Acode á manifestación en Ourense que sairá desde a Praza das Mercedes na segunda feira, 13 de abril, ás 20 h en apoio da Flotilla e da loita anticolonial do pobo palestino.

#Manifestación #13Abril2026 #Ourense #FlotillaGlobalSumud #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina

Participa das mobilizacións galegas en apoio da Flotilla Global Sumud:

Domingo, 12 de abril:
Compostela | 🕛 12 h |📍Praza do Toural
Corcubión | 🕛 12 h |📍Peirao
Ponteareas | 🕗 20 h |📍Diante dos Xulgados
Ribadeo | 12:30 h 🕧 |📍Diante da Casa do Concello
Viveiro | 🕛 12 h |📍Praza Maior

Segunda feira, 13 de abril:
Ourense | 🕗 20 h |📍Praza das Mercedes
Redondela | 🕗 20 h |📍Diante da Casa do Concello

#Concentración #Manifestación #FlotillaGlobalSumud #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina

[1/2]

Nesta quinta feira, 26 de marzo, ás 19 h, na Aula 0.2 da Faculdade de Historia de Ourense, a nosa compañeira Paula Bonaval, activista da Rede Galega pola Palestina, falará sobre a súa experiencia na Palestina. Esta consistiu en apoiar distintas formas de resistencia popular palestina fronte ao colonialismo sionista mediante a presenza protectiva xunto a outres activistas do Movimento de Solidariedade Internacional (ISM).

#ISM
#RedeGalegaPolaPalestina
#BDSGaliza
#SCAI2026

Animámosvos a participar na concentración que terá lugar nesta quinta feira, 11 de decembro, ás 10:30 h, nos Xulgados de Lugo en apoio des oito compas detides no Corgo durante a Volta.

Vémonos alí! 🇵🇸

#Concentración #11Decembro2025 #Lugo #AVolta2025 #LaVuelta2025 #RedeGalegaPolaPalestina

Neste sábado, 29 de novembro, 78° aniversario da partilla da Palestina, sairemos en manifestación ás 12 h desde a Praza de Pontevedra na Coruña.

Exiximos o embargo de armas e a ruptura de relacións co rexime sionista.

Non é paz, é sometemento!

#Manifestación #29Novembro2025 #ACoruña #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina

Actualización da noite de onte 26 de outubro da nosa compañeira acompañando a recolla de olivas na Cisxordania xunto a activistas do Movemento de Solidariedade Internacional.

#26Outubro2025 #ISM #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina

[2/2]

Despois de queimar varios carros, continuaron producíndose graves enfrontamentos entre os habitantes da vila e os colonos, que lanzaron pedras aos vehículos e ás casas da aldea.

Al Mughayyer é a aldea onde está a nosa compañeira estes días. Por sorte, finalmente non atacaron a casa onde está ela.

#25Outubro2025 #ISM #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina

[1/2]

Na madrugada de onte, sábado, 25 de outubro de 2025, a aldea palestina de Al Mughayyer, na Cisxordania, voltou ser atacada por colonos sionistas.

Un numeroso grupo de colonos entrou na vila e prendeu lume a varios vehículos da veciñanza palestina, baixo a protección das forzas sionistas de ocupación.

#25Outubro2025 #ISM #BDSGaliza #RedeGalegaPolaPalestina