También queremos agradecer a @dbrazales por su contribución, aunque fuese con las palabras escogidas por OffRol, y también agradecemos a @maestrapaladin su participación.


E chin-pún! Conseguin completar 30 post sobre algo de rol en #rolvember2023
Principio do fío:
https://mastodon.gal/@elrohir/111334084661081656
Eu nunca fixera unha destas cousas. Son completamente inútil para o debuxo e a escritura, e tampouco me crece bigote!
As leccións aprendidas son que oscila entre gratificante e agobiante. Que podo crear mundos cando me poño, pero non son moi bos. E que o meu estilo persoal tende ao humor mamarracho e a subvertir expectativas combinando o moderno e o fantástico. Puto Hussie.
Imos a ver se son capaz de seguir e non deixalo. #rolvember2023 Cada día un elemento de rol inspirado no termo do día. Iniciativa orixinal de Revista Oasis e Portico, no seguinte toot https://mastodon.social/@portico/111322714048637952 NOTA: son moi novato, apenas dirixin 3 partidas na miña vida, pido perdón de antebraso
Terra Ignota. Fáiseche un nó na gorxa lendo as palabras no mapa. Calquera expedición fora de Palleiroburgo é perigosa. Sempre hai algún susto recollendo metais na Cociña Dos Titáns, e auga na Bañeira Do Campo Das Bestas. Chegar ata as Terras Da Vide e voltar con uvas é toda unha fazaña. Pero ningún rato volveu nunca san e salvo das terras alén da Porta Do Gran Somier. As mentes dos poucos retornados atormentadas por imaxes extrañas, luces de cores e un ermo de pedra negra e fume
Día 30: ignoto + Derradeiros Días
CONTEMPLAR O ABISMO
Cando, nunha noite serena e despexada, volves a mirada aos ceos, non podes evitar pensar na miríada de civilizacións que existiron e existen alí, atrapadas coma vós no seu pozo gravitatorio; ou quizá pensas nos ceos que veron os teus antergos, alumeados polo fulgor dun trillón de estrelas. Sintes unha estraña paz.
Elimina un Estado apropiado. Podes eliminar outro máis gastando 1 punto de Vontade de loita.
Ahí está. Despois da persecución a toda velocidade pola Nebulosa do Contrabandista. Despois de case acabar co cú asado no prato do Imperator da Conquista Infinita. Despois de recuperar a nave roubada apostando á pocha co Ente do Pozo de Coñecemento Puro.
Por fin o tedes ante vos. O Portico Da Gloria, a estructura cosmica mais grande construida por seres vivos. Un retablo de curvatura gravitacional e columnas de radiación de Hawkins obra do Mestre M4T30
Viñestes a entregar pizza
Día 29: pórtico + Agaco
SFG-801 atópase na parroquia de [CENSURADO], [CENSURADO]. A veciñanza non parece percibilo, a pesar das súas enormes dimensións. Comprende restos dun muro e unha fachada columnada, ambos de pedra. A iconografía é descoñecida. Cando foi descuberto en 1941, estimóuselle unha antigüidade duns 700 anos. Dende entón, as estructuras parecen ter rexuvenecido sutilmente a ritmo constante. A teoría actual é que foi/será erixido dentro de 700 anos.
ENCONTRO ALEATORIO! tiruriru tiruriru
Atopadesvos cun Mastodonte salvaxe. Tirade un d20
20: caturday. Ensínavos fotos da súa mascota
18-19: artista nsfw de nicho. Aprendedes algo sobre vos mesmos
16-17: artista sfw. Descanso
13-16: anticapitalista. +1 a tiradas para regatear
10-12: gamedev. Descanso
7-9: hacktivista. instalavos Linux
4-6: hacktivista. instalavos Ubuntu
2-3: curiosa confusión terminolóxica. Combate contra un Mastodonte (animal)
1: fediblock. Cisma na comunidade
Día 28: encontro aleatorio + Derradeiros Días
NA VÍA TRANSPANXEANA...
[Rola 1d6]
[1] Un coro (1d4+5) da Igrexa da Pregunta indo aforcar un xaciano.
[2] Unha correo de Madamme Paz, malferida.
[3] Escraves fuxitives (1d6+2) de Esmorga con sementes potabilizantes. Levan armas agochadas.
[4] Unha persoa da ferruxe, coa súa cría, en busca de Cidade Espiral.
[5] Unhe descorazonade finxindo servir á Redactividade.
[6] Santóns hematocríticos sendo atacados por anxos.