Lunáticos e Perigosos

Lunáticos e Perigosos

Tanto as redes sociais como as noticias que nos chegan vía medios informativos tradicionais teñen nesgos. Aínda así, entre os poucos case consensos que hoxe en día podemos ver atópanse os que nos indican que persoas con moito poder, é dicir, basicamente en postos clave da política mundial e/ou forrados por moitas capas de billetes de calquera moeda que se nos ocorra, actúan de xeito totalmente anormal (por non dicir inhumano). É dicir, actúan como tolos, nunha carreira que parece servir só para ver quen o é máis, quen pode amosar máis excentricidade ou mesmo quen pode manifestar máis poder ó serlle permitidas esas actuacións. Nunha carreira pode que en primeira instancia incruenta para eles, que teñen todas as proteccións posibles, pero mesmo dende o primeiro momento ate moi cruenta para todos os demais, que actuamos de paganos ó tempo que de sufridores das consecuencias das súas actuacións.

Aínda así, máis perigosos, (hai quen di ‘moito máis’), que os lunáticos con poder son as persoas normais que se pregan non só ós seus desexos ou deixan que vaian facendo, senón mesmo ó que cavilan que puideran desexar, porque fan así posible o seu poder. Poden ser simples administrativos (de feito, a administración e que a constitúe soe ser a primeira sospeitosa de alienarse do pobo para achegarse ó poder político, co que está en contacto íntimo), pero tamén aproveitados que se achegan e que procuran non contradicir ós poderosos porque cavilan que sempre é máis conveniente estar preto a quen pode dar un pouco de sombra, aínda que non sexa nin moito menos seguro que a dea nin que esta disposto a dala. Codearse sería a excelencia dese ‘estar preto’, pero está ó alcance de pouca xente…

Hai unha frase que me atraeu hai tempo, tanto que xa non lembro se era exactamente así ou foi a miña cabeza quen rematou con esta redacción: “quen non loita pola súa liberdade está condenado a loitar pola liberdade de quen o escravice”. E levarnos a unha dependencia que se vaia facendo cada vez máis fonda, tendendo ó que se entende por escravitude, non parece ser tan difícil, á vista da historia e dos movementos desinformativos en épocas máis recentes. Sen ir máis lonxe, este mesmo ano unha viñeta de Atxe presentaba dúas páxinas dun xornal ficticio (ben podería ser real, pois representa unha imaxe que se dá moitas veces na realidade) onde unha enteira víase ocupada por unha nova cun gran titular: ‘O bitcoin afunde’. A outra, contigua, tiña unha pequena nota cun só parágrafo e un título a tamaño moito menor. De feito, a viñetista tiña que empregar unha lupa para que quen estivera a ver a viñeta tivera resolución abondo. O título: ‘A ONU declara a bancarrota hídrica do planeta’. Unha noticia esta última que corresponde a un informe do organismo internacional de 20 de xaneiro, no que advirte da falta de auga potable a nivel planetario e das consecuencias para a humanidade desta crise que se vai agravando ós poucos. Así pois, como tenta facer ver a viñeta, é abondo probable que aínda que non teñas bitcoin, esteas ‘informado’ dos altibaixos desta moeda virtual, ou ao menos de que hai a posibilidade de altibaixos neste tempo. Por certo, como todas as moedas, o bitcoin ten un valor que depende da confianza que a xente -nós- poña nela, co que significa que quen ten poder para manipular a confianza pode manipular o valor en beneficio particular. E é moito máis probable, a pesar da túa dependencia da auga, da que estás feito na tua maioría, que a información da ONU sobre a bancarrota hídrica te pasara inadvertida.

Esas novas non as puxo no xornal ó seu tamaño ningún multimillonario lunático, fíxoo alguén que seguiu indicacións… o perigo veu de alguén que se acomodou. Que nalgún caso poderías ser ti, ou eu, pero non por iso deixaría de manifestarse ó noso través o perigo de esquecer que somos nós quen da poder ó poder.

Segue este blog no Mastodon ou no Fediverso para recibir actualizacións de xeito directo.

#economía #sociedade

Nove a cada dez casos de estupro de vulnerável terminam sem resolução no Brasil

https://fed.brid.gy/r/https://iclnoticias.com.br/estupro-vulneravel-9-10-casos-sem-resolucao/

Revista Liberta edição 28: quando a disputa pelo poder deixa de ser disfarçada

https://fed.brid.gy/r/https://iclnoticias.com.br/revista-liberta-edicao-28/

Ministério da Saúde promove Dia D da vacinação contra a gripe neste sábado

https://fed.brid.gy/r/https://iclnoticias.com.br/ministerio-saude-dia-d-vacinacao-gripe/

De descrédito ao feminicídio, entenda como a misoginia afeta a saúde mental e física das mulheres

https://fed.brid.gy/r/https://iclnoticias.com.br/de-descredito-ao-feminicidio-misoginia/

Apenas 13 países respiram ar considerado seguro; um fica na América do Sul

https://fed.brid.gy/r/https://iclnoticias.com.br/13-paises-respiram-ar-seguro/

Cientistas descobrem molécula que desacelera crescimento de células cancerígenas

https://fed.brid.gy/r/https://iclnoticias.com.br/molecula-desacelera-celulas-cancerigenas/

Pesquisa da USP avalia como o atendimento no disque 190 influencia a confiança na Policia Militar

Estudo sobre justiça procedimental investiga se um atendimento mais respeitoso e transparente no Copom pode aumentar a colaboração da população com as leis

Jornal da USP

🎬 Tecnologia e Sociedade: Reflexões Através do Cinema 🤖🌐

Como o cinema e as séries retratam os avanços tecnológicos e seus impactos na sociedade? De Matrix a O Dilema das Redes, explore produções que provocam grandes reflexões sobre inovação, ética e o futuro.

Confira nossa seleção no blog 👉 https://nova.escolalinux.com.br/blog/ti-atraves-do-cinema-filmes-e-series-que-nos-fazem-refletir-sobre-tecnologia-e-sociedade?utm_source=dlvr.it&utm_medium=mastodon

#Tecnologia #Cinema #Sociedade #Reflexão #Inovação

TI Através do Cinema: Filmes e Séries que Nos Fazem Refletir sobre Tecnologia e Sociedade

Descubra como o cinema retrata o mundo da tecnologia e como isso molda nossa visão do futuro. Aqui, você encontra análises, recomendações e curiosidades sobre filmes e séries que falam sobre inovação e sociedade.

Paulo Oliveira

8,8% dos adolescentes dizem já ter sido forçados a ter relação sexual, aponta pesquisa

https://fed.brid.gy/r/https://iclnoticias.com.br/8-8-dos-adolescentes-dizem-ja-ter-sido-forcado/