…mira que aprecio a profesionalidade e saber facer de Karlos #Arguiñano, pero cando lle vexo triturar unhas nécoras para facer non sei que carallo de salsa… lévanme os demos!
Vén a conto de que a min gústame apreciar os diferentes elementos do prato. Estou facendo tenreira guisada e gústame botarlle a cebola, zanoria,etc. cortada en anacos máis ben grandes, para que se fagan con moito tempo, xunto á carne. Quedan enteiras pero tenras
Isto é algo que, sen imitalas, vía nun programa de #CanalCocina que se chamaba #FogonesTradicionales, onde ían por aldeas perdidas de Castela(?) e facían de comer co que tiñan, que nos seus tempos era moi pouco, pero ser pobre non significa carecer de gusto. Así que co pouco que tiñan facían de comer o mellor que sabían, e non era raro verlles botar no pote as cebolas, patacas ou outras verduras en anacos grandes. Non sei se o facían conscientemente ou era por non pasar traballos
Eu fágoo por gusto. Non pezas enteiras, pero por exemplo cortei o tomate en seis anacos, a cebola en oito, as zanorias en tres, etc.
Non sempre, claro, depende do prato. Digo para «estofar» a carne esta e que se faga lenta xunto ás verduras.
#cociña #protip