Sofía Naseiro de @kinocubecinema pásalle hoxe o relevo a Mario Brión. Pouca presentación fai falla para @olaxonmario unha das canles que máis tempo leva a crear contido en galego en liña, mais aquí cóntanos os seus segredos e trucos para crear o seu contido. Que lo, xa é así?

#CanlesCruzadas #YoutubeEnGalego

Coñecemos hoxe da man de Lara da canle PiAlfa @pialfa801 a Sofía Naseiro da canle KinocubeCinema @kinocubecinema.

Sofía di que a súa canle é a canle audiovisual da sua bitácora Kinocube de reflexión sobre cinema. Arquetipos cinematográficos, grandes cineastas e recomendacións de filmes! E aclara que esta canle forma parte dun proxecto sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a divulgación de coñecemento.

https://www.youtube.com/watch?v=hMuhcfaxNfE

#CanlesCruzadas #YoutubeEnGalego

Canles Cruzadas #13 KinocubeCinema @kinocubecinema | YouTube en galego '25

YouTube

Chega outra entrevista de #CanlesCruzadas de #YoutubeEnGalego

Coñecemos hoxe da man de Manuel ‘Lexuam’ González a Lara da canle PiAlfa @pialfa801 e aclara que os seus pronomes son elu/delu.

Pi define a súa canle como a sua cova, onde fala do que lle peta.

Di que á sua canle subirá vídeos cando poida e do que queira. O máis probable é que fale de libros, de aprendizaxe de idiomas, dos Sims 3 ou que faga ASMR, pero asegura que todo é posible.

https://www.youtube.com/watch?v=pz11Z0dZedU&list=WL&index=2

Canles Cruzadas #12 PiAlfa @pialfa801 | YouTube en galego '25

YouTube

Continuamos as entrevistas de #CanlesCruzadas de #YoutubeEnGalego

Desta volta Onegal fala con Manuel 'Léxuam' González, que se define como un amante da ficción e das reflexións enrevesadas. Di que a sua especialidade son as series de animación, en especial os cartoon occidentais: She-Ra, SU, ATLA, Gravity Falls, Kipo, TOH... Se teñen representación LGTBI+, mellor que mellor!

https://www.youtube.com/watch?v=f4dKR07hEnc

Canles Cruzadas #11 Manuel 'Léxuam' González @lexuam_zaled | YouTube en galego '25

YouTube

Coñecemos hoxe da man de Juan da canle Lilium @Lilium a Mimi, da canle Oneegal @oneegal, unha canle na que a súa creadora, fala de anime, manga, webtoon e un longo etc. sempre na nosa lingua.

Continúa así esta serie de entrevistas entre canles de #YoutubeEnGalego nas que se bisca dinamizar e dar a coñecer a riqueza e diversidade que temos na nosa lingua nesta rede, así como crear puntos de encontro entre as mesmas.

https://www.youtube.com/watch?v=nnO9ae1jyHU

#CanlesCruzadas

Canles Cruzadas #10 Oneegal @oneegal | YouTube en galego '25

YouTube

Coñecemos hoxe da man de Nee Barros Fernández, da canle ‪@neeumatiko, a Juan da canle @Lilium unha canle que é um canal de YouTube em galego sobre videojogos, anime, mangá, séries, livros e demais. #CanlesCruzadas #YoutubeEnGalego

https://www.youtube.com/watch?v=lApbl2CZHdM&list=WL&index=8

Canles Cruzadas #9 Lilium @liliume | YouTube en galego '25

YouTube
Sergio e Nuria de @Toxío entrevistan a Iago de RecunchoGamer na nova entrega de #CanlesCruzadas de #GalegoTube @galegotube https://www.youtube.com/watch?v=c9YxkYLKcG8
Canles Cruzadas #6 Recuncho Gamer @RecunchoGamer | YouTube en galego '23

YouTube
Laura Veiga (@pingando.gal) entrevista a Sergio e Nuria de @Toxío. Descubre como comezaron a súa andaina polo mundo nesta nova entrega do proxecto #CanlesCruzadas de #GalegoTube @galegotube https://www.youtube.com/watch?v=X-LAAmVrXes
Canles Cruzadas #5 TOXÍO @toxio | YouTube en galego '23

YouTube

Xa podedes ver a 4ª entrevista do proxecto #CanlesCruzadas que estamos desenvolvendo en #GalegoTube e que posiblemente se abra ás comunidades de #Podgalego e #GalegoTwitch !

https://www.youtube.com/watch?v=i-Qm3HueTKg

Canles Cruzadas #4 Pingando - Laura Veiga | YouTube en galego '23

YouTube