PARRESÍA. Pancho Campos Dorado

PARRESÍA

Pancho Campos Dorado

Parresía: unha palabra non moi frecuente no vocabulario cotián. Significa: “falar con absoluta franqueza”; do grego “pan”: todo + “rhesis”: fala.

Estamos vivindo tempos moi incertos na política mundial debido a que un elenco de oligarcas despreciables e potentados multimillonarios, tratan de atemorizar ás nacións (de forma particular ou a todas en conxunto, tanto lles ten) coa súa conducta terrorífica, tanto nos seus cotos privados como nos actos públicos. Preséntanse ao mundo de forma insolente e descarada, con arrogancia desvergoñada, negando o que todo o mundo estamos vendo cos nosos propios ollos: o xenocidio do pobo palestino en Gaza e na Cisxordania, ataques a Líbano, o pobo iraniano, venezolano, machacona extorsión o pobo cubano, etc. Refírome sen ningún tipo de rodeos, ao presidente dos EEUU Donald Trump, e o individuo ese chamado Benjamín Netanyahu, que está ó mando de manadas de miles de tipos armados até os dentes, que nunca poderán chamarse Exército, pois un exército acata as estritas normas do Dereito Internacional, da Carta da ONU de 1945, Convenios de Ginebra de 1949 onde no III Convenio regula o trato a prisioneiros de guerra, onde non se permite de ningunha das maneiras, as vexacións e maltrato, torturas a ningún deles. Hoxe as atrocidades chegan a tal punto, que os francotiradores israelitas se permiten facer “tiro ó pichón” cos pícaros palestinos, incluso de só dous anos.

O Dereito Internacional está enterrado dende fai dous anos baixo os escombros de Gaza, algo que xa, dalgunha maneira máis ou menos velada pola distancia de estar a miles de quilómetros, está aflorando na nosa sociedade que, aínda que pareza que non vai con nós, repercute na nosa propia política nacional e local. Sen ir máis lonxe, na Ría de Ribadeo. Como é posible?

Si. Ten unha doada explicación. O que se ve nos medios de comunicación como desprezable internacionalmente (véxase o peche de Ormuz) sen ter “ningunha consecuencia inmediata” para os autores de tales masacres de miles de persoas, e a desfeita de centos de servizos públicos mundiais, algúns políticos autonómicos e locais pensan que poden extrapolar aquelas barrabasadas fora do Dereito Internacional, á propia política que eles exercen. Incluso saben, que no momento actual de incerteza que vivimos nas decisións da Xustiza, pois depende dun xuíz a interpretación dunha ou doutra maneira calquera dos artigos do Código Penal que dispón sobre os delitos das persoas responsables, o cal leva a entender que si tivesen algunha reacción popular en contra, poderían librar a cara, con embustes, falacias e trolas diversas, para falsear o grado de infracción das súas actuacións.

No ano 1973 empézase coa destrución da Ría de Ribadeo, facendo un Paseo Marítimo que nos deixou ós veciños de Ribadeo sen a praia de Cabanela (La Comarca 10-xuño-1973) e sen as pequenas praias das Arenas e a de Lino, onde de pícaros nos enchíamos a coller cangrexos. Pero aquel primeiro paseo marítimo, non debía cumprir coas expectativas da enxeñeiriña depredadora de Portos de Galicia, que pronto se fixo unha ampliación daquel despropósito.

En La Comarca do 13-Xullo-1975, Isidoro Asensio Amor escribe un artigo “Corrientes derivadas en la ría de Ribadeo”, onde di: “el proceso de relleno de la ría… acentuado por el acentuado desequilibrio existente entre el aporte de arenas que arrastra la mar hacia el interior de este gran accidente geográfico –debido al flujo de la marea y de los temporales- y la disminución del poder de acarreo del reflujo y del desagüe de la red fluvial, estorbado por la masa de materiales presentes en la desembocadura; en estas circunstancias, el volumen total de agua que ocupa la ría en marea alta es cada vez menor, fenómeno motivado por la ampliación de la zona de marismas, por la formación y crecimiento de los bancos de arena (tesóns) y porque los canales tienden a estrecharse y perder fondo”….”no hay que olvidar las corrientes secundarias, incluso de tercer orden que se originan en determinados espacios como consecuencia del conjunto de reflexiones, refracciones y difracciones que sufre la onda principal al chocar con los diferentes obstáculos, naturales y artificiales, que encuentra”.

Ou sexa, todas esas obras que se construíron, ninguén sabe para qué efectividade técnica, destruíron as correntes primixenias que mantiñan a Ría de Ribadeo con un calado en Figueirúa de 7,5 metros a pé do peirao de atraque de Mirasol, e as lanchas de pasaxe, cruzaban a Ría de Ribadeo a Figueiras e de Ribadeo a Castropol, cada media hora, tanto en pleamar como en baixamar. A “escollera”, obra contra a que os ribadenses nos manifestamos en varias ocasións na rúa, e a diario na prensa, pois todos coincidíamos que era unha aberración e o único que pretendían era acabar coa Ría. Incluso tivemos que oír voces alleas a Ribadeo, de “enxeñeiros” da Xunta, que dicían que facer a escollera era unha “obra mestra necesaria para afondar o canal de navegación”.

Até ese extremo de cinismo burocrático chegamos, que non técnico, pois era mentira, e á vista están os resultados, pois incluso despois de dragar o canal, á semana seguinte varou un barco. A escollera e diques diversos foron obras planificadas nun despacho, sen facer ningún estudo de correntes e esas obras en vez de ser construídas con bloques de cemento, que se puideran remover en caso de estar mal colocados ou mal orientados, fixéronse botando miles de toneladas de pedras que agora será dificilísimo de remover pois o costo de tal operación será moi elevado, e Ribadeo “non se merece tal desembolso”. Para destruílo, sí, utilízase o que faga falta, para poñelo de novo en valor, nin un euro de presuposto. Fixéronse diques de abrigo para pequenas dársenas do club náutico; un brazo de abrigo para encerrar a “praia dos Bloques”; unha Ponte dos Santos con gálibo de navegación para gabarras e barcos con porte de 2500 Tm. máximo. Unha desfeita planificada por inútiles e incompetentes, torpes e negados para entender algo do que é sentido común.

Ese tipo de barcos, que entran hoxe en Mirasol, tiña que poder remontar a Ría, até a Veiga de Ribadeo. Pero ese proveito e utilidade das canles de navegación da Ría de Ribadeo, xa se encargou de empezar a destruílos a “insigne Banca” de Carlos Casas, que a primeiros do século XX, mandou construír unha estacada para reencher de terra a Ría, e formar unha xunqueira en Reme. Parece ser que naquela época estaba de moda atoar os fondais das rías, para crear “produtividade”. Así se razoaba daquela; e agora?.

Agora queren facer nas Figueiras outro dique para construír un amarradoiro para chalanos e “iates de medio pelo”, pois non poderán ter un calado moito maior dun metro e medio, si acaso. Eu non sei que dicir o respecto, pois apenas importa a marxe dereita da Ría ao tráfico comercial, pois leva dúas culleradas sopeiras de auga, pero a título persoal creo que se están quedando cortos nas expectativas de destrución, e á vista do que se fixo na marxe esquerda ribadense, deberan de elevar o paramento do peirao de atraque de 1,40 metros que creo que están pensando, a 3,0 metros, incluso a 5,0 metros como na illa de San Miguel das Azores, para aguantar as galernas, e ademais tal muro de contención en Figueiras, abrigaría á poboación da brisa do Virazón, frío como un diaño, e así quedaría máis recollido o peirao. En fin, aló vostedes.

Posiblemente estea chegando a hora (política, claro) de facer aquela desfeita “enxeñeiril” bosquexada na década dos 70, un proxecto que consistía en dragar a Ría con dragas de succión, como as empregadas no Canal de Suez, e as areas de dragado do tesón das Figueiras botalas na dársena da Liñeira, a cal para que se mantiveran firmes, tería que previamente facerse un dique de contención dende o peirao de Castropol até as Figueiras. As cousas pensábanse así. Ideas peregrinas das que xa aquel alcalde de Lugo da década dos 60, pensaba que para ampliar a calzada e beirarrúas da rotonda o mellor que se lle ocorría era demoler a Muralla Romana.

Outro tema que temos en Ribadeo, é a Praia dos Bloques, onde esperemos que este ano, non siga a imperar a lei dos nenos pijos e maleducados, que invaden a praia con táboas de windsurf, motos de auga, ese tipo de nenos que nos nosos tempos lles chamábamos: “niños bien de casa mal”. Claro os de agora son os descendentes daqueles e seguen indo a colexios privados onde non se imparte civismo, senón “titulitis á carta”, xa que despois o emprego xa o herdan da familia materna, paterna ou de ámbolos dous. Non teñen a educación seria, honrada e de respecto que impartían os Hermanos da Instrución Cristián de Juan María de La Menais, en Ribadeo. Aqueles que como souberan que andabas mal pola rúa, levabas unha “somanta imperial” que te poñían fino, por iso os “niños bien” de Ribadeo, non ían ós Hermanos, non fora que chegaran “acalorados” a súa casa.

Felices aqueles que cren que a política e a xustiza é igual para todos.

#historia #Medio #PanchoCampos #ría #sociedade

“Ni los cámbaros llegaban…” (Sobre ‘La puchera’, de José Mª. de Pereda)

https://fed.brid.gy/r/https://www.unoscuantostextos.org/ni-los-cambaros-llegaban-sobre-la-puchera-de-jose-ma-de-pereda/

"Ni los cámbaros llegaban..." (Sobre 'La puchera', de José Mª. de Pereda) - Unos cuantos textos

Emilia Pardo Bazán pretendía domesticar -hacer doméstico, moderado, españolamente digerible- el naturalismo zoliano. Creo que, por suerte, no lo consiguió y, en su ficción, las amas de cría son más impactantes que las montañesas y la sumisión al caciquismo es … Sigue leyendo →

Unos cuantos textos
"Ni los cámbaros llegaban..." (Sobre 'La puchera', de José Mª. de Pereda) - Unos cuantos textos

Emilia Pardo Bazán pretendía domesticar -hacer doméstico, moderado, españolamente digerible- el naturalismo zoliano. Creo que, por suerte, no lo consiguió y, en su ficción, las amas de cría son más impactantes que las montañesas y la sumisión al caciquismo es … Sigue leyendo →

Unos cuantos textos

Rik en Ria Ruilen Rijkdom!

Ik ben Waffel de Hond, en vandaag gaan we een superleuk onderwerp ontdekken: Rik en Ria Ruilen Rijkdom! 🎉 Dit klinkt misschien een beetje ingewikkeld, maar ik beloof je dat het hartstikke intere...

🌞 Leer verder: https://leeralles.nl/rik-en-ria-ruilen-rijkdom/?feed_id=23407

#RIA #RIJKDOM #RIK #RUILEN

セール中!
MOON FORCE 個性派素人ハメ撮り VOL.30 Ria
#FANZA #Ria
https://hnaportal.net/ebsn/?filter=FANZA+k740aplst02450
セール中!
MOON FORCE 個性派素人ハメ撮り ぱこ×2しろうとコレクション VOL.5
#FANZA #めい #もあ #れい #Ria #ここね
https://hnaportal.net/ebsn/?filter=FANZA+k740aplst03939
Senior financial official Koo Yoon-chul signals that full-scale repatriation of overseas equity investments through RIA framework could provide crucial support for won stabilization
#YonhapInfomax #RIA #OverseasStocks #ExchangeRate #FundRepatriation #KooYoonChul #Economics #FinancialMarkets #Banking #Securities #Bonds #StockMarket
https://en.infomaxai.com/news/articleView.html?idxno=113156
Koo Yoon-chul - 'Full-Scale Repatriation of Overseas Stock Funds Through RIA to Help Stabilize Exchange Rate'

Senior financial official Koo Yoon-chul signals that full-scale repatriation of overseas equity investments through RIA framework could provide crucial support for won stabilization

Yonhap Infomax

Llevamos una semana con solecito del bueno... no me lo creo no yo! 😅👍

#foto #photo #landscape #picture #galicia #spain #sun #ria #bluesky

South Korean retail investors' $160 billion in U.S. stock holdings remain abroad despite won weakness, with KRW 1.4 trillion flowing into 3x leveraged semiconductor ETFs amid volatility, as government pushes RIA introduction and leverage limit easing to trigger fund repatriation and stabilize exchange rates.
#YonhapInfomax #RetailInvestors #RIA #LeverageETF #ExchangeRate #OverseasInvestment #Economics #FinancialMarkets #Banking #Securities #Bonds #StockMarket
https://en.infomaxai.com/news/articleView.html?idxno=110239
Securities firms complete RIA system preparations but remain idle as legislative delays threaten to miss optimal timing for currency stabilization, while dollar-won exchange rate approaches 1,500 won amid Middle East crisis escalation and potential Strait of Hormuz blockade concerns.
#YonhapInfomax #RIA #ExchangeRate #SecuritiesFirms #CurrencyStabilization #MiddleEastCrisis #Economics #FinancialMarkets #Banking #Securities #Bonds #StockMarket
https://en.infomaxai.com/news/articleView.html?idxno=109944
Brokerages Left in Limbo as RIA Legislative Delays Risk Missing Window for Currency Stabilization

Securities firms complete RIA system preparations but remain idle as legislative delays threaten to miss optimal timing for currency stabilization, while dollar-won exchange rate approaches 1,500 won amid Middle East crisis escalation and potential Strait of Hormuz blockade concerns.

Yonhap Infomax