A seguridade vial é unha das prioridades de Composcleta 🚴‍♀️. Por iso hoxe facemos un recordatorio dos elementos que tes que levar en todo tipo de bici segundo o Regulamento Xeral de Circulación e o Regulamento Xeral de Vehículos ✍.

‼ Elementos obrigatorios na bicicleta:
a) Sempre:
 1. Freos dianteiros e traseiros
 2. Timbre
b) De noite, con baixa visibilidade ou en túneles:

 1/3

#bici #bike #bicicleta

1. Luces de posición: dianteira branca e traseira vermella. Poden ser intermitentes ou de intensidade variable se non cegan ao resto de usuarixs
 2. Catadióptrico traseiro vermello (non triangular)
c) Menores de 16 anos: ademais deben levar casco
d) En treitos interurbanos:
 1. Casco
 2. Se ademais hai condicións de mala visibilidade: prenda reflectante con visibilidade a 150 metros.

2/3

#bic #bike #bicicleta

❗ Elementos opcionais recomendados na bicicleta:
- Roupa visible, fluorescente ou reflectante
- Catadióptricos en pedais e rodas
- Luces tamén polo día
- Casco tamén en cidade
- Espello retrovisor

3/3

#bici #bike #bicicleta