O meu móbil está pedindo papas. Non o coido ben, pero está leeeeento. E penso en facer limpeza radical e poñer LineageOS, que vexo na súa Wiki que o meu dispositivo está na lista dos soportados. Pero dúbida que pregunto a usuaries: app de Sergas, Abalar (a do sistema educativo galego) e apps de bancos, van ben? Poderei usalas igual? Porque o nextcloud dou por sentado que si... E o correo se fai falta consulto no navegador e vía. 🤔
Boas, son usuario de #lineageOS de de hai un par de anos e non teño problema. Tanto abalar, as apliacións do sergas, coma as do banco van ben. O seu é instalar unhas apliacións compatibles coas google apps. No meu caso emprego #microG.
Instala lineageos dende este enlace que xe che ben incluido. O proceso é o mesmo.
Calquera dúbida, non vaciles en preguntarme.