Día 30: ignoto + Derradeiros Días

CONTEMPLAR O ABISMO

Cando, nunha noite serena e despexada, volves a mirada aos ceos, non podes evitar pensar na miríada de civilizacións que existiron e existen alí, atrapadas coma vós no seu pozo gravitatorio; ou quizá pensas nos ceos que veron os teus antergos, alumeados polo fulgor dun trillón de estrelas. Sintes unha estraña paz.

Elimina un Estado apropiado. Podes eliminar outro máis gastando 1 punto de Vontade de loita.

#rolvember2023 #virivember2023

Día 29: pórtico + Agaco

SFG-801 atópase na parroquia de [CENSURADO], [CENSURADO]. A veciñanza non parece percibilo, a pesar das súas enormes dimensións. Comprende restos dun muro e unha fachada columnada, ambos de pedra. A iconografía é descoñecida. Cando foi descuberto en 1941, estimóuselle unha antigüidade duns 700 anos. Dende entón, as estructuras parecen ter rexuvenecido sutilmente a ritmo constante. A teoría actual é que foi/será erixido dentro de 700 anos.

#rolvember2023 #virivember2023

Día 27: oportunidade + Agaco

SFG-11 semella atraer unha gran sorte á persoa que o posúe, pero estudos co URDA-7 amosan densos bucles en numerosos puntos do fío-vida dalgunhes delis, que ademais parecen avellentar a un ritmo superior ao normal.

É de latón dourado sen máis gravado que as iniciais "J. P.". As agullas e a roda son de bronce. Numeración: romana (IIII). Todo apunta a que procede do obradoiro de Villar Sanxenís (Cambados) e que foi fabricado en 1895.

#rolvember2023 #virivember2023

Día 26: revista + Derradeiros Días

A Redactidade de Magasín é unha organización de ámbito mundial. Cada lúa, ês súes "intreporteires", unhe por país, escollen unha reflexión dalgunhe paisane e envíana aes súes compañeires vía teleonda. Á vez, recompilan as que deste xeito lles chegan e compoñen un rolotexto —cada quen nunha orde distinta— que quimioplasman por ducias e reparten mentres buscan a seguinte novidade. Comparten numeración, iso si: van polo 6'56*10^13.

#rolvember2023 #virivember2023

Día 25: hamburguesa + Contos do Cúmulo

A Fartura do Devoroide
- Localización: Pakrill
- Aspecto: Peles polos muros, lámpadas de grasa de kindori
- Propietaria: Glaud, unha panotti con aires de muller noble
- Clientela: Celesteires thoricas facendo tempo mentres os seus menestrais son reparados no dique
- Rumor: Disque alguén no asteroide está sacando cadáveres do cemiterio
- Aloxamento: dispoñible
- Menú do día: "Hamburguesa" (?) e viño sulimí
- Prezos: Baratos

#rolvember2023 #virivember2023

Día 24: mascota + Agaco

O primeiro rexistro de SFG-2208 é de 1955, un diario do Seminario de Estudos do Territorio. Ignórase se é o mesmo exemplar atopado en 1899 en Cortegada, bautizado por [CENSURADO] como "Feluxe".

Pode nadar por horas sen precisar descanso. Só ladra (un ladrido) cando faltan menos de 24 h para a morte de alguén do equipo. Polo demais, compórtase como un exemplar común da súa especie.

Medidas: Alimentalo. Xogar con el. Pasealo 3 veces/día.

#rolvember2023 #virivember2023

Día 23: dragón + Contos do Cúmulo

Nos lumes de Denaeb habitan algúns dragóns solares. A súa cor cambia cos milenios: de cría, é dun vermello intenso, que pasa a laranxa, logo amarelo, logo a un branco azulado. Cando chega á fase final, a de gran wyrm, encolle ata o tamaño dunha cría, dun branco puro. Finalmente, ao morrer, o seu corpo colapsa nunha esfera de aniquilación (95% dos casos) ou nun pozo dos moitos mundos (5%).

[O dato é do libro, miña é a redacción.]

#rolvember2023 #virivember2023

Día 22: cousas gratis + Decrecentopía

Cando buscas algún obxecto común, a comuna prové. Se é un consumible habitual (p. e.: alimentos), ou algo de uso persoal (roupa), ou unha cousa básica dun fogar (louza), darancho sen máis. Se é algo de uso infrecuente, atoparalo na cousoteca do barrio ou na central, pero terás que devolvelo e quedará rexistro de que o colliches. Se dubidades, rola+nada: cun éxito, o obxecto está, pero cun 7-9 hai algún pero. DX decide cal.

#rolvember2023 #virivember2023

Día 21: corazón + Derradeiros Días

DESCORAZONADE
Instinto: Transmitir o seu mal
Alcance: preto
PG: 16
Dano: d6+2, presa, contundente
Armadura: 0
Etiquetas: solitarie, silandeire, arteire, intelixente, terrorífique
Xogadas:
- Finxir ser inofensivo e estar en problemas
- Separar con argucias alguén do grupo
- Apresar con forza inhumana
- Inocular o bicho
Un parásito suplantou fisicamente o seu corazón, anula a súa humanidade, e lévao a conseguir máis anfitriones.

#rolvember2023 #virivember2023

Día 20: salvavidas + Derradeiros Días

Nas soidades da sabana, en terras tabú para as xentes da ferruxe, unha inmensa mole triangular, visible dende centos de kilómetros á redonda, destaca na paisaxe. Doce mil metros de altura de materiais imposibles. Segundo di a tradición, ês antigues creárona para o Día do Lume, como refuxio e futuro fogar nas estrelas. Abandonada por milenios, a maleza cubre ás súas faldras. Ninguén sabe que agocha nas súas profundidades.

#rolvember2023 #virivember2023