Día 28: encontro aleatorio + Derradeiros Días
NA VÍA TRANSPANXEANA...
[Rola 1d6]
[1] Un coro (1d4+5) da Igrexa da Pregunta indo aforcar un xaciano.
[2] Unha correo de Madamme Paz, malferida.
[3] Escraves fuxitives (1d6+2) de Esmorga con sementes potabilizantes. Levan armas agochadas.
[4] Unha persoa da ferruxe, coa súa cría, en busca de Cidade Espiral.
[5] Unhe descorazonade finxindo servir á Redactividade.
[6] Santóns hematocríticos sendo atacados por anxos.