Estes días hai bastantes actividades en #Honduras do proxecto "Mejora de la gestión pública y social para la gobernanza de los recursos hídricos en 9 municipios de la Región 13 del Golfo de Fonseca", que financia a #AECID.
Mapeo participativo de fontes e pozos nas aldeas (comunidades) de Las Tablas e El Rincón, ou xornada educativa e artística en Las Tablas (municipio Nacaome), co propósito de sensibilizar sobre a importancia da protección da microcuenca #Panasacarán
Hai uns días houbo xira dentro do proxecto financiado por #AECID en #Honduras de mellora da xestión pública e social da auga, onde tamén se traballa con enfoque de cunca hidrográfica.
Co Consejo de Microcuenca de #Panasacaran de las comunidades de #Moropocay, no municipio de #Nacaome, visitouse a comunidade de Santa Isabel, concello de #Namasigüe. O propósito foi coñecer de cerca a experiencia do Consejo de Microcuenca #SantaIsabel
+INFO PROXECTO: https://galicia.isf.es/blog/novo-proxecto-mellora-da-xestion-publica-e-social-para-a-gobernanza-dos-recursos-hidricos-en-9-municipios-da-rexion-13-golfo-de-fonseca-fase-1/
NOVO PROXECTO: Mellora da Xestión Pública e Social para a Gobernanza dos Recursos Hídricos en 9 municipios da Rexión 13 Golfo de Fonseca. Fase 1 - ESF Galicia

Este proxecto, que financia a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), forma parte do Programa de Auga de Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia na zona sur de Honduras, froito dun proceso de varios anos, coa Mancomunidade NASMAR e a Asociación Hondureña de Xuntas Administradoras de Auga (AHJASA). Veuse traballando no fortalecemento de capacidades […]

ESF Galicia