilamariz, vacío e sen toda a cantidade de lama que lle impedía acumular auga.

Na primeira foto, a beira esquerda do encoro, enfocando cara á ponte pola que baixa o rego de Noceda.

A segunda, o muro e a beira dereita do encoro.

O fondo do encoro, coa baixada usada para as máquinas, e, á súa beira, a baixada do rego Lexoso.

A captación de auga, case inhábil polo pouco caudal de Lexoso e Noceda, con o tubo empregado para recoller auga do rego de Noceda pola prevención fronte o verquido no Lexoso por parte do CaVi.

Por último, como estaba hjai uns meses, totalmente colmatado.

Un pouco de historia sobre a auga de beber.

Días despois, na web do concello. 1400 m3 sacados, uns 2 000 000 de kg.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/08/31/limpando-o-encoro-de-vilamariz/

#auga #augaDaBilla

De aquí bebemos / bebíamos

Como xa ten saído no blogue algunhas veces, o encoro de Vilamariz no rego de Lexoso foi o segundo lugar de onde se comezou a traer auga a Ri...

Hai case dous meses (20/12/2016) que saía nas novas o último dos verquidos do CAVI dos que se deu parte. O título que levaba na ‘Voz’ dese día deixa clara a situación: “Nuevos vertidos a un río en el que se capta el agua que se consume en Ribadeo
Es lo mismo que ocurrió en reiteradas ocasiones en los últimos años
“. Ditos verquidos, producidos polo Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños, íntegramente dependente da Cooperativa Irmandiños, hoxe integrada en CLUN, rezuman ata a cuneta (non sei se entraría en funcionamento o sistema de depósito para atravesar a LU-133) e rematan no rego de Lexoso, augas arriba do encoro de Vilamariz que subministra auga a Ribadeo (aínda que del se extraia na actualidade unha porcentaxe menor).

Dende aquela non sairon novas aclarando que xa estaba en marcha a corrección, ou que se impuxo unha vixinacia dura (en teoría, vixiancia xa estaría habendo dende hai moito tempo), ou plans da empresa para atallar o problema.

Non. É dicir, volveremos a ter calquera día novas doutro verquido. Apostamos?

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/02/16/noticia-dous-meses-sen-novas-de/

#auga #augaDaBilla #sociedade

De aquí bebemos / bebíamos

Como xa ten saído no blogue algunhas veces, o encoro de Vilamariz no rego de Lexoso foi o segundo lugar de onde se comezou a traer auga a Ri...

Que eu saiba, Varoufakis non estivo nunca en Ribadeo, nin dixo nunca nada sobre o noso pobo. Nomeándoo. Porque sen nomealo, non é xa a primeira vez que as súas verbas lle afectan.

Nunha última tribuna de opinión, xunto con Benoît Hamon, onde lle pregunta a Draghi, xefe do Banco Central Europeo, de que ten medo (“¿De qué tiene miedo, señor Draghi?”, en http://www.eldiario.es/tribunaabierta/miedo-senor-Draghi_6_614598566.html, as verbas están ‘fumeando aínda’), non fala case nin de economía, a súa especialidade, senón de poder. E parece que falaría só de poder en relación a Grecia.

Pero non. Está falando do poder en xeral, usando un caso relacionado con Grecia. Está falando de decisións totalmente opacas realizadas por xente que non foi elixida, senón posta a dedo e que afectan non só á xente con quen teñen relación inmediata, senón á práctica totalidade do mundo.

É un artigo máis dos que fala así, poñendo negro sobre branco que cousas como as constitucións dos diversos estados son empregadas como papel para limparse o cú (se están impresas con papel fino; se non, nin para iso)

Logo, un artigo así tamén fala de Ribadeo. Da nula posibilidade de control, da falta total de información, da ilusoria capacidade da xente para contribuír ó seu propio futuro, ó futuro común. Dende a contaminación da auga no CAVI (si, desa que se fala como o Guadiana e que a bo seguro voltará aparecer a non tardar moito) ó incomprensible ‘laissez faire’ que está machacando a illa Pancha (e do que haberá que falar máis a fondo ‘xa’) aparecen moitos dos problemas de Ribadeo no escrito de Varoufakis se se le dun xeito comprensivo. Claro que os estudos indican que iso de ler está dexerando, tendendo a un atiborramento de letura-lixo con moito azucre e colesterol. Pode que iso sexa a cusa de que non pase nada coa contaminación do CAVI ou de que a illa Pancha sexa pouco a pouco reformada despois de ser alleada do pobo.

De Jörg Rüger, a traverso de Wikipedia, licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 Unported

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/02/21/ribadeo-e-varoufakis/

#augaDaBilla #IllaPancha #sociedade

¿De qué tiene miedo, señor Draghi?

ElDiario.es

Hoxe hai pleno. Di a prensa que ás 20:30 [, cando o normal ata o de agora é que se celebren ás 20:00, pero] é a referencia que teño: a estas alturas, o mesmo día a primeira hora da mañá, non hai nada colgado na páxina do concello. /Nota: rematan de confirmarme a hora: 20:30/

As ideas de participación, de facilitar a participación, parece que entran moi lentamente, e iso de anunciar os plenos a todo o mundo déixase para outros concellos, salvo casos moi puntuais.

E así, sabemos polo PSOE que non se tratará (salvo que se tramite e saia aprobada unha aprobación de urxencia) a moción deste partido sobre as obras na illa Pancha, Pero estamos enterados dende hai tempo que neste pleno si tomará posesión unha nova concelleira cualificada de mediática porque foi nos medios onde se recolleu a súa actuación nun programa televisivo. Ou que suben as taxas do ‘hospital’, o xeriátrico actual, que se encargou de difundir o partido que leva poñendo atrancos ó novo dende antes de comezar as obras.

Máis difícil será que se traten outros temas: o corte do Fiouco seguirá pesando como unha variable probable, máis aló do alcance dos mortais.  E case parece do mesmo nivel a contaminación do Lexoso polo CAVI, que volveu a suceder porque volveu chover (cousa rara nesta terra, non?), despois da última nova de prensa do 20/12/2016. Por certo, que disto último polo momento non hai nota de prensa colgada, cando o corte de auga do encoro de Vilamariz se estendeu a onte e antonte e, di o xornal, o feito foi comunicado ó concello dende Viaqua ‘por se houbera que depurar responsabilidades’. E cando , quizáis polo comezo de contaminación, a auga nalgunha zona daba prevención. Moito menos que aparecera aceite na lagoa de as Catedrais. Ou que houbera un microcorte de luz de novo onte.

Amence. E a imaxe que da o ceo podería representar a información pública do pleno:

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2017/03/23/hoxe-hai-pleno-ainda-que-informacion/

#auga #augaDaBilla #contaminación #IllaPancha #Medio #participación #plenos

Moción sobre o deixar facer un hotel na illa Pancha (PSOE, 20170316)

A semana pasada, o grupo municipal socialista presentou unha moción para ser levada ó pleno que se pretende para mañá xoves, ás 20:30 horas....