[2/2]A inauguración terá lugar o 24 de marzo ás 12:30 h no Salón de Actos do Campus Universitario de Esteiro, sendo unha actividade que fai parte da Semana Contra o Apartheid Israelita do BDS.

A mostra poderá ser visitada de 10 h a 21 h entre as segundas e sextas feiras (feriados non incluídos). Existe tamén a posibilidade de solicitar visitas guiadas para os centros educativos entre as 10 h e 13:30 h.
❤️🇵🇸

#Exposición #Pintura #24Marzo2026 #17Abril2026 #Ferrol #HeARTofGaza #SCAI2026 #BDSGaliza

[1/2]

HeART of Gaza en Ferrol!

Ferrol acollerá do 24 de marzo ao 17 de abril de 2026 a exposición itinerante HeART of Gaza, que reúne perto de medio cento de debuxos realizados durante os últimos anos do xenocidio por crianzas de entre 3 e 17 anos que viven na Faixa de Gaza. A idea orixinal do proxecto corresponde a Mohammed Timraz e Féile Butler.

#Exposición #Pintura #24Marzo2026 #17Abril2026 #Ferrol #HeARTofGaza #SCAI2026 #BDSGaliza

Vémonos mañá, segunda feira, 23 de marzo, ás 20 h, na Praza do Concello de Redondela para apoiarmos o pobo palestino!

Esta concentración fai parte da Semana Contra o Apartheid (SCAI) do BDS, que durará entre o 21 de marzo, Día Internacional Contra a Discriminación Racial, e o 30 de marzo, Día da Terra Palestina.

#Concentración #23Marzo2026 #Redondela #BDSGaliza #SCAI2026

[1/2]

Nesta quinta feira, 26 de marzo, ás 19 h, na Aula 0.2 da Faculdade de Historia de Ourense, a nosa compañeira Paula Bonaval, activista da Rede Galega pola Palestina, falará sobre a súa experiencia na Palestina. Esta consistiu en apoiar distintas formas de resistencia popular palestina fronte ao colonialismo sionista mediante a presenza protectiva xunto a outres activistas do Movimento de Solidariedade Internacional (ISM).

#ISM
#RedeGalegaPolaPalestina
#BDSGaliza
#SCAI2026

Vémonos neste domingo, 22 de marzo, para gritarmos contra o colonialismo sionista e o imperialismo e apoiarmos a resistencia contra estes.

Lembramos que esta data é parte da Semana Contra o Apartheid (SCAI) do BDS, que durará entre o 21 de marzo, Día Internacional Contra a Discriminación Racial, e o 30 de marzo, Día da Terra Palestina.

#BDSRibadeo
#AbaixoOImperialismo
#SCAI2026