#LetrasGalegas #17deMaio #LetrasGalegas2026 #BegoñaCaamaño #literatura #cultura
https://vinte.praza.gal/artigo/letras-galegas-2026-begona-caamano-radio-edit

Letras Galegas 2026 Begoña Caamaño (radio edit) - Vinte
Antes de comezar debería facer unha advertencia. A miña visión da radio e de Begoña Caamaño é nesgada, subxectiva e todo o que non debería ser o bo xornalismo. Vaia maneira de renderlle homenaxe.Neste ano das Letras Galegas recordamos a Begoña Caamaño (Vigo, 1964), unha xornalista e escritora. Autora de dúas obras fundamentais da nosa literatura, coas que moitas espertamos ao feminismo, como son Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle (Galaxia, 2009 e 2012). A Real Academia Galega quixo reivindicar tamén nestas Letras de Begoña o seu traballo como xornalista (nalgunha entrevista deixou claro que era máis xornalista que escritora). Os seus artigos en revistas e prensa forman parte tamén da súa obra. E se nos atrevemos a abrir as orellas, descubriremos que, en realidade, a súa obra fundamental está na radio.
