[2/2]A inauguración terá lugar o 24 de marzo ás 12:30 h no Salón de Actos do Campus Universitario de Esteiro, sendo unha actividade que fai parte da Semana Contra o Apartheid Israelita do BDS.

A mostra poderá ser visitada de 10 h a 21 h entre as segundas e sextas feiras (feriados non incluídos). Existe tamén a posibilidade de solicitar visitas guiadas para os centros educativos entre as 10 h e 13:30 h.
❤️🇵🇸

#Exposición #Pintura #24Marzo2026 #17Abril2026 #Ferrol #HeARTofGaza #SCAI2026 #BDSGaliza

[1/2]

HeART of Gaza en Ferrol!

Ferrol acollerá do 24 de marzo ao 17 de abril de 2026 a exposición itinerante HeART of Gaza, que reúne perto de medio cento de debuxos realizados durante os últimos anos do xenocidio por crianzas de entre 3 e 17 anos que viven na Faixa de Gaza. A idea orixinal do proxecto corresponde a Mohammed Timraz e Féile Butler.

#Exposición #Pintura #24Marzo2026 #17Abril2026 #Ferrol #HeARTofGaza #SCAI2026 #BDSGaliza