Grazas ás axudas a proxectos ambientais e sociais de @igalia estamos poñendo a punto un laboratorio cidadá de análise de solos en Leboso #Forcarei, coa #FundaciónGaliciaVerde

Unhas reformas que precisaba a casa (eliminar humidades, reparar tellado), e tamén buscar opcións para mellorar a calefacción, así como ir preparando o localciño para o laboratorio no primeiro piso é no que andamos estes días.

#LaboratorioDeSolosIGALIA
#CienciaCidadá

⚠️ÚNETE AO NOVO GRUPO DE ESF

Neste #DíaMundialDoSolo e do #Voluntariado anunciamos que,coa Fundación Galicia Verde(FGV) e fondos de @igalia,crearase un

🔬🧪Laboratorio Comunitario de Análise de Solo

na sede da FGV, en Leboso (#Forcarei).

Foméntase o ensino de análises simples,para que as interesadas poidan replicalos.Tamén repararase o sistema de xeotermia

Cres que é bo que as persoas teñan a posibilidade de monitorear o solo e outros bens naturais da súa contorna? Contáctanos para colaborar

📣📆 #29O #Forcarei | Xuntanza informativa sobre o parque eólico de Borreiro.

📌 Casa da Escola (Quintillán)

🕰️ 16:30h

Convoca a Asociación Veciñal Sociocultural Ambiental Alarma Terra de Montes.