Rinodicionarios chega a Android e iPhone: o gran dicionario galego xa ten app móbil gratuíta - Mallando no Android

A lingua galega dá un novo paso no mundo dixital. O proxecto Rinodicionarios, impulsado por Rinoceronte Editora e TICGAL, xa está dispoñíbel en formato aplicación móbil para Android e iOS, levando ao peto das usuarias un dos recursos lingüísticos máis completos en galego. A nova aplicación nace coa intención de facer máis accesíbel o coñecemento da lingua, permitindo consultar vocabulario, expresións e topónimos desde calquera lugar e en apenas uns segundos. Todo iso cunha interface moderna e, o mellor de todo: sen publicidade nin funcións de pago. Máis de 27.000 entradas en galego Rinodicionarios reúne unha enorme base de datos

Mallando no Android
Somos conscientes de que nunha lingua normalizada e non minorizada a existencia do #Rinodicionario non tería sentido, non? Refírome, claro, ao tradutor, porque agora engadíu un "complementario" e un etimolóxico que si terían sentido.