Entre o "Teño, teño" e o "Carallo!": a linguaxe da dor en Galicia (e en galego)

Dous documentos testemuñais de finais do século XX recompilan as expresións populares empregadas por pacientes para describir o seu malestar

GCiencia
@marux Caralho, e seica consideram "antigos documentos" informes de 1993? Vaia, daquela eu sou um ser humano bem antigo, pois nascim 23 anos antes ca isso! 🤣
@casdeiro  somos dunha quinta 
@marux E tamém galegos diaspóricos os 2 polo que vejo ;-)
@casdeiro parece
@marux Eu comecei a falar galego con 23 anos, aínda en Barakaldo. E levo vivindo en Galiza desde 2007. Así que xa son neofalante moi veterán ;-P Por certo, coñeces https://neofalantes.gal ?
Portada - Neofalantes

Investigando Destadas 2, Investigando31 Xullo, 2025 ‘O galego do ser humano’: o Atlas Lingüístico Galego publica o seu oitavo volume O Instituto da Lingua Galega (ILG) acaba de publicar, coa colaboración da Fundación Barrié e a Editora USC, o oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), que leva por título Léxico. O ser humano (III).…

Neofalantes
@casdeiro eu non me teño por neofalante, porque o meu foi inmersión lingüistica con 8 anos nunha aldea de Compostela, pero daquela non me alfabetizaron en galego e tiñamos moitos castelanismos. Entón en Compos chamabamoslle castrapo.
A maiores, na nosa casa todolos irmáns eramos mallorquíns e a mestura era algho rara.
De todolos xeitos, aos 16 anos decidín e esixin na casa que se me falara ghallegho que comigho como cos demáis, pois todos falamamos galego cos de fora pero entre nos non...
@casdeiro cousas... Agora xa levo 30 anos en EH e son mestra de lingua e literatura vasca polo que o corpo me pedía Celga.
@marux Daquela euskaldunberri ! Bikaina! :-D Chista que controles os 4 idiomas oficiais do Reino!
@casdeiro boh, do Reino! 
Mirandoche os libros recordei que hai uns anos, co primeiro libro, entrevistáronte en Halabedi. Pois ese programa levabao un rapaz de Cerceda e naquela hora eramos parella. Cousas...
@marux Anda! Imagino que te referes ao de "La izquierda ante el colapso..." Pois algo me soa de me terem entrevistado para Halabedi, mas nom devim guardar referência daquela entrevista: http://esquerda.colapso.info/doku.php?id=resenhas#entrevistas_e_outras_mencions (estará incluída em "Outras entrevistas radiofónicas para varios medios") 😅 E ti leche o livro?
resenhas - Esquerda & colapso

@casdeiro pois non, foi o da guía para o descenso enerxético. O da esquerda ainda non saíra tábalo escribindo.
E síntocho pero non, aínda non o lin, pero está pendiente. Merquéino na Libraría Pedreira e tache en Gz esperando por vacacións.